Todos atravesamos momentos difíciles nas nosas vidas, dolorosos e mesmo traumáticos. A maioría da xente pode superalo e continuar coa súa vida de maneira satisfactoria pero hai persoas que, mesmo anos despois, continúan a sufrir a causa dunha vivencia pasada que condiciona o seu autoconcepto, as súas crenzas, espectativas e benestar emocional.
En realidade isto non é exacto, é o que estas persoas dirán pero non é o que explica a neurociencia: máis ben continúan a sufrir a causa da lembranza desa vivencia, non da vivencia en si.
Cando se forma unha lembranza, o cerebro comeza a converter unha memoria temporal nunha memoria a longo prazo a fin de poder utilizar esa memoria máis adiante. O caso é que hai sobradas evidencias científicas de que cada vez que recuperamos unha memoria dun suceso, esta se fai inestable e permite a incorporación de nova información. É dicir, cada vez que "actualizamos" unha lembranza, por exemplo revivíndoa para contarlla a alguén, se carga de contidos novos que se crean durante esa revisión. As lembranzas non son como fotografías, estáticas, que reproducen fiel e obxectivamente un suceso, senón máis ben como un cadro pintado polo suxeito que nunca deixa de retocalo.
Isto significa que despois de revisar algún suceso autobiográfico almacenamos ese recordo como unha memoria nova, algo similar ao que sucede cando actualizamos un programa informático á versión seguinte. E agora vén o bo: sabendo isto podemos cambiar a maneira en que lembramos un suceso traumático e con isto as reaccións emocionais que o acompañan.
Hai algunhas dificultades para facer isto e porén milleiros de persoas o logran todos os días. O problema xorde, por exemplo, cando hai unha identificación excesiva do individuo coas súas vivencias e cre que a súa identidade consiste niso, na súa autobiografía. Este tipo de persoas vanse negar a mudar a súa interpretación dos feitos pasados, na crenza de que se o fixesen habería algunha clase de fractura na súa personalidade, algunha especie de "alienación". Ou pode ser que por un exceso de rixidez mental a alguén lle resulte inconcebible a posibilidade de "mudar o pasado", na convicción (irracional e anticientífica, por máis que eles insistan no contrario) de que as cousas son tal e como eles as lembran e calquera mudanza niso sería faltar á Verdade.
Cando evocamos, con axuda dun terapeuta e nun contexto seguro, esas lembranzas traumáticas, estamos traballando na reconsolidación desas memorias, actualizando o software para unha versión con información diferente da que realimentaba o noso sufrimento unha e outra vez. Introducimos información nova que cambia o noso sentir ao respecto (por exemplo, agora que es un home adulto de 40 anos sabes os motivos polos que túa nai actuaba así contigo cando eras neno, tamén sabes que ela te quería pero non sabía expresalo, e sabes que ti es capaz de sentir e expresar amor e que non repetirás cos teus fillos ese patrón de conduta).
O cerebro pode cambiarse a si mesmo, a neurociencia teno moi estudado, es ti quen te negas a facelo por apego aos vellos contidos da túa mente. Eses contidos poden revisarse, reinterpretarse e non ser máis un agravio sufrido, senón unha aventura vital que nos proporcionou aprendizaxes coas que hoxe podemos vivir mellor.
Amosando publicacións coa etiqueta neurociencia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta neurociencia b>. Amosar todas as publicacións
27 de ago. de 2017
23 de xul. de 2017
Lunáticos todos
Mañá hai Lúa Nova. Comeza pois un novo ciclo lunar. Desde antigo se ten considerado que existe unha conexión entre as fases da Lúa e o estado de ánimo, pero recentemente varios estudosos de diferentes disciplinas, entre eles algúns neurocientíficos, estableceron correspondencia entre as catro fases lunares e catro neurotransmisores básicos. Isto pode axudarnos a comprender como nos sentimos e aproveitar cada momento para as actividades idóneas segundo as nosas capacidades.
Primeira semana lunar: Lúa Nova/Cuarto Crecente. Acetilcolina
Na primeira semana do ciclo lunar volvémonos máis sensibles, máis receptivos ao emocional, procuramos compañía e actividades en grupo. Anque nos custa concentrarnos nunha tarefa temos moita enerxía que podemos utilizar para emprender novos proxectos e aprender cousas novas porque a acetilcolina se asocia á memoria e a aprendizaxe. Tradicionalmente tamén se vén considerando que a lúa nova é ideal para iniciar novos proxectos, sementar plantas, expresar intencións e en xeral aproveitar a enerxía ascendente.
Segunda semana lunar: Cuarto Crecente/Lúa Chea. Serotonina
Na segunda semana aumenta a nosa enerxía, concentración mental e creatividade. Podemos sentirnos satisfeitos e desaproveitar o gran potencial da serotonina, pero se reservamos algúns momentos en soedade para a reflexión e a concreción dos nosos proxectos pode ser o periodo máis produtivo do mes a todos os niveis.
Terceira semana lunar: Lúa Chea/ Cuarto Minguante. Dopamina
É unha semana de distracción e divertimento, relacións
sociais e gran empatía. Está asociada coas experiencias e estímulos de pracer, recompensa e excitación. É o momento de
descansar e gozar do que fixemos.
Cuarta semana lunar: Cuarto minguante / Lúa nova. Norepinefrina (ou noradrenalina)
13 de maio de 2016
Non hai maior cego que o que non quere ver
Moitos xa o sabiamos pero cada vez hai máis constatacións científicas: para ver algo hai que querer velo. O verdadeiro órgao de visión é o cerebro e non os ollos, cremos que a nosa visión funciona como unha cámara e presenta datos obxectivos do que está aí fóra pero iso non é certo.
Así que ao próximo que nos diga iso de "eu só creo no que ven os meus ollos" podedes dicirlle que está demostrado (reiteradamente) que máis ben pola contra, só ve aquilo no que cre. Esa é unha das razóns (non a única) de que algunhas persoas vexan enerxías do mundo sutil eoutras non (incluso hai persoas que entran nun lugar onde hai unha enerxía presente e cédenlle o paso, ou van sentar nun sitio que está ocupado e deciden no último momento cambiar de asento... e din que non ven!)
Artigo que inspirou esta reflexión AQUI
Así que ao próximo que nos diga iso de "eu só creo no que ven os meus ollos" podedes dicirlle que está demostrado (reiteradamente) que máis ben pola contra, só ve aquilo no que cre. Esa é unha das razóns (non a única) de que algunhas persoas vexan enerxías do mundo sutil eoutras non (incluso hai persoas que entran nun lugar onde hai unha enerxía presente e cédenlle o paso, ou van sentar nun sitio que está ocupado e deciden no último momento cambiar de asento... e din que non ven!)
Artigo que inspirou esta reflexión AQUI
25 de xan. de 2015
Unha vez máis, o mapa non é o territorio
Todos percibimos o noso entorno e a nós mesmos, con maior ou menor detalle dependendo da nosa capacidade de observación e interpretación, coma no conto dos cegos e o elefante. Despois compartimos as nosas impresións con outras persoas e chegamos a unha serie de acordos que damos en chamar "realidade". E nesta realidade consensuada pola maioría, nesta competencia aprendida, cada un verá claramente unhas cousas e deixará de ver outras que escapan ao rango de observación no que está situado. Porque a forma en que vemos o mundo só é iso, unha forma de velo, non o mundo en si mesmo. E está probado que cada quen configura o seu mundo de acordo coas súas crenzas, reforzándoas constantemente, fixándose máis nas cousas que coinciden coas súas ideas previas e desestimando as que non, achegándose a outras persoas que comparten estas crenzas e apartándose das que non. Cada observador ten os seus límites, e poderá actuar no mundo conforme ao que sexa capaz de observar. Desgrazadamente a maioría da xente aférrase ás súas crenzas, incluso moito máis do que sería loxicamente esperable. Moitos persisten nas súas crenzas incluso despois de que se desmonten os feitos e teorías en que se baseaban.
Por outra parte temos unha sensación de control sobre nosa vida que non é máis que unha ilusión: o hemisferio esquerdo inventa historias para xustificar o comportamento do hemisferio dereito, que case sempre se lle adianta á hora de tomar decisións. O hemisferio esquerdo tranquilízanos facéndonos crer que as nosas accións tiñan unha xustificación racional. Por iso, quen crea que o razoamento intelectual é a súa guía sempre e en todo momento está moi perto do dogmatismo e a intolerancia, e son moitos os cadáveres que a súa sombra oculta no lóbrego da súa casa.
Estás disposto a cuestionarte o mundo? E a túa percepción do mundo? E os teus procesos intelectuais? E a túa personalidade?
17 de ago. de 2014
Ti como es? Visual, auditivo ou kinestésico?
Non é certo que unha imaxe valla por mil palabras. A Programación Neurolingüística ten estudado que non todas as persoas damos e recibimos información coas mesmas ferramentas, hai tres modalidades de comunicación e anque todos as usamos, cada quen utiliza unha delas preferentemente. Estas modalidades son: visual, auditiva e kinestésica, pois son a vista, o oído e o tacto os sentidos principais cos que interactuamos os humanos.
Todos temos os tres sistemas representacionais e usamos un ou outro segundo o contexto, por exemplo, podemos ser máis auditivos no centro de traballo pero kinestésicos á hora de preparar unha viaxe. Ora ben, cada persoa soe ter unha modalidade predominante e saber cal é a túa pode axudarte a mellorar a túa comunicación e aprendizaxe. Igualmente no caso dos teus achegados, compañeiros de traballo, alumnos, clientes, veciños, etc. pode servirche para comprender por que comprenden mellor unhas cousas que outras e facerte entender por eles con máis eficacia a próxima vez.
Como docente, sei de sobra que na escola é frecuente que un estudante teña máis facilidade para unhas materias que para outras. Ademais de valorar se é pola asignatura en si, tamén podemos ter en conta a maneira en que se transmiten os contidos. Con frecuencia o profesorado procura fórmulas para mellorar a súa praxe, e tamén cada pouco hai algunha reforma educativa que promove un estilo ou outro (os kinestésicos foron, durante moito tempo, os grandes prexudicados do sistema, pero tampouco vai mellorar a aprendizaxe de todos os alumnos a experimentación, que non todos prefiren). Non hai unha única maneira de transmitir con eficacia para un alumnado naturalmente heteroxéneo, así que talvez o máis prudente sexa asegurarnos de que na nosa aula usamos os tres estilos comunicativos en cada unidade, e nunca tomarnos a mal que un alumno non saiba algo que acabamos de "explicar"...
Todos temos os tres sistemas representacionais e usamos un ou outro segundo o contexto, por exemplo, podemos ser máis auditivos no centro de traballo pero kinestésicos á hora de preparar unha viaxe. Ora ben, cada persoa soe ter unha modalidade predominante e saber cal é a túa pode axudarte a mellorar a túa comunicación e aprendizaxe. Igualmente no caso dos teus achegados, compañeiros de traballo, alumnos, clientes, veciños, etc. pode servirche para comprender por que comprenden mellor unhas cousas que outras e facerte entender por eles con máis eficacia a próxima vez.
VISUAL
- Ten lembranzas maioritariamente visuais, e pode por exemplo describirche con detalle as escenas dunha película.
- Memoriza mellor con diagramas, cadros, esquemas.
- Lembra o que le mellor que o que escoita. Soe escribir as cousas para lembralas mellor.
- Gústanlle as artes plásticas.
- Ten bo sentido da orientación.
- Ten facilidade para recoñecer unha cara e xogar a lembrar parellas de imaxes.
- Soen ser persoas ordeadas.
- Soen apagar a radio cando conducen en circunstancias conflitivas.
- Comunica con moita enerxía e utiliza palabras de significado visual: Como vimos onte... / Perdoa pero nono vexo claro... / Viches? / Despídese de ti cun " Veña ata logo, vémonos!"
AUDITIVO
- Lembra mellor o que oe que o que ve.
- Soe tararear ou tamén falar só.
- Necesita falar, escoitarse a si mesmo axúdalle a aclarar as súas ideas.
- Tamén lle gusta escoitar, dánselle ben as profesións onde escoitar sexa importante.
- Prefire instrucións verbais antes que escritas.
- Son máis tranquilos que as persoas visuais, a súa comunicación é máis calmada e poden molestarlle incluso os timbres de voz dalgunhas persoas.
- Usa palabras de significado auditivo: Non che soa isto? Non sei, a min non me soa de nada / , Pódese dicir máis alto pero non máis claro / Despídese de ti cun "Ata logo entón, xa falaremos!"
KINESTÉSICO
- Aprende mellor experimentando, facendo cousas mellor que só lendo ou escoitando.
- Gústanlle as actividades físicas (bailar, practicar deportes).
- Gústalle traballar coas mans.
- Desconcéntrase facilmente cando hai música alta de fondo ou demasiada xente falando.
- Camiñan cando falan por teléfono.
- Son máis lentos para falar, non teñen presa como os visuais.
- Usa unha linguaxe metafórica, con referencias ao tacto, olfato e gusto: Isto sábeme mal pero... / Bótame unha man con isto / Vaia puñalada me deu / Sinto que non me comprendes / Despídese de ti cun "Ata logo, estamos en contacto!"
13 de xan. de 2014
Gustirrilín cerebral ??
Quero compartir convosco esta interesantísima información sobre o ASMR, un fenómeno pouco estudado pero que moitos de nós experiementamos ao darnos Reiki ou acadar estados de meditación profunda. Os científicos acaban de aceptar a súa existencia ao poderen rexistrar o fenómeno e medilo, pero aínda non ten un "nome oficial", de momento chámanlle ASMR, siglas en inglés de "Resposta Sensorial Meridiana Autónoma". Consiste nun fenómeno biolóxico en resposta a determinados estímulos visuais, auditivos ou cognitivos que se caracteriza por unha pracenteira sensación de formigueo que se dá na cabeza e coiro cabeludo e pode expandirse a outras partes do corpo. Parece ser que xa bastantes persoas comezan a sentilo (ou a atreverse a dicir que o senten) mentres realizan diversos tipos de tarefas relaxantes ou observan a outras persoas realizalas (cousas simples como cociñar, pintar) ás veces de xeito espontáneo e outras buscado a propósito (escoitando audios con sonidos binaurais, por exemplo).
13 de xan. de 2013
Inconsciente...
O outro día pasei a tarde cun amigo con quen hai moito tempo que non mantiña unha conversa longa e profunda. Ambos estamos moi cambiados e non nos entendemos ben. Atopeino devorado polo arquetipo racionalista, ata o punto de que cando lle suxerín que a intuición tamén era unha ferramenta válida me respondeu, cun convencemento abraiante,que a intuición só é o resultado dunha cadea de razoamentos que se esqueceron. (Era consciente do que dicía, que para el as persoas intuitivas son unhas desmemoriadas...?) No seguinte vídeo de divulgación científica trátanse algunhas das investigacións en que se ocupa a neurociencia actualmente. Entre outros temas interesantes fala da intuición e a creatividade.
10 de nov. de 2011
Cuestionando a nosa percepción do mundo
Déixovos os enlaces a algúns dos meus programas favoritos de Redes que merecen verse con calma:
1. O cerebro ten unha percepción exacta da realidade? A pregunta dá por sentado que existe algún tipo de realidade fóra de min mesma... Pero ninguén pode asegurar iso.
o cerebro constrúe a realidade
2. Somos seres racionais... ata certo punto (un punto moi pequeno: a gran maioría das nosas decisións na vida non se toman mediante o pensamento racional)
as decisións son inconscientes
3. A intuición é un mecanismo tan válido como o pensamento racional (en ocasións incluso máis)
a intuición non é irracional
4. Elixir entre moitas cousas non significa liberdade, nin felicidade: menos é máis
por que menos é máis
Para ver seguidos e despois sacar conclusións!
1. O cerebro ten unha percepción exacta da realidade? A pregunta dá por sentado que existe algún tipo de realidade fóra de min mesma... Pero ninguén pode asegurar iso.
o cerebro constrúe a realidade
2. Somos seres racionais... ata certo punto (un punto moi pequeno: a gran maioría das nosas decisións na vida non se toman mediante o pensamento racional)
as decisións son inconscientes
3. A intuición é un mecanismo tan válido como o pensamento racional (en ocasións incluso máis)
a intuición non é irracional
4. Elixir entre moitas cousas non significa liberdade, nin felicidade: menos é máis
por que menos é máis
Para ver seguidos e despois sacar conclusións!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



