Amosando publicacións coa etiqueta saúde b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saúde b>. Amosar todas as publicacións
11 de xuño de 2018
Non temos dereito a elixir como queremos tratarnos?
Imos camiño de que xa non me corresponda a min decidir un tratamento ou outro para a miña doenza, senón que lle corresponderá ao médico, ou ao goberno, e non a min. Por que? Iso non pasa con outras cousas, por exemplo, eu son profesora, eu ensínolles aos meus alumnos o que sei pero non decido que carreira deben facer ou que profesión escoller, iso é un dereito fundamental que eles teñen, iso queda no exercicio do seu libre albedrío, eu acompáñoos nese proceso pero non me sinto ofendida se optan por algo distinto do que eu ofrezo. A medicina tamén debería ser plural.
10 de xuño de 2018
Falta de enerxía
Necesitamos a enerxía física e mental adecuadas. Cando estamos plenos de enerxía somos capaces de ter boas ideas e resolver os problemas. En cambio, cando o noso nivel de enerxía está baixo, ponse en marcha o mecanismo cerebral ancestral de aforro da enerxía, que cando escaseaba o alimento podía supoñer unha vantaxe para a supervivencia (porque o cerebro é o maior consumidor de enerxía do organismo: con só o dous por cento do peso corporal, o cerebro consome o 20% da enerxía que gastamos) Por iso ao final dunha agotadora xornada de traballo custa tanto realizar esforzos intelectuais. O mesmo sucede tras atravesar unha situación estresante, cando durmimos mal, ou cando en xeral sometemos ao noso organismo a actividades que o enferman e agotan.
A nivel neuroquímico, o noso nivel de enerxía depende especialmente da dopamina, o neurotransmisor que proporciona vitalidade, motivación e poder persoal. Cando os niveis de dopamina son demasiado baixos fáltanos a motivación, sentímonos apáticos e parécenos que calquera esforzo é excesivo. Con niveis máis adecuados estamos activos, capaces, lúcidos e optimistas. A dopamina é unha das que algúns chaman"hormonas da felicidade" xunto coa serotonina e as endorfinas.
Se te sentes deprimido revisa os teus hábitos de alimentación,descanso, exercicio, etc. Comproba como obtés a túa enerxía e como a gastas, e fai os axustes necesarios tendo presente que en realidade a tristeza é un efecto secundario da depresión, non a súa causa: a depresión é falta de enerxía, e o contrario da depresión non é a felicidade senón a vitalidade.

10 de abr. de 2017
A voltas co terceiro sexo
![]() |
| Ardha Narīshuar, representación de Shiva con ambas enerxías masculina e feminina |
O recoñecemento dun sexo diferente do masculino e o feminino non debería ser tan traumático para a nosa sociedade, pero os europeos occidentais da era moderna temos unha venda nos ollos con este tema e non é doado que a quitemos, pois levamos moitos séculos, por non dicir milenios, de represión.
No hinduísmo non hai supremacía dun sexo sobre outro, moitos dos deuses están casados integrando a través da parella divina ambas enerxías, masculina e feminina, e os deuses principais (inclusive Visnú, Shiva e Krisna) se transformaron algunha vez mudando de sexo. Por iso é moi antiga a aceptación da existencia dun "terceiro sexo".
Digámolo unha vez máis: non é unha "verdade natural" a división da humanidade en homes e mulleres, é un feito que se dá en moitos casos, a maioría certamente, pero non todos, e son intereses ideolóxicos os que fan prosperar unhas formas da realidade sobre outras que se negan, se ocultan e se reprimen pola forza do discurso relixioso, filosófico, político e médico, bisturí en man.
Hai persoas que cando nacen resulta imposíbel determinar se son homes ou mulleres. Son unha minoría, pero o 1,7% da poboación mundial non merece ser ignorado, reprimido e obrigado a inscribirse no rexistro baixo un sexo que non describe a súa realidade.
Que un ser humano poida decidir libremente a que sexo pertence sería un gran avance e cada vez son máis as persoas que se atreven a expoñer as súas reivindicacións neste sentido. Lea T, Andreja Pejic, Hanne Gaby Odiele, entre outras, abren camiño no difícil territorio da moda e os estándares de beleza da nosa sociedade. Pero aínda queda un longo camiño: o camiño para que un ser humano non teña que adquirir unha identidade masculina ou feminina en detrimento da outra se non é iso o que sente, porque só é unha fraude e unha vida frustrada.
A espiritualidade pasa en primeiro lugar por recoñecer as propias verdades e expresalas no mundo. Adquirir consciencia e desenvolvela implica non mentirse a un mesmo nin á sociedade, e se unha alma elixiu o tortuoso camiño de experimentarse a si mesma en dous sexos simultaneamente, merece como mínimo o meu respecto. Se un día se decanta por ser unha cousa ou a outra entendo que ten ese dereito, pero se desexa vivir con ambos sexos no seu corpo non se lle debe obrigar a mutilarse nin fisica nin emocional nin socialmente.
wikipedia
noite temática
27 de dec. de 2016
Veleno de abella

Parece ser que vale a pena investigar as
aplicacións terapéuticas do veleno de abella.
Pois haberá que darse presa antes de que se extingan..!
20 de nov. de 2016
Veña mocosos
Parece ser que non sabemos nin soar os mocos, vaia ho, tamén, todo nolo hai que dicir! O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia sacou recentemente este... isto... esta cousa:
5 de xul. de 2016
Tempo de caléndulas
Sen dúbida unha das miñas flores favoritas, no xardín e na casa, no verán está no seu mellor momento.
É hora de recolectar as cabezas florais para elaborar o prezado aceite de caléndula, de moitos usos cosméticos e medicinais.
Estas son as sementes que quedan nas flores non recolectadas, deixarémolas madurar e sementarémolas para seguir tendo flores no xardín. As caléndulas son moi pouco esixentes, soportan o pleno sol, necesitan pouca rega e nada de abono. Xerminan moi facilmente e florecen en poucas semanas, producindo abundante semente para a tempada seguinte.
Despois da sementeira conclúe o traballo no xardín, agora comeza o traballo na cociña.
Enchemos varios botes de vidro con flores ata arriba e cubrímolas totalmente de aceite (oliva virxe extra, primeira extracción en frío)
Tapamos e colocamos ao sol durante 40 días aproximadamente. Cada día é bo axitar un pouco o bote para asegurarnos de que todas as flores se empapan e non quedan ocos con aire, ou podemos poñer os botes un día de pé e ao seguinte boca abaixo (este remeneo evitará que se forme balor).
Despois do duro traballo podemos refrescarnos cunha deliciosa ensalada que tamén inclúe, como non, pétalas de caléndula. Bo proveito!!
18 de maio de 2016
Hipocresía mundial
O 20% da poboación, fundamentalmente residente nos países desenvolvidos, consume o 80% dos medicamentos. Cada día morren unhas 27.000 persoas que se podían salvar, por falta de acceso a medicamentos esenciais.
http://esencialesparalavida.org29 de ago. de 2015
Queimado?
Despois das vacacións do verán moitas persoas encontran deprimente o regreso ao traballo, danse conta de ata que punto non é satisfactorio ou ata que punto están "queimados".
Estar queimado ('Burn Out') é unha resposta do organismo a un estrés laboral prolongado, con síntomas físicos como cansazo permanente, dor de cabeza, baixa de líbido, insomnio e falta de enerxía; e síntomas psicolóxicos como insatisfacción, medo, irritabilidade e apatía.
Moita xente se converte en escrava do seu traballo. A rutina, as espectativas pouco realistas, a presión de resolver asuntos urxentes, os problemas económicos, entre outras cousas, vannos deixando con pouco menos que a enerxía xusta para levantarnos da cama cada mañá.
Se estás no caso, que podes facer?
1. Tomar distancia do problema para velo con perspectiva. Saír do despacho para tomar un refresco ou un café, ou simplemente dar un paseo, pode quitar a concentración do problema que te abruma. Ao volver, poderás analizar a situación de xeito diferente.
2. Pedir axuda, sexa a un colega profesional ou un coach con quen se teña boa relación. Así non te sentirás só. Ademais falar da situación axuda a atopar solucións e a baixar a tensión emocional, e escoitar a opinión doutra persoa pode xerar ideas novas ou polo menos enfoques diferentes á situación.
3. Tratar de lembrar cal era a primeira motivación, o que che ilusionaba desa profesión ou dese posto que ocupas e onde agora non o pasas ben. A motivación principal pode ser algo que esqueciches por completo. Pensar en cal era a túa vocación ou motivación, fará que lembres cales son as cousas realmente importantes do teu traballo, que non sempre coinciden coas que se consideran urxentes. Con frecuencia nos centramos en resolver o urxente en vez do importante, e ese é un dos camiños ao estrés.
4. Organizarse dando prioridade ao importante sobre o urxente. a) Determina que é o importante e concéntrate niso: que é o imprescindible, o que afecta seriamente á función ou ao negocio, e que non se pode pospoñer ou delegar.
b) Delegar as tarefas secundarias, repartilas entre as persoas capacitadas para facelas ben. Non acaparar nin querer facelo todo. c) Planificar incluso as interrupcións: ter unha política de portas abertas non significa que se teña que atender a todo o mundo en calquera momento. Establecer sinais para advertir cando se pode interromper e cando non.
5. Facer exercicio. Non se trata de apuntarse a un ximnasio se non queres pero polo menos podes pasear entre 30 e 45 minutos ao día. Relaxa e favorece o descanso, potencia a creatividade, queima adrenalina.
6. Ter outra actividade intelectual ou artísticas: estudar, ler, xogar ao xadrez. Non chegar a casa e poñer a televisión, está demostrado que ver televisión non provoca actividade neuronal ningunha.
7. Quedar con amigos. Manter as relacións sociais e non illarse axuda a baixar a tensión emocional.
Estar queimado ('Burn Out') é unha resposta do organismo a un estrés laboral prolongado, con síntomas físicos como cansazo permanente, dor de cabeza, baixa de líbido, insomnio e falta de enerxía; e síntomas psicolóxicos como insatisfacción, medo, irritabilidade e apatía.
Moita xente se converte en escrava do seu traballo. A rutina, as espectativas pouco realistas, a presión de resolver asuntos urxentes, os problemas económicos, entre outras cousas, vannos deixando con pouco menos que a enerxía xusta para levantarnos da cama cada mañá.
Se estás no caso, que podes facer?
1. Tomar distancia do problema para velo con perspectiva. Saír do despacho para tomar un refresco ou un café, ou simplemente dar un paseo, pode quitar a concentración do problema que te abruma. Ao volver, poderás analizar a situación de xeito diferente.
2. Pedir axuda, sexa a un colega profesional ou un coach con quen se teña boa relación. Así non te sentirás só. Ademais falar da situación axuda a atopar solucións e a baixar a tensión emocional, e escoitar a opinión doutra persoa pode xerar ideas novas ou polo menos enfoques diferentes á situación.
3. Tratar de lembrar cal era a primeira motivación, o que che ilusionaba desa profesión ou dese posto que ocupas e onde agora non o pasas ben. A motivación principal pode ser algo que esqueciches por completo. Pensar en cal era a túa vocación ou motivación, fará que lembres cales son as cousas realmente importantes do teu traballo, que non sempre coinciden coas que se consideran urxentes. Con frecuencia nos centramos en resolver o urxente en vez do importante, e ese é un dos camiños ao estrés.
5. Facer exercicio. Non se trata de apuntarse a un ximnasio se non queres pero polo menos podes pasear entre 30 e 45 minutos ao día. Relaxa e favorece o descanso, potencia a creatividade, queima adrenalina.
6. Ter outra actividade intelectual ou artísticas: estudar, ler, xogar ao xadrez. Non chegar a casa e poñer a televisión, está demostrado que ver televisión non provoca actividade neuronal ningunha.
7. Quedar con amigos. Manter as relacións sociais e non illarse axuda a baixar a tensión emocional.
imaxe de MAORI SAKAI
28 de xul. de 2015
Ovos de ouro
Nasrudín rexentaba unha pousada nun camiño por onde un día pasou o rei e apeteceulle tomar unha tortilla. Cando rematou preguntou canto debía, ao que Nasrudín contestou que cen moedas de ouro.
- Vaia, pois si que deben de escasear os ovos por aquí -dixo o rei.
- Non, señor -respondeu Nasrudín-, o que escasea son as visitas dos reis.
- Vaia, pois si que deben de escasear os ovos por aquí -dixo o rei.
- Non, señor -respondeu Nasrudín-, o que escasea son as visitas dos reis.
Come ovos se che gustan, incluso todos os días, porque os estudos recentes demostran que son beneficiosos para a saúde e non elevan o colesterol. O problema non son os ovos, senón as frituras, así que se en realidade o que che gusta non son os ovos, senón os ovos fritos, si que pode ser un problema, e deberías buscar outra forma de preparación que che permita gozar do delicado sabor da xema case crúa e a clara cociñada pero sen fritir, por exemplo ao forno.
11 de xuño de 2015
Un raio de sol, oh, oh, oh...
Comeza a tempada de verán, máis horas de sol e tempo libre para gozar delas. Tomar o sol é beneficioso sempre que se faga con sentido común. A ningún animal de sangue quente se lle ocorrería poñerse ao sol nas horas de máxima radiación e nós debemos facer o mesmo. Sobreexpóndonos forzamos o mecanismo de defensa da nosa pel contra o Sol -que consiste en poñerse morena- podendo provocar queimaduras, avellentamento prematuro e mesmo cancro de pel. As persoas coa pel moi branca deben controlar o tempo de exposición para evitar problemas na pel; as persoas moi maiores, os nenos pequenos e os bebés incluso deben protexerse con roupa da luz directa do sol.
A radiación UVA é a responsable de que nos poñamos morenos, pero tamén acelera o deterioro da pel cos anos. A cantidade de radiación solar recibida pode variar polas nubes, a contaminación ou a altura respecto ao mar, pero con carácter xeral recibimos máis radiación entre os meses de maio e agosto, cando a Terra está máis lonxe do sol pero a súa inclinación permite que os raios solares dean de cheo no hemisferio norte. Nesta época as horas do día con máis radiación solar son as comprendidas entre as 11 h e as 16 h.
Expoñerse ao Sol é beneficioso non só por estética, para estar moreno, senón para o benestar xeral do noso corpo. A fin e ao cabo o noso estado natural ata hai pouco era estar expostos á luz solar durante a maior parte do día e deixar de facelo empeora a calidade da nosa saúde, Media hora diaria de exposición solar pon en hora o noso reloxo interno para que o noso corpo funcione correctamente seguindo o ciclo circadiano (de día e noite), isto axuda a descansar correctamente e regular o noso sistema hormonal.
O sol tamén nos axuda a ter unha pel máis bonita, abonda con tomar diariamente baños de sol de non máis de 30 minutos durante as primeiras horas da mañá ou ben entrada a tarde para combater a acné, a psoriase e mesmo a ictericia.
Outra das vantaxes de tomar sol é que fortalece o noso sistema inmune, protexéndonos de diversas enfermidades, pois aumenta o número de glóbulos brancos, células encargadas de protexernos contra as infeccións.
Cando tomamos sol, a graxa do noso corpo disólvese. É por iso que as persoas que viven en zonas onde hai moito sol padecen menos enfermidades cardiovasculares. Os raios UV son necesarios para metabolizar mellor o colesterol, polo que tomar o sol axuda a diminuír os seus niveis e evitar que se pegue nas arterias.
Un beneficio máis do sol é que diminúe a presión sanguínea. Isto débese a que o sol é un vasodilatador moi efectivo que aumenta a circulación do sangue. Así mesmo, aumenta o metabolismo e a depuración dos tecidos. De feito, moitos deportistas adoitan tomar o sol antes das súas competicións, grazas a que isto os axuda a ter unha mellor presión arterial. Ao parecer, neste caso a vitamina D tamén xoga un papel importante xa que libera calcio.
Expoñernos ao Sol é permite producir vitamina D, esencial para o corpo humano, necesaria para crear novas células, para que o noso sistema inmunitario actúe correctamente e para o funcionamento do sistema nervioso, ademais é antiinflamatoria, antidepresiva e reduce a hipertensión. Tamén é boa para fortalecer os nosos ósos e dentes porque favorece a absorción no intestino do calcio e fósforo. Se temos unha boa fonte de calcio e suficiente vitamina D tamén reduciremos o colesterol e a osteoporose. Aínda que a maioría das vitaminas se obteñen a través dos alimentos, a D sintetízase na nosa pel cando a expoñemos á radiación UVB (onda media). Como referencia, debemos saber que se a nosa sombra é máis longa ca nós, non estamos recibindo a cantidade suficiente de luz solar para xerar vitamina D. A parte do corpo que máis vitamina D produce é o torso, seguido das pernas e os brazos, e con 20 minutos diarios é suficiente.
A radiación UVA é a responsable de que nos poñamos morenos, pero tamén acelera o deterioro da pel cos anos. A cantidade de radiación solar recibida pode variar polas nubes, a contaminación ou a altura respecto ao mar, pero con carácter xeral recibimos máis radiación entre os meses de maio e agosto, cando a Terra está máis lonxe do sol pero a súa inclinación permite que os raios solares dean de cheo no hemisferio norte. Nesta época as horas do día con máis radiación solar son as comprendidas entre as 11 h e as 16 h.
Expoñerse ao Sol é beneficioso non só por estética, para estar moreno, senón para o benestar xeral do noso corpo. A fin e ao cabo o noso estado natural ata hai pouco era estar expostos á luz solar durante a maior parte do día e deixar de facelo empeora a calidade da nosa saúde, Media hora diaria de exposición solar pon en hora o noso reloxo interno para que o noso corpo funcione correctamente seguindo o ciclo circadiano (de día e noite), isto axuda a descansar correctamente e regular o noso sistema hormonal.
O sol tamén nos axuda a ter unha pel máis bonita, abonda con tomar diariamente baños de sol de non máis de 30 minutos durante as primeiras horas da mañá ou ben entrada a tarde para combater a acné, a psoriase e mesmo a ictericia.
Outra das vantaxes de tomar sol é que fortalece o noso sistema inmune, protexéndonos de diversas enfermidades, pois aumenta o número de glóbulos brancos, células encargadas de protexernos contra as infeccións.
Cando tomamos sol, a graxa do noso corpo disólvese. É por iso que as persoas que viven en zonas onde hai moito sol padecen menos enfermidades cardiovasculares. Os raios UV son necesarios para metabolizar mellor o colesterol, polo que tomar o sol axuda a diminuír os seus niveis e evitar que se pegue nas arterias.
Un beneficio máis do sol é que diminúe a presión sanguínea. Isto débese a que o sol é un vasodilatador moi efectivo que aumenta a circulación do sangue. Así mesmo, aumenta o metabolismo e a depuración dos tecidos. De feito, moitos deportistas adoitan tomar o sol antes das súas competicións, grazas a que isto os axuda a ter unha mellor presión arterial. Ao parecer, neste caso a vitamina D tamén xoga un papel importante xa que libera calcio.
10 de xuño de 2015
Nada que dicir
Estou totalmente afónica. Non vou entrar, anque sería interesante, nas razóns últimas da miña afonía senón simplemente nalgunhas reaccións que se produciron ao meu redor. En primeiro lugar, entre os meus compañeiros de traballo: "Muller, e para que viñeches se non podes dar clase?" foi a máis graciosa. Pois porque para min falar é unha cousa e dar clase outra! Pero hai outra reacción máis curiosa aínda: a das persoas que aproveitan para deixarme claro o equivocada que estou coas miñas crenzas e as miñas prácticas porque se "as medicinas alternativas" funcionasen eu tería encontrado un remedio para a miña afonía!
A enfermidade forma parte da experiencia da vida e sempre trae algunha lección importante. Non pretendo evitar esta aprendizaxe senón facela do xeito menos traumático posible. Nin eu nin ninguén atopou a solución para un forte resfriado con nariz tamponado, tos e afonía, e pasar por este proceso hai que pasar, como di o refrán "con menciñas sete días e sen elas unha semana". Pero algunhas persoas ao verme neste estado parecen sentirse confortadas e reforzadas na súa opción persoal diferente da miña. Porque para algúns é necesario non só ter razón senón que ademais os outros estean equivocados e sufran por iso.

3 de ago. de 2014
Crenzas limitantes
Moitas persoas sosteñen crenzas que lles impiden vivir plenamente. Por exemplo, chamémoslle Paco a un amigo que está sufrindo espantosamente e non desexa ser consolado, considera que a vida é simplemente un proceso biolóxico, todo canto existe forma parte dun universo de caos, segundo el un optimista é un pesimista mal informado, e así un longo etcétera. Paco non renunciará ás súas crenzas porque está convencido da súa verdade, e para el esa veracidade é un ben superior.
Se lle suxerimos a Paco cambiar as súas crenzas por outras que lle axuden a levar unha vida máis satisfactoria sentirase ofendido; ademais pareceralle imposíbel, pois non se pode decidir desde a mente consciente deixar de crer unha cousa para crer outra.
"Coñécete a ti mesmo" dicía o oráculo de Delfos, e ese é o primeiro paso da sabedoría pero talvez xa teñas comprobado que coñecerte a ti mesmo e saber cales son os teus puntos débiles non significa que sexas capaz de cambialos: insisto en que desde a mente consciente non se poden cambiar as crenzas, non se pode elixir que crer e que non, o mesmo que non se pode elixir de quen namorarse, pois son procesos incomprensíbeis racionalmente, suceden a un nivel subconsciente. Coa mesma información, coa mesma educación e incluso a mesma familia, un irmán elixe unhas crenzas e outro unhas diferentes. Non é unha elección consciente.
"Coñécete a ti mesmo" é só o primeiro paso, non o único paso. Identificar as nosas crenzas é moi esclarecedor, porque as nosas crenzas establecen os limites do que podemos facer ou non, e así eu me fago consciente dos conceptos que teño sobre a vida, sobre o universo e sobre as miñas propias capacidades. As cousas que cremos condicionan a nosa vida. En primeiro lugar o maior obstáculo para conseguir o que desexamos son as programacions subconscientes que temos, algunhas delas implantadas cando eramos moi nenos, de maneira que as sentimos como universais incuestionábeis cando non o son; logo están as crenzas que nos foron inculcadas pola sociedade, a información que nos foi transmitida e a que nos foi ocultada, e despois crenzas que fomos elaborando por nós mesmos a raíz da nosa experiencia vital. Ao final as nosas crenzas non fan máis que reforzarse co tempo, porque acabamos vivenciando cousas que as confirman, sesgando a nosa capacidade de observación e de interpretación da realidade, lembrando especialmente aquelas vivencias que confirman as nosas crenzas e esquecendo outras. Todo isto condiciona a nosa vida, impón limites ao que podemos facer, conseguir ou merecer, e ademais somos como emisoras de radio que nos sintonizamos e atraemos o mesmo que emitimos, como demostra a sabedoría popular en ditos como "Deus os dá e eles se xuntan", "Dime con quen andas" e tantos outros, por non falar da superfamosa "Lei da Atracción" e "O Segredo".

En resume todos, quen máis, quen menos, estamos condicionados polas nosas crenzas, moitas das cales o único que fan é limitarnos.
Sabendo isto, non sería o máis intelixente desprendernos das crenzas que non nos apoian na vida e adoptar outras que nos permitan acadar os nosos obxectivos vitais, a nosa realización persoal, plenitude e harmonía? E se fose posíbel? E se houbese algunha ferramenta para facelo?
Existen varias ferramentas para facelo, PSY-K por exemplo é unha das mellores que coñezo. Pero hai que querer facelo e lamentabelmente moitas persoas non queren cambiar, aínda sabendo que a súa vida melloraría. As crenzas producen emocións que fan reaccionar dun xeito ou outro e a xente acaba identificándose con iso. É dicir, a xente acaba pensando que o que os define, aquilo que os fai ser quen son, é a súa maneira de actuar (e nin sequera, porque desgrazadamente a maioría o que fai non é actuar senón reaccionar). A xente non quere cambiar porque temen deixar de ser eles mesmos, que é como unha especie de morte. O medo ao cambio tamén se relaciona con saír da zona de confort, e co conformismo expresado no dito "Vale mais malo coñecido..." denominado polos psicólogos ganancia secundaria: non me sinto satisfeita coa miña vida pero teño todo controlado, estou en terreo coñecido e iso me produce sensación de seguridade, de estar a salvo.
E ti, estás disposto a ser o creador da tua propia vida?
13 de maio de 2014
Unha tormenta solar pode afectarme?
Ao parecer si. Cada vez documéntanse máis casos de persoas que sofren alteracións de diverso tipo coincidindo coas tormentas solares, especialmente dores de cabeza máis ou menos intensas, que os médicos non acaban de diagnosticar.
En primeiro lugar coméntovos que eu souben disto porque me pasaba, e deixou de pasarme a base de limpezas enerxéticas, comer menos, beber moita auga, pasear o máximo posíbel ao lado do mar, moito reiki, moita sanación chamánica e, en resume, elevar o meu nivel vibratorio, que é do que se trata.
En segundo lugar apórtovos algunha información para que ampliedes se vos interesa, por exemplo:
- Que tipos de tormentas solares hai e como nos afectan, AQUI
- Desde un punto de vista enerxético como son e cales son os síntomas máis frecuentes AQUI e tamén AQUÍ
- Outro punto de vista, nada metafísico por certo, AQUÍ
- Por último a recomendación é sempre elevar o teu nivel vibratorio, practicando asiduamente o tipo de sanación que prefiras. Podes comezar por:

11 de maio de 2014
Operación bikini
Nestas alturas do ano aumenta exponencialmente a cantidade de persoas que se apuntan ao ximnasio e/ou acoden ao médico para baixar eses quilos de máis acumulados durante o frío inverno. Ai, que ricas estaban as lentellas, os garavanzos con bacallau, o turrón do Nadal, as orellas do Entroido... E sobre todo, que ben se está, que a gustiño, estomballados no sofá mentres fóra caen chuzos de punta. Porque a inactividade, a televisión, a computadora, engordan máis que calquera guiso de mamá.
Por unha parte a sociedade nos presiona cos seus canons de beleza. Por outra parte chega o bo tempo e en xeral ensinamos máis carne que cos envoltorios invernais. En terceiro lugar sacamos do armario a roupa de verán e haberá presuposto ou non para adquirir roupa nova así que a primeira opción é meterse na do ano pasado, espello cruel de como pasa o tempo... Engordei todo isto? Caemos entón nos bos propósitos estacionais coñecidos como "operación bikini" (dieta, exercicio...) que a finais do verán abandonamos co resultado de sufrir de novo os efectos típicos do inverno máis o efecto rebote!
Existen, porén, outras razóns para o sobrepeso, outros factores que veñen a sumarse aos anteriores: factores emocionais. A ansiedade (por exemplo ao deixar de fumar), pode conducir a refuxiarse comendo; o medo, a necesidade de protexerse dos demais, as feridas sufridas na infancia, o estrés, o enfado mal xestionado, a depresión e a sensación de abandono, a baixa autoestima...
Toda sanación espiritual tropezará, tarde ou cedo, co noso autoconcepto, que se forma de moitas maneiras, unha delas o que vemos cando nos miramos no espello. Así que perder peso non é un asunto trivial, unha moda de tempada, pois dependendo da persoa perder peso pode implicar un traballo espiritual a un nivel moi profundo. Hai que facer vida sa, moverse máis, comer adecuadamente, cambiar de hábitos, si, todo iso é conveniente, pero coñezo moitas persoas que seguindo estes consellos non adelgazan, e tamén coñezo outras que non se coidan nada e teñen o peso ideal. De onde se deduce que os outros factores, os emocionais, inflúen moito. Hai que facer vida sa e sanar a ferida. As dúas cousas.
Déixovos un audio magnífico para escoitar pola noite xusto antes de durmir, xa na camiña cos ollos pechados. E se te dormes escoitándoo non é malo, todo o contrario, caerá directamente no subconsciente, que é do que se trata.
Por unha parte a sociedade nos presiona cos seus canons de beleza. Por outra parte chega o bo tempo e en xeral ensinamos máis carne que cos envoltorios invernais. En terceiro lugar sacamos do armario a roupa de verán e haberá presuposto ou non para adquirir roupa nova así que a primeira opción é meterse na do ano pasado, espello cruel de como pasa o tempo... Engordei todo isto? Caemos entón nos bos propósitos estacionais coñecidos como "operación bikini" (dieta, exercicio...) que a finais do verán abandonamos co resultado de sufrir de novo os efectos típicos do inverno máis o efecto rebote!Existen, porén, outras razóns para o sobrepeso, outros factores que veñen a sumarse aos anteriores: factores emocionais. A ansiedade (por exemplo ao deixar de fumar), pode conducir a refuxiarse comendo; o medo, a necesidade de protexerse dos demais, as feridas sufridas na infancia, o estrés, o enfado mal xestionado, a depresión e a sensación de abandono, a baixa autoestima...
Toda sanación espiritual tropezará, tarde ou cedo, co noso autoconcepto, que se forma de moitas maneiras, unha delas o que vemos cando nos miramos no espello. Así que perder peso non é un asunto trivial, unha moda de tempada, pois dependendo da persoa perder peso pode implicar un traballo espiritual a un nivel moi profundo. Hai que facer vida sa, moverse máis, comer adecuadamente, cambiar de hábitos, si, todo iso é conveniente, pero coñezo moitas persoas que seguindo estes consellos non adelgazan, e tamén coñezo outras que non se coidan nada e teñen o peso ideal. De onde se deduce que os outros factores, os emocionais, inflúen moito. Hai que facer vida sa e sanar a ferida. As dúas cousas.
Déixovos un audio magnífico para escoitar pola noite xusto antes de durmir, xa na camiña cos ollos pechados. E se te dormes escoitándoo non é malo, todo o contrario, caerá directamente no subconsciente, que é do que se trata.
11 de abr. de 2014
Cinco razóns para botar unhas risas
Hoxe entregamos as notas do segundo trimestre. Máis de 20 anos nesta profesión fóronme dando ferramentas non só pedagóxicas senón tamén emocionais para facer do proceso de ensino-aprendizaxe algo que mereza a pena ser vivido e compartido. Unha das que máis emprego é o humor, por moitas razóns que vou resumir agora, destacando cinco funcións principais das moitas que presenta:
1-Función pedagóxica e motivadora: O humor favorece os procesos de ensino e aprendizaxe, facilita un contexto ameno e motivador, activa o interese e o entusiasmo pola temática que se estea traballando e contribúe a realizar aprendizaxes significativas.
2- Función de distensión: Posibilita un clima de cordialidade e confianza, favorece a cohesión grupal, crea e reforza os vínculos entre as persoas; axuda a liberar a tensión acumulada e a desdramatizar as preocupacións. O humor canaliza as situacións imprevistas ou conflictivas axudando reducir a tensión ou a ansiedade. Actúa contra os ataques desmontando a hostilidade latente e desdramatizando conflitos.
3-Función intelectual: O humor búrlase dos pensamentos distorsionados e das crenzas irracionais, obriga a elaborar e xestionar a información desde outras perspectivas cognitivas.
4-Función creativa: O humor ofrece unha visión crítica da realidade, estimulando así o pensamento lateral ou diverxente; potencia a imaxinación como elemento fundamental na resolución de problemas e descobre conexións novas que potencian a imaxinación e a orixinalidade.
5-Función terapéutica: O humor utilízase para tratar e resolver trastornos emocionais desde varias formulacións psicolóxicas. Rir descarga o nerviosismo físico, alivia a tensión psicolóxica xeral, mellora o sistema cardiovascular e potencia a enerxía interior.
Que pases unha moi feliz Semana Santa!!

13 de xan. de 2014
Gustirrilín cerebral ??
Quero compartir convosco esta interesantísima información sobre o ASMR, un fenómeno pouco estudado pero que moitos de nós experiementamos ao darnos Reiki ou acadar estados de meditación profunda. Os científicos acaban de aceptar a súa existencia ao poderen rexistrar o fenómeno e medilo, pero aínda non ten un "nome oficial", de momento chámanlle ASMR, siglas en inglés de "Resposta Sensorial Meridiana Autónoma". Consiste nun fenómeno biolóxico en resposta a determinados estímulos visuais, auditivos ou cognitivos que se caracteriza por unha pracenteira sensación de formigueo que se dá na cabeza e coiro cabeludo e pode expandirse a outras partes do corpo. Parece ser que xa bastantes persoas comezan a sentilo (ou a atreverse a dicir que o senten) mentres realizan diversos tipos de tarefas relaxantes ou observan a outras persoas realizalas (cousas simples como cociñar, pintar) ás veces de xeito espontáneo e outras buscado a propósito (escoitando audios con sonidos binaurais, por exemplo).
21 de ago. de 2013
O terceiro sexo existe desde tempo inmemorial
![]() |
| Ardha Narīshuar, representación de Shiva con ambas enerxías masculina e feminina |
Hai persoas que cando nacen resulta imposíbel determinar se son homes ou mulleres. Son unha minoría, pero ao parecer unha minoría nada desprezábel visto que en Alemaña existen cifras ao respecto e se estiman nuns 400 nacementos ao ano destas características (xa me gustaría ver as estatísticas doutros países... se as houbese). Obrígase aos seus pais a inscribilos no rexistro baixo un sexo, sen que o interesado teña a menor oportunidade de pronunciarse, e máis adiante resultaralle imposible rectificar esta inscripción a non ser que presente certificado médico de que se operou.
Algúns titulares que vimos en certos medios onte e hoxe, a propósito da decisión de Alemaña de recoñecer a existencia doutra posibilidade fóra de varón ou femia, din cousas como "Alemaña crea o terceiro sexo" coma se fose un experimento de laboratorio. Alemaña non crea nada, simplemente deixa de obrigar aos pais a decidir, pouco menos que aleatoriamente, o sexo dos seus fillos cando sexa indefinido. Alemaña tampouco é pioneira de nada, nin sequera no "mundo occidental" xa que existen outros países onde xa se contempla legalmente esa realidade, non só a India ou Thailandia, tamén en Australia é posíbel desde o pasado mes de maio. E non se está creando un terceiro sexo en absoluto, nin sequera admitindo a súa existencia, xa que de momento o único que se permite é deixar en branco unha casilla dun impreso, pero a nosa sociedade obrigará a esa persoa tarde ou cedo a definirse.
Que un ser humano poida decidir libremente a que sexo pertence é un gran avance e débese, como sempre, á denuncia dunha persoa particular que elevou as súas reivindicacións e é por iso un exemplo a seguir, pois xa sabemos que os nosos gobernantes non farán nada por nós se non llelo reclamamos. Pero aínda queda un longo camiño: o camiño para que ese ser humano non teña que definirse nin como varón nin como femia no futuro, que non se vexa obrigado a adquirir unha destas identidades en detrimento da outra se non é iso o que sente, porque só é un engano social, un lamentábel autoengano, unha fraude nas súas relacións persoais e unha vida frustrada.
A espiritualidade pasa en primeiro lugar por recoñecer as propias verdades e expresalas no mundo. Adquirir consciencia e desenvolvela implica non mentirse a un mesmo nin á sociedade, e se unha alma elixiu o tortuoso camiño de experimentarse a si mesma en dous sexos simultaneamente, merece como mínimo o meu respecto. Se un día se decanta por ser unha cousa ou a outra entendo que ten ese dereito, pero se desexa vivir con ambos sexos no seu corpo non se lle debe obrigar a mutilarse nin fisica nin emocional nin socialmente.
wikipedia
noite temática
OM NAMAH SHIVAYA
O recoñecemento dun sexo diferente do masculino e o feminino non debería ser traumático para a nosa sociedade, pero os europeos occidentais da era moderna temos unha venda nos ollos con este tema e non é doado que a quitemos, pois levamos moitos séculos (mesmo milenios) de represión.
Xa que estamos próximos a Ganesha Chaturti, coméntovos que no hinduísmo non hai supremacía dun sexo sobre outro e moitos dos deuses están casados integrando a través da parella divina ambas enerxías, masculina e feminina, mentres que outros deuses/deusas teñen rasgos de ambos sexos, ou se transformaron algunha vez mudando de sexo (Visnú, Shiva, Krisna entre outros). Por iso é moi antiga a aceptación da existencia dun "terceiro sexo" e se a consideración social das hijras diminuiu na época moderna é debido en boa medida á ideoloxía do imperialismo británico.
3 de ago. de 2013
Ataques psíquicos
Algúns de nós, sexa cal for a traxectoria persoal que aí nos levou, un día comezamos a percibir o invisíbel.
Decatámonos de que existe porque notamos a súa enerxía e, fascinados, decidimos traballala en nós, limparnos e manternos mellor en adiante, nunha vibración máis sa. Pouco a pouco eses hábitos saudábeis recén adquiridos convértense en carácter, e de aí en karma... Como resultado, comeza a mellorar tamén o noso entorno. Outras persoas que o notan acoden a nós, e anque non somos estritamente terapeutas, si que apoiamos o seu crecemento persoal cos medios ao noso alcance, sexan os que sexan. Cos anos
imos adquirindo máis e máis recursos, seguimos estudando e practicando e limpando as enerxías en redor.
Hai un intre en que, sen decatarnos, rebasamos a sutil fronteira entre traballar polo noso ben persoal e traballar polo ben global da humanidade, do planeta e do universo. Ti non o vas notar pero outros si, porque van comezar a percibir que primeiro deixaches de ser comida fácil para eles, despois mesmo te convertiches nun elemento subversivo, pois non só resultas imposíbel de manipular senón que por onde eles pasan arrasando e destruindo pasas ti despois sementando e regando, e aínda máis, ensinándolles a outros a facelo... Entón sobrevén o ataque psíquico.
Os que me coñecedes sabedes qué pouco me interesaron ata o de agora estes temas, pero acabo de atravesar unha experiencia en carne propia, que estou integrando e comprendendo con axuda, entre outras cousas, deste vídeo, e por iso quero compartilo aquí, porque contén unha explicación sinxela, útil e sensata, dos diferentes tipos de ataques psíquicos e como afrontalos.

15 de xuño de 2013
Cinco feridas, cinco máscaras
Hoxe abordarei o tema do autocoñecemento e a autosanación desde a interesante perspectiva exposta nun libriño de Lise Bourbeau titulado “As cinco feridas que impiden ser un mesmo”, que me sorprendeu gratamente e quero compartir.O ser humano sofre habitualmente unha serie de feridas que o condicionan e limitan a súa vida, pero podemos sanalas; se recoñecemos a nosa ferida asumimos a responsabilidade da nosa vida, clave para a transformación e a sanación, mais se non aceptamos a nosa ferida caemos no sentimento de culpa, en avergoñarnos ou xulgarnos, e como non superamos esa aprendizaxe seguiremos atraendo circunstancias e persoas que nos farán sentir unha e outra vez esa ferida non aceptada. Aceptar a ferida non significa que preferimos tela senón que, conscientes de que somos seres espirituais vivindo unha experiencia humana, nos permitimos experimentar esa ferida e aprender desa experiencia vencendo os medos e as crenzas que bloquean a sanación.
A sanación pasa pola autoaceptación: o recoñecemento e o perdón de min mesma é o que finalmente me sana, e para iso hai que aceptar que eu son responsable de todo o que me ocorre, incluso aceptar que acusei a outros de facerme o que eu lles estou facendo aos demais.
Segundo Lise Bourbeau, as cinco feridas da alma máis comúns son: o rexeitamento, o abandono, a humillación, a traizón e a inxustiza. Non necesariamente temos as cinco: con humildade e sinceridade cada quen pode recoñecer as súas, pois ese recoñecemento é o primeiro paso no proceso de sanación.
Todos temos algunha destas feridas. Se nos custa identificar as nosas feridas é porque nos ocultamos tras unha máscara construída precisamente para non velas. As máscaras de cada ferida son as seguintes:
-Rexeitamento: Retraemento
-Abandono: Dependencia
-Humillación: Masoquismo emocional e mental
-Traición: Control
-Inxustiza: Rixidez
REXEITAMENTO-RETRAEMENTO
Rexeitamento non é o mesmo que abandono. Rexeitar alguén é botalo fóra da nosa vida: a persoa que nos rexeita di “non te quero ao meu lado”, pero a persoa que nos abandona marcha na procura de algo ou de alguén.
A ferida do rexeitamento é moi profunda, porque fai dubidar do propio “dereito a existir”. Esta ferida actívase nas relacións co proxenitor do mesmo sexo, que é quen nos ensina a amar, a dar amor, mentres o proxenitor do sexo contrario nos ensina a ser amados, a recibir amor. Cando un proxenitor non se acepta si mesmo (rexéitase) e ten un fillo do mesmo sexo, é frecuente que inconscientemente rexeite ese fillo, pois constantemente lle lembra o seu propio auto-rexeitamento. É comprensible entón que non aceptes ou mesmo odies ao proxenitor que ten o mesmo sexo ca ti. Non significa exactamente que el te rexeitase, senón máis ben que ti interpretaches unha ou varias experiencias coma se fosen un rexeitamento, pero unha persoa diferente poderíao vivir doutra maneira, por exemplo como unha humillación, ou un abandono. Se admites que sofres a ferida do rexeitamento probablemente acabarás decatándote de que o proxenitor de igual sexo ca ti tamén a sofre, e non só se sente rexeitado polo seu proxenitor do mesmo sexo, senón tamén por ti.
Cando acusamos a outros de todo o que
nós facemos e non queremos ver, atraemos persoas que nos fan revivir
unha e outra vez esa experiencia.
Coa ferida do rexeitamento, o conflicto
co proxenitor do mesmo sexo explica as dificultades para aceptarse e
amarse a un mesmo/a. A persoa con esta ferida ten ganas de
desaparecer, non quere ocupar o seu espazo na vida por medo a ser
rexeitado. A máscara trala que se esconde esta ferida chámase
“retraemento” (withdrawal en inglés). Son persoas que se
cuestionan o seu dereito a existir, e parece que non están
totalmente encarnadas ou enraizadas nos seus corpos, que case non
teñen carne nos ósos, síntoma de que queren desaparecer. Non se
permiten a infancia, fórzanse a madurar rápido pensando que así
serán menos vulnerables ao rexeitamento. Por iso en parte o seu
corpo sempre parecerá o dun neno.
Cando un neno se volve retraído, que é a máscara do rexeitamento, soe ser tranquilo, non fai demasiado ruído e pasa desapercibido, vive nun mundo imaxinario; o seu corpo parece fráxil e iso fai que a nai o sobreprotexa. Pero os nenos sobreprotexidos séntense sufocados pola nai, séntense rexeitados por non seren aceptados coas súas limitacións, tal e como son. Os retraídos cren que non teñen ningún valor, polo tanto intentarán ser perfectos, para merecer ese valor que senten que lles falta. Un home que diga “aos ollos do meu pai non son ninguén, e non fago nada ben” intentará ser perfecto (con todo o sufrimento que isto implica) para gañar algo de auto-valoración. Para eles, ser xulgados polo que fan equivale a ser rexeitados. Queren facelo todo tan perfecto que lles leva máis tempo do normal. Os retraídos non saben que facer se reciben demasiada atención, prefiren estar sós, sen decatarse de que así estarán cada vez máis marxinados ou rexeitados. Para retirarse máis algúns acoden ás drogas e ao alchool.
Os retraídos compáranse con outros e
sempre se atopan con menos valía. Como teñen dificultade para
recoñecerse como “alguén”, a miúdo tratan de parecerse a outra
persoa. Normalmente sabotean os
seus éxitos, pois non se xulgan merecedores. Se senten que acaparan
demasiado espazo ou atención bloquéanse, pensando que están
molestando aos demais. A parálise ocorre sobre todo con xente do
mesmo sexo. Se alguén os interrompe cando falan, pensarán
que é porque “non son suficientemente importantes” e deixarán
de falar. Se interrompes a alguén que non sofre da ferida do
rexeitamento, pensará que “o que di non é importante” pero el
segue sendo igual de importante que antes. Porén os retraídos teñen
medo a dar a súa opinión se non se lles pregunta, ocúltanse trala
máscara da “vergoña” que lles impide mostrarse e ocupar o seu
lugar.
As persoas feridas de rexeitamento viven separadas do mundo material e mesmo do seu instinto sexual. Por suposto, cústalles crer que alguén se poida fixar neles e menos namorarse deles; ás veces coartan a súa sexualidade por considerala “pouco espiritual”; outras veces teñen parellas que en realidade rexeitan sexualmente; non soportarían pensar que rexeitaron a alguén (especialmente do sexo oposto) pero probablemente terminarán facéndoo, porque o rexeitamento é un dos temas centrais da súa vida e canto máis o teman máis probabilidades hai de que suceda.
ABANDONO-DEPENDENCIA
A ferida do abandono non se sente tanto
no “ser”, como a do rexeitamento, séntese máis ao nivel do
“facer” e o “ter”.
Situacións que poden espertar a ferida do abandono son, por exemplo, a chegada dun novo bebé, pois a nai debe ocuparse del e o fillo maior pode sentirse abandonado; se os pais traballan todo o día e non teñen tempo para o neno, se o neno ten que estar en cama no hospital sen entender o que lle ocorre...
A ferida do abandono reavívase co proxenitor de sexo oposto, pero normalmente quen sofre de abandono tamén sofre ademais de rexeitamento (co proxenitor do mesmo sexo). Mentres sigamos estando resentidos con algún dos nosos proxenitores, teremos dificultades coas persoas do mesmo sexo que ese proxenitor a quen non perdoamos. Para perdoar non hai nada mellor que comprender que el/ela son tamén vítimas dos seus proxenitores, e que os acusamos de algo que nós mesmos lles estamos facendo a eles.
Quen sofre de abandono sente que non ten suficiente alimento afectivo. Para non sentir esa carencia afectiva, constrúen a máscara da dependencia. Os dependentes pensan que nunca serán capaces de valerse por si mesmos e que necesitan a alguén en quen apoiarse. Algunhas partes do seu corpo móstranse flácidas ou sen ton muscular, coma se non puidesen aguantarse soas. Os dependentes tenden a adoptar o papel de vítima. Atraen problemas para atraer a atención dos demais, pero a atención dos demais nunca é suficiente para eles. Soñan en destacar ou facer un gran papel ante grandes audiencias, a súa necesidade de atención é insaciable, pois hai neles unha crenza profunda que di que nada é suficiente.
Aos que adoptan o papel de vítima tamén lles gusta o papel de salvador: farán de pai ou nai cos seus irmáns ou tratarán de salvar alguén a quen aman e que está en dificultades. Ocúpanse dos demais para obter afecto a cambio. Asumen responsabilidades que non lles corresponden e sofren polos demais, deixando que a súa felicidade dependa da felicidade do outro. Teñen un exceso de empatía que non é san para eles nin para os demais.
Os dependentes teñen moitos altibaixos. O seu gran medo a estar sós é o que xera esas subidas e baixadas de humor. Poden aguantar o inaguantable cunha parella para non sentirse sós, engánanse coa esperanza emocional de que no futuro as cousas poden cambiar. Teñen problemas coa palabra “deixar”. Se alguén lles di “téñote que deixar, teño que irme”, sentiranse feridos. Teñen dificultades en deixar unha situación, persoa ou lugar. Teñen problemas con todas as formas de autoridade, pois pensan que alguén autoritario é frío e non vai coidar deles. Por iso os dependentes son cálidos cos outros.
A emoción máis intensa que sente un dependente é a tristeza. Buscan a compañía dos demais como antídoto e poden usar o sexo para sentirse próximos a outra persoa. Necesitan aos demais pero tamén temen recibir demasiada atención deles por medo ao abandono, así que cando a relación se volve intensa soen procurar a maneira de que acabe. Necesitan atención da súa parella, pero eles non lle conceden outro tanto. Se o dependente quere tomarse un intre para ler a soas, todo está ben, pero se a súa parella decide tomarse un intre para ler a soas sentiranse ignorados.
Cando se dan conta do problema que trae a
súa dependencia, en lugar de aceptala, intentan ser independentes.
Moitos que teñen a ferida do abandono non queren ver a súa
dependencia, e crense os máis independentes.
A autonomía é sa, a independencia
non.
.
HUMILLACIÓN - MASOQUISMO EMOCIONAL E MENTAL
A ferida da humillación espértase no
neno cando sente que algún dos seus proxenitores se avergoña del ou
ten medo de que o faga (porque se ensuciou, porque fixo algo
inadecuado, etc.) O neno séntese degradado, comparado, mortificado
ou avergoñado a nivel físico de "facer" ou "ter". A humillación espértase por exemplo, cando o neno escoita á súa nai falarlle del ao seu pai, contándolle algo que fixo mal.Tamén pode sentirse humillado ao ver que os pais controlan todos os seus movementos, deixándolle pouca liberdade. Normalmente a ferida actívase coa nai, pero pode activarse co pai se este era quen "controlaba" ao neno e facía o papel de nai, ensinándolle a comer correctamente, a estar limpo, etc.
Para non sentir a ferida, o neno desenvolve a máscara masoquista. Con esa protección, aprenderá a castigarse a si mesmo antes de que o fagan outros. Os masoquistas xeralmente non están en contacto cos seus sentimentos pois teñen medo de que os demais se molesten ou se avergoñen deles.
Son hiper-sensibles, a mínima cousa pódeos ferir. Unha crítica á lixeira pódeos afundir. Por iso fan todo o posible para non ferir aos demais. En canto alguén querido se sente infeliz, o masoquista séntese responsable. Cúlpanse por todo, e asumen a culpa dos demais. É o seu xeito de ser "boas persoas". Non se dá conta que estando tan empatizado co humor do outro, se desconecta dos seus propios sentimentos e necesidades. A miúdo fan cousas polos demais que non farían para si mesmos, ben sexa un traballo que os outros lle piden ou por exemplo limpar a súa casa cando veñen invitados pero non cando está a soas porque non se sente importante abondo. O masoquista séntese sen valor, non merecedor de ser amado ou recoñecido. Ao crer que non ten valor ou importancia, cre que merece sufrir. No fondo gústalle a roupa bonita e o luxo, pero como cre que ten que sufrir, non se permite eses goces. Os masoquistas teñen dificultades para satisfacerse ou gozar. Cando senten pracer estando con alguén ou facendo algo, critícanse e castíganse por crer que están aproveitandose do outro. Aproveitarse do outro é o último do que queren ser acusados. Por iso teñen dificultades coa sexualidade, pois lles esperta culpa.
O masoquista quere demostrarse a si mesmo que é alguén
sólido capaz de controlar a súa vida (e a dos demais). A miúdo
atopámolo ocupándose dos problemas dos demais e esquecéndose de si
mesmo. A miúdo son mediadores entre dúas persoas. Canto máis
responsabilidades doutros asumen, máis peso colle o seu corpo. O sentido do deber é moi importante para eles. O
masoquista pensa que axudando aos demais evitará que se sintan
avergoñados del, pero acaba sentindo coma se os demais se
aproveitasen da súa boa vontade. Ademais non se da conta de que facendo todo polos
demais, acaba humillandoos, pois lles fai sentir que sós
non poderían facelo. Debe aprender a deixar os demais tomar
decisións por si mesmos.
A liberdade é moi importante para os masoquistas. Ser libre significa
non ter que dar explicacións a ninguén, non ser controlado por
ninguén, facer o que queiras cando queiras. Cando eran novos, aos
masoquistas faltoulles liberdade e cando conseguen sentirse libres
viven ao máximo a vida, sen límites. Iso lévaos a comportamentos
extremos (axudan demasiado, gastan demasiado, cren que teñen
demasiado, etc). Cando viven sen límites séntense avergoñados
porque se senten humillados pola mirada e comentarios dos demais. Por
iso teñen terror a atoparse a si mesmos sen límites: cren que
farían cousas que avergoñarían aos demais. Ademais cren que ao
poñerse a si mesmos en primeiro lugar, non serían de axuda para os
demais.
Valoran a liberdade pero tamén a temen e a sabotean de moitas
formas: un home que se sente libre de ter varias noivas, crearase
problemas para velas e esconder unhas das outras; un home que se
sente atrapado en casa pola súa muller controladora, buscará dous
traballos para estar sempre fóra de casa. Crerá que así é libre,
pero engánase. O que un masoquista fai para liberarse nunha área o
aprisiona noutra.
TRAICIÓN-CONTROL
Esta ferida comeza cun forte lazo de amor moi forte polo proxenitor de sexo oposto, xerando un complexo de Edipo que non se resolveu, así que no futuro esperarán recibir da súa parella todo o que non recibiron do seu pai/nai. Nas súas relacións custaralles comprometerse por medo a ser decepcionadas (traizoadas). Na infancia sentiu como unha traición cada vez que ese proxenitor tan amado non mantiña a súa palabra ou promesa, ou cada vez que non cumpría as súas expectativas de "ideal". Unha nena podería sentirse traizoada polo seu pai se sentía que este lle daba menos atención cando naceu outro irmán. Para non sentir a ferida de traizón, a personalidade constrúe a máscara do control. Queren mostrar ao mundo que son xente de confianza, responsables, con palabra, fortes, importantes.
A traizón é tan inaceptable para eles que son incapaces de recoñecer que eles mesmos poderían ser capaces de traizoar a outros (ou a si mesmos). E iso é xustamente o que ocorre, aínda que lles custará moito recoñecelo. Se por exemplo eles traizoan a alguén non cumprindo a súa palabra, atoparán todo tipo de escusas para xustificarse, e ata poden mentir (algo inaceptable que fagan os demais). Son moi hábiles en dicir aos demais o que queren oir, pero poucas veces pensan facer o que din. Os controladores teñen fortes personalidades, son líderes en potencia. Pensan que teñen a razón, intentarán convencerte, e probablemente conseguirano. Son de pensamento e acción rápida, teñen talento pero fáltalles paciencia e tolerancia cos que son máis lentos. Cando as cousas non saen ao seu xeito, poden volverse agresivos con facilidade, que é unha forma de mostrar a súa "forza" e o seu "control". En realidade son as persoas que teñen máis altibaixos emocionais e non perciben que coa súa actitude voluble desorientan aos demais, que poden á súa vez sentirse traizoados.
Gústalles telo todo baixo control. Chegan antes aos lugares, gústalles planear o futuro, son moi esixentes, atopan difícil delegar e confiar nos demais. Cando ven a alguén do sexo oposto que non fai nada, chámanlle "vago" e veno como unha proba para non poder "confiar" nesa persoa. Aos controladores gústalles que todo o mundo saiba o moito que eles fixeron ou están facendo, para sentirse responsables e dignos de confianza.
Gústalles saber o que ocorre en todo momento, e dan a súa opinión sen que llela pidan.
Cando falan non se revelarán completamente; só falarán de cousas que realzan a súa reputación, a súa confianza e a súa responsabilidade. A súa reputación é moi importante para eles. Teñen medo de admitir os seus medos e a falar das súas debilidades. Cústalles moito revelar as súas intimidades, por medo a que sexa usado na sua contra. Con todo, non teñen reparos en repetir rumores doutras persoas "habendo boas razóns" para facelo. Gústalles ter sempre a última palabra, gústalles organizar a vida dos demais (é unha forma de manipular ou controlar ao outro). Son persoas sensibles pero non mostran a súa sensibilidade pois están ocupados en mostrar a súa "forza" e o seu "control". Teñen que saber un pouco de todo pois lles custa moito aceptar que poden non sabelo todo. Se alguén lles pregunta algo que non saben, antes que dicir "non sei" probablemente inventaran a resposta aparentando que controlan o tema. Teñen problemas coa autoridade, pois pensan que os queren controlar, odian sentirse controlados e non se dan conta que normalmente eles están dando ordes aos demais e decidindo polos demais.
Non lles gustan as sorpresas, pois poden perder o control. Non se dan conta con que frecuencia cambian de pensamento e toman decisións de último minuto que sorprenden aos demais. Son rápidos en chamar aos demais "hipócritas", pois recelan con facilidade. Non se dan conta que a súa actitude moitas veces é manipuladora e de falar ás costas dos demais, pero se alguén non confía neles -cousa habitual ata que non se sane a ferida- séntense traizoados. O controlador ten moito medo do compromiso. Son sedutores (para controlar ao outro) pero no fondo ten medo que un forte compromiso poida romperse, e sentirse traizoados. Poden confiar máis se non hai sexo involucrado. Senten máis confianza cos amigos que coa parella, pois coa parella o medo a sentir a súa ferida é maior. O controlador experimenta máis separacións e roturas que calquera outra persoa. Cren que ter unha parella que estea "diante" ou ao mesmo nivel que eles sería perder o control e a forza. Prefiren apartar esa parella da súa vida para sempre por crer que non é digna da súa confianza. Cando empezan a deixar de sentir a paixón/romance coa parella, empezan a sentirse decepcionadas, e atopan xeitos de facer que a súa parella os deixe para non sentirse traidores. A causa principal dos seus problemas sexuais ten que ver co vínculo que crearon co proxenitor de sexo oposto, a quen idealizaron tanto que ningunha parella pode cumprir as súas espectativas. Poden ata renunciar ao gozo sexual, e sempre atopan unha boa forma de xustificar a súa decisión.
Se tes esta ferida é importante que comprendas que o teu proxenitor de sexo oposto con quen a túa ferida se activa, sufriu e sofre probablemente aínda a mesma ferida co seu proxenitor do sexo oposto. Normalmente quen ten a traizón como ferida, ten a ferida do abandono. Por non querer aceptar a súa dependencia afectiva (co proxenitor de sexo oposto) desenvolven a máscara de control que lles impida ver a súa ferida de abandono.
INXUSTIZA-RIXIDEZ
Sufrimos da ferida de inxustiza cando non nos sentimos respectados, sentimos que non somos apreciados polo noso verdadeiro valor, cremos que non recibimos o que merecemos senón menos (ou máis).
A ferida actívase co proxenitor do mesmo sexo: se sentiamos que ese proxenitor non expresaba os seus sentimentos connosco, sufrimos unha relación "fría" e superficial con el, e isto nos limita para poder expresarnos e ser nós mesmos. Se o proxenitor do mesmo sexo era ademais autoritario, crítico e estrito, a ferida é maior. De pequeno quen ten esa ferida sente que é máis apreciado polo que fai que polo que é. A reacción da persoa que sofre a ferida é disociarse dos seus sentimentos, como forma de sentirse protexida e non vulnerable. Para ese fin constrúe a máscara da rixidez. Físicamente van moi dereitos, coma se o seu corpo fose "perfecto".
No fondo son inxustos consigo mesmos, pois non se permiten expresar os seus verdadeiros sentimentos, esconden a súa sensibilidade e aos ollos dos demais parecen fríos e insensibles, aínda que eles pensan que son os máis sensibles e cariñosos do mundo. Temen a frialdade nos demais e en si mesmos. Non poden aceptar ser fríos pois significa non ter corazón, e iso equivale a ser inxusto. Por iso para eles é tan importante sentir que son "boas persoas" e "boas no que fan". Eles aspiran a ser "perfectos" en primeiro lugar, e "cálidos" en segundo lugar". Os ríxidos buscan a xustiza por riba de todo. Son perfeccionistas e cren que facer ou dicir as cousas á perfección é xusto. Fan ben as cousas, e de forma rápida. Queren facelo todo para evitar problemas, e se algunha vez teñen algún problema prefiren dicir que "todo vai ben" para non sentir o sufrimento.
Son moi optimistas. Parecen imperturbables. Son moi dinámicos, aínda que os seus movementos mostran pouca flexibilidad, mostrando que están algo pechados. Non lles gusta a autoridade, porque para eles a autoridade sempre ten "razón". Para eles, merecer as cousas é moi importante. Difícilmente aceptan agasallos "sen merecelos" polo seu esforzo. Farán saber aos demais o que fixeron ou están facendo para mostrarlles que son merecedores do seu recoñecemento. Cando piden explicacións, os ríxidos queren que todos os detalles sexan exactos. Pero cando eles teñen que explicar algo, adoitan esaxerar fácilmente. A miúdo utilizan as palabras: sempre, nunca, moito. Non se dan conta que esaxerar os datos non é ser xusto. Cando lles preguntas como están, rápidamente contestarán "moi ben!" para non pararse a sentir como están.
A relixión ten un impacto grande nos ríxidos. Para eles o concepto de "ben" e "mal", "correcto" ou "incorrecto" pesa moito. Os ríxidos teñen dificultades en deixarse ir e sentir pracer sexual. Cústalles expresar a súa tenrura. Son con todo, os de aparencia máis sexy. Esíxense moito a si mesmos e teñen moito medo a cometer erros, son moi impacientes e críticos, case nunca están satisfeitos co que fan e iso lles drena enerxía. Por iso os seus corpos adoitan ser delgados. Compáranse cos que consideran que son "máis perfectos", e iso é algo inxusto que se fan a si mesmos. É unha forma de rexeitar o seu ser. Normalmente de pequenos sentíronse comparados cos seus irmáns/as. Adoitan ter problemas de visión, porque é moi difícil para eles ver que tomaron decisións pouco acertadas ou que teñen unha percepción mala dunha situación. Prefiren non ver nada que sexa "imperfecto", pois así non sofren. Prefiren utilizar a expresión: "non o vexo de todo claro". Séntense culpables se non están facendo nada mentres outro está traballando. Víveno como unha inxustiza. Para o ríxido é difícil coñecer e respectar os seus propios límites.
Impóñense obrigacións aínda que non sexan coherentes coas súas necesidades. Mellorarían permitíndose sentir máis. Atopan inxusto ter máis que outra xente. Por iso, moitos se autosabotean, non saben aceptar un eloxio ou un regalo, outros se centran en queixarse (e así esquecen os seus privilexios) e outros cren que teñen que dar aos demais para ser xustos. Poden intervir nunha situación se ven que non é xusta. Gústalles que todo estea no seu sitio, ordenado. O seu sistema nervioso está sobreexcitado porque se esixen a perfección, pero debido ao seu auto-control poden parecer tranquilos. A emoción máis común é o enfado, sobre todo consigo mesmos, por non alcanzar os seus ideais de perfeccionismo. Deben vixiar o seu fígado se reprimen moito o enfado. Normalmente queren dar unha "segunda oportunidade" ás persoas porque cren que é xusto. Se son moi ríxidos non verán o seu propio enfado e suavizarán a situación escusando á outra persoa.
Recoñecer calquera destas feridas nun mesmo non é doado nin agradábel, pero a autora axuda bastante aportando boas descricións de como soen ser cada unha destas persoas, incluso a súa apariencia física e preferencias en moitos aspectos da vida cotiá. Ademais dá ideas interesantes para comezar o traballo de autoaceptación.
16 de abr. de 2013
Moderación no uso das redes sociais
Persoalmente recoñezo que son usuaria das redes sociais, participo en varios blogs e uso practicamente todos os días facebook e twitter. Isto non é un ataque contra estes medios, só unha reflexión que avoga polo clásico "Nada con exceso".
Un vai entrando na internet pola súa utilidade, os moitos servizos que ofrece, as vantaxes que presenta como medio de ocio moito máis personalizado e interactivo que calqueroutro, e un día comeza nas redes sociais: "Que non tes facebook? Pero en que mundo vives!" As redes sociais avanzaron tanto nos últimos anos que, como din, se non estás non existes. Chegados a este punto, os que teñen dificultade para controlar os seus impulsos vanse atopar cunha tentación irresistible xa que, simplemente... hai que estar! Cando comezas en Twitter, por exemplo, é bastante común non ter seguidores ou que os teus seguidores non mostren gran interese polos teus Twitts: e que fas? Actualizar unha e outra vez para comprobar se alguén se deu conta de que existes; subir cada vez máis información persoal, que sexa diferente e atrevida para atraer a atención, comprometendo así a túa intimidade.
Algunhas persoas son máis vulnerables, pola súa idade ou as súas características persoais; por exemplo, os adolescentes reúnen varias características de risco: impulsividade, necesidade de relacións novas e autoestima baixa. Un dos indicadores máis claros de que se está caendo nunha dependencia é a imposibilidade de controlar o tempo que se está conectado. Considérase que un adulto abusa de Internet cando está conectado máis de tres horas ao día, nos adolescentes este límite atópase en dúas horas; se ademais existe privación do sono (menos de 5 horas), se pensa na rede constantemente e prefire navegar a ter outro tipo de relacións sociais, pódese pensar que unha persoa está en risco de adicción.
Cando unha adicción afecta seriamente á nosa vida persoal, vólvese algo patolóxico e perxudicial para nosa saúde mental. A maioría dos adictos son xente nova e cun bo nivel educativo ou profesional pero sen unha percepción clara do risco, ou ben con baixa autoestima, ou que está pasando unha época complicada no traballo ou nos estudos, con estrés, un desengano amoroso, etc. Outras veces teñen unha personalidade retraída e as redes sociais axúdanlles a liberar ansiedade, porque comunicarse virtualmente dálles a seguridade que non senten cando están socializando nunha reunión de amigos. Pero as redes sociais son un sucedáneo das verdadeiras relacións persoais, crean falsas impresións, reemplazando os lazos de unión fortes por outros máis débiles; as amizades creadas na rede son máis limitadas que as apoiadas pola proximidade física. As novas tecnoloxías permiten que cun só clic a persoa poida desinhibirse rapidamente, crear identidades falsas ou dar unha imaxe propia que non corresponde coa realidade, o que xera unha tensión emocional que favorece a adicción. Todo isto engancha especialmente aos que non teñen a súa propia rede de relacións ben formada, pois tenden a sobreexpoñerse para ser máis coñecidos: mandan fotos, chatean e colgan fotografías da súa intimidade.
Moitas son as parellas con problemas por culpa desta adicción. Tamén o rendemento académico dos mozos se ve afectado por esta adicción pois moitos dormen poucas horas para manterse conectados cos seus amigos no internet. É perigoso que un adolescente teña ordenador na súa habitación e navegue só; no caso de detectar esta adicción hai que facerllo comprender cando antes, e se non é posible reconducir a situación, buscar axuda especializada (médico, pediatra ou terapeuta de confianza).
Magnifica informacion e moi boas estratexias de actuacion para desengancharse AQUÍ
Existe un tipo de depresión que os psicólogos denominan xa "depresión Facebook". Pode verse en rapaces que pasan demasiado tempo conectados a internet, e que pouco despois empezan a sufrir síntomas como o illamento social, problemas de sono, falta de apetito e tristeza xeral. Segundo os expertos, a rede social non sería a causa do trastorno senón máis ben un "disparador"; é dicir, se un mozo ou unha moza está sufrindo algún tipo de problema, pódese refuxiar en Facebook e descoidar a súa vida real facilitando a aparición dun trastorno depresivo. Illamento social e baixa autoestima, sumado a moito tempo na rede social, son factores que conducen á depresion. Pero tamén outros mozos que en principio non presenten estas características poden sentirse mal ao compararse cos seus amigos. Existen estudos sobre o tema, que demostran claramente como as redes sociais proporcionan unha visión distorsionada da realidade e promoven unha atmosfera de competitividade social. Se alguén non ten moitos amigos e se pon a ver mensaxes ou fotos doutros, acaba por convencerse de que os demais teñen vidas mellores que a súa e cada vez sentirase peor. É coma se fose un gran concurso de popularidade: a ver quen recibe máis solicitudes de amizade ou quen logra a maior difusión de fotografías divertidas. Por outra banda é común entre adolescentes publicar mensaxes moi críticas ou abertamente desagradables en Facebook contra as persoas que non lles simpatizan; algúns adolescentes acaban sufrindo acoso por parte doutros mozos ou de adultos, insultos, chantaxes, sexting, enganos publicitarios, etc.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)