Non hai nada imperdoable.
Só os teus propios límites mentais e emocionais... que non teñen por que ser ríxidos.
Amosando publicacións coa etiqueta límites b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta límites b>. Amosar todas as publicacións
28 de xan. de 2019
28 de dec. de 2018
Con atención e con intención
A intención con que observas é o que che permite atopar cousas novas
(ou cho impide...)
Estás en disposición de deixarte sorprender?
16 de nov. de 2016
22 de feb. de 2014
Quen axuda a quen
Ultimamente tiven ocasión de reflexionar, unha vez máis, sobre o fermoso acto de compartir. E sobre pedir e dar axuda, sobre axudar a outros a sanar de que maneira e con que fin. Sobre a iluminación e para que serve, ou para quen.
Un monxe zen regresaba ao seu mosteiro tras saber que o seu vello mestre agonizaba, desexando cambiar con el unhas últimas palabras. Percorrera todo o país cun caxato e unha cunca, a pedir esmola, e agora estaba case ás portas da rexión que o vira nacer. Só lle faltaba atravesar o río e chegaría ao mosteiro. Na beira da auga, un home gañaba a vida pasando xente na súa balsa de bambú.
- Serías tan amable de pasarme ao outro lado? - preguntou o monxe.
- Son dúas moedas- respondeu o barqueiro.
- Pero eu non teño diñeiro - explicoulle o monxe -. Eu son pobre de pedir, na nosa orde non temos pertenza ningunha.
- Pois vas á vila, pides, xuntas dúas moedas e volves.
O monxe non podía facer iso, el só pedía arroz para comer cada día coa súa cunca, nunca diñeiro pedira. Así que lle ofreceu ao barqueiro pagarlle botándolle unha bendición para que a súa balsa nunca se soltase, nin pudrise, nin rompese, nin volcase nunca... Pero o home insistiu en que só o pasaría a cambio de dúas moedas.
- Se non tes dúas moedas marcha de aí!!
E o monxe marchou pensativo, camiñando sobre as augas.
Quen axuda a quen, e por que? Cando alguén che pide axuda estás seguro de que non cha está ofrecendo? Porque todo é o mesmo nesta incesante danza cósmica que compartimos, o mesmo pedir e dar, todo é igual, todo é participar.
Este monxe é fascinante, lémbrame ao ermitán do tarot, leva a súa propia luz para iluminar o seu camiño, non o dos demais. Se de paso ilumina aos demais estupendo, pero non é esa a súa función principal. O monxe do conto puido pasar o río usando os seus poderes desde un principio, prescindindo do barqueiro, pero quixo darlle unha oportunidade porque todos somos irmáns e compañeiros de camiño. Ora ben, tampouco se avergoña dos seus poderes e se realmente é capaz de camiñar sobre as augas faino, no momento certo, ante a necesidade de facelo pero non por gabarse nin probar nada nin situarse por riba dos seus irmáns. Tampouco cae na condescendencia, no salvacionismo, nada de nada, el prosegue o seu camiño con humildade. Con humildade, si, humildade da boa, da real, da que consiste no coñecemento dos propios límites.
Un monxe zen regresaba ao seu mosteiro tras saber que o seu vello mestre agonizaba, desexando cambiar con el unhas últimas palabras. Percorrera todo o país cun caxato e unha cunca, a pedir esmola, e agora estaba case ás portas da rexión que o vira nacer. Só lle faltaba atravesar o río e chegaría ao mosteiro. Na beira da auga, un home gañaba a vida pasando xente na súa balsa de bambú.- Serías tan amable de pasarme ao outro lado? - preguntou o monxe.
- Son dúas moedas- respondeu o barqueiro.
- Pero eu non teño diñeiro - explicoulle o monxe -. Eu son pobre de pedir, na nosa orde non temos pertenza ningunha.
- Pois vas á vila, pides, xuntas dúas moedas e volves.
O monxe non podía facer iso, el só pedía arroz para comer cada día coa súa cunca, nunca diñeiro pedira. Así que lle ofreceu ao barqueiro pagarlle botándolle unha bendición para que a súa balsa nunca se soltase, nin pudrise, nin rompese, nin volcase nunca... Pero o home insistiu en que só o pasaría a cambio de dúas moedas.
- Se non tes dúas moedas marcha de aí!!
E o monxe marchou pensativo, camiñando sobre as augas.
Quen axuda a quen, e por que? Cando alguén che pide axuda estás seguro de que non cha está ofrecendo? Porque todo é o mesmo nesta incesante danza cósmica que compartimos, o mesmo pedir e dar, todo é igual, todo é participar.
Este monxe é fascinante, lémbrame ao ermitán do tarot, leva a súa propia luz para iluminar o seu camiño, non o dos demais. Se de paso ilumina aos demais estupendo, pero non é esa a súa función principal. O monxe do conto puido pasar o río usando os seus poderes desde un principio, prescindindo do barqueiro, pero quixo darlle unha oportunidade porque todos somos irmáns e compañeiros de camiño. Ora ben, tampouco se avergoña dos seus poderes e se realmente é capaz de camiñar sobre as augas faino, no momento certo, ante a necesidade de facelo pero non por gabarse nin probar nada nin situarse por riba dos seus irmáns. Tampouco cae na condescendencia, no salvacionismo, nada de nada, el prosegue o seu camiño con humildade. Con humildade, si, humildade da boa, da real, da que consiste no coñecemento dos propios límites.
12 de maio de 2013
A asertividade
Ás veces somos o noso peor inimigo, antepoñemos as necesidades dos demais á nosa, deixamos de vivir as nosas vidas para vivir as dos demais.
Aprender a dicir que non é unha desas habilidades imprescindíbeis que ninguén nos ensinou. Educáronnos na obediencia e o servilismo, dixéronnos que negarse a facer algo era egoísta, mentres aceptar é un acto de amabilidade, xenerosidade e empatía. Asumimos que dicir que non é unha falta de respecto cara á outra persoa, que non se merece iso de nós, e así nace o sentimento de culpa que ás veces experimentamos cando seguimos a nosa voz interior e nos negamos a facer algo porque non nos aporta nada ou mesmo nos prexudica. Se dicimos que non, sentímonos culpábeis. Preferimos evitar conflitos, non correr o risco de que unha relación se deteriore por dicir que non, porque necesitamos a aprobación dos demais e temos medo; medo de que nos marxinen, de que nos aparten do seu círculo e así perdamos oportunidades.Hai que reestruturar o noso pensamento para sentirnos cómodos ao dicir que non:
Temos dereito a dicir que non. O noso tempo é valioso, e dicir que non a algo permite dicir que si a outras cousas que de verdade nos interesan. Temos todo o dereito a priorizar os nosos proxectos e intereses persoais.
Se non o temos claro, atrasemos a decisión, digamos que o temos que pensar. Busquemos argumentos sólidos para poder aceptar ou rexeitar a petición. Podemos ser xenerosos, pero sen deixar que abusen de nós; se o que nos piden é excesivo podemos negociar unhas condicións equilibradas para aceptalo.
Cando digamos que non a alguén, fagámolo de xeito amable pero firme. Non inventemos escusas, porque iso pode facer que a situación se repita. Demostremos que respectamos os seus sentimentos e opinións. Establecendo os límites desde o principio e expresando o que non nos gusta, gañaremos o seu respecto.
Por último, se despois dunha negativa razoable a nosa relación con esa persoa se deteriora, veremos que o seu non era un afecto sincero senón interesado.
31 de out. de 2012
Sumando capacidades
Recoméndovos visitar esta páxina, descargar esta preciosa tipografía (fermosísima, orixinal, gratuíta) e compartilo, para seguir xuntos SUMANDO CAPACIDADES, unha lección que os que nos cremos mellor "capacitados" ás veces temos pendente...
http://www.annavives.com/1 de nov. de 2011
Para comezar
Este blog pretende servir de inspiración ás persoas que o desexen, ás que sintan a necesidade interior de saír á Procura do Graal, pero non se pode convencer a ninguén de semellante empresa, polo tanto prégase o máximo respecto nos comentarios, cuxa finalidade debe ser compartir aprendizaxes e recursos, non arremeter contra as aprendizaxes dos demais. Porque cada un de nós ten o seu propio camiño, non toda a xente ha de vivir as mesmas experiencias nin sacar as mesmas conclusións.
Aquí recóllese información, enlaces, bibliografía, reflexións persoais, todo o que sexa pertinente para axudar a dar os primeiros pasos, e non se me ocorre mellor xeito de comezar que con este fermoso video sobre o sentido da vida, quen es e quen podes chegar a ser, o concepto dun mesmo, os límites autoimpostos...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)