Amosando publicacións coa etiqueta ioga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ioga. Amosar todas as publicacións

28 de feb. de 2019

A consciencia do observador





O ollo con que vexo a Deus é o mesmo ollo con que Deus me ve (Mestre Ekhard, séc. XIII)




Esta aparente contradición, que se asemella tanto a un koan, compréndese perfectamente en estado meditativo, cando un é ao mesmo tempo o observador e o observado, plenamente consciente de si mesmo e do seu propio rol no proceso de decatarse dese mesmo proceso que dilúe todas as diferencias entre o que crea a realidade (observador) e a realidade resultante (observado).

É imposible de explicar, por iso se bota man de imaxes, comparacións e parábolas. O mellor é poñerse a experimentalo porque paga a pena, mesmo que só sexa por unha vez e sen chegar a comprendelo, sentir como se borran as fronteiras de todo canto existe e vivenciar esa sensación de unidade absoluta con todo.

Para min é unha constatación de que somos algo máis que un corpo, unha simple estrutura material. Só en estado meditativo te liberas da escravitude da mente. A maioría da nosa actividade mental só serve para desenvolver máis actividade mental aínda. Somos adictos ao noso pensamento, que só é unha das estratexias posibles para relacionarse co mundo, pero por algunha razón os seres humanos despois de tantos milleiros de anos de evolución ao final acabamos por identificarnos con el e hoxe desprezamos outras estratexias e xa non as utilizamos, de todas as ferramentas que tiñamos decidimos prescindir, e quedarnos exclusivamente co noso razoar.

O único necesario para comprender todo isto é unha mente en calma, entón comezarás a percibir máis alá da propia mente. En estado meditativo entras noutro nivel de realidade, ou se o prefires, outro estado de consciencia, onde é posible a plenitude sen paliativos, "ese alén que está no interior" como se di no Tao.

Visita esta excelente páxina con consellos para iniciarse na MEDITACION.

Aquel que mira fóra, soña; aquel que mira dentro, esperta (Carl G. Jung)


13 de maio de 2014

Unha tormenta solar pode afectarme?

Ao parecer si. Cada vez documéntanse máis casos de persoas que sofren alteracións de diverso tipo coincidindo coas tormentas solares, especialmente dores de cabeza máis ou menos intensas, que os médicos non acaban de diagnosticar.
En primeiro lugar coméntovos que eu souben disto porque me pasaba, e deixou de pasarme a base de limpezas enerxéticas, comer menos, beber moita auga, pasear o máximo posíbel ao lado do mar, moito reiki, moita sanación chamánica e, en resume, elevar o meu nivel vibratorio, que é do que se trata.
En segundo lugar apórtovos algunha información para que ampliedes se vos interesa, por exemplo:
- Que tipos de tormentas solares hai e como nos afectan, AQUI
- Desde un punto de vista enerxético como son e cales son os síntomas máis frecuentes AQUI e tamén AQUÍ
- Outro punto de vista, nada metafísico por certo, AQUÍ
- Por último a recomendación é sempre elevar o teu nivel vibratorio, practicando asiduamente o tipo de sanación que prefiras. Podes comezar por:


30 de abr. de 2012

Beneficios da meditación

Xa temos falado do ioga e os seus beneficios para mellorar, por exemplo, a depresión. Hoxe quero comentarvos que tamén a meditación axuda. A meditación é unha práctica saudable que ten demostrado sobradamente os seus efectos para diminuír a presión sanguínea, estabilizar o ritmo cardíaco e a respiración e controlar as respostas emocionais a situacións estresantes, entre outros moitos beneficios facilmente comprobables mediante probas médicas obxectivas. Pero hoxe centrareime en que a meditación regular xera conexións neuronais robustas en áreas onde a falta delas produce a depresión, o déficit de atención, a demencia e outros padecementos. Hai varios estudos científicos neste sentido, por exemplo, un experimento realizado por científicos chineses da Universidade de Dalian en colaboración co psicólogo Michael I. Posner da Universidade de Oregon, mostrou que meditar regularmente aumenta as conexións neuronais en áreas cerebrais relacionadas coa regulación do estado de ánimo, o comportamento e a toma de decisións. Nesta área tamén se manifestan trastornos como o déficit de atención, a demencia senil, as adiccións e a depresión, polo que se están investigando as posibles adaptacións de técnicas de meditación para tratar estes padecementos. O experimento foi realizado con estudantes universitarios que meditaron 11 horas en intervalos de 30 minutos durante un mes (relaxación corporal, visualización, escoitar música e atención concentrada). Ao realizar exames de resonancia magnética, o grupo que meditou mostrou conexións robustas na área da circonvolución do cíngulo anterior a diferenza dos que non meditaron, que non mostraron este incremento nas súas conexións neuronais. Así que con menos de 30 minutos ao mes diarios, meditando podemos ampliar significativamente as nosas redes sinápticas.
Ler máis beneficios da meditación



As vantaxes da meditación cada vez fanse máis evidentes, mostrando que a division entre o corpo e a psique non é tan radical como se pensa... "Iso chamado corpo é unha porción da alma discernida polos cinco sentidos" (William Blake).

25 de abr. de 2012

Depresión e ioga

A depresión é cada vez máis frecuente e aumenta a inxesta de antidepresivos, que poden ser efectivos pero tamén poden provocar efectos secundarios problemáticos. Moitas veces se recomenda o exercicio para tratar a depresión, pero tamén é bo probar outras alternativas, como o ioga e a meditación, que ademais de axudar na depresión reducen a tensión, a ansiedade e os estados de pánico, estabilizan a saúde e a alegría na vida.
Os psicólogos e os ioguis están de acordo en que a sensación de felicidade xorde cando o momento presente nos absorbe. O noso corpo sempre está en presente, pero a mente é un viaxeiro continuo; a práctica do ioga evita isto pola forma en que se practican as asanas (posturas), concentrando toda a atención nas sensacións e na respiración. Se simplemente se fai un movemento físico, sen consciencia, non se logran todos os beneficios que o ioga pode aportar. O ioga diferénciase doutro exercicio físico en que require que se preste toda a atención á respiración e ás sensacións do corpo, sendo precisamente iso o que máis inflúe no alivio da depresión.
Ademais de cultivar a consciencia, a práctica do ioga nutre o cerebro e equilibra o sistema nervioso. O tipo de respiración profunda que se fai no ioga, usando o diafragma, cambia os patróns de respiración superficial asociada á depresión e a ansiedade. Os estudos tamén demostran que a práctica do ioga reduce o cortisol, a hormona do estrés, e aumenta as endorfinas.
Cando alguén se concentra verdadeiramente nas posturas e na respiración consciente non pode pensar noutra cousa que non sexa a clase de ioga e andando o tempo chega a desenvolver un tipo de consciencia que lle permite presenciar e observar como cambian as sensacións internas, comprender que os estados anímicos son pasaxeiros e non sobredimensionalos. Por iso non sentirán algo como "estou deprimido" senón unha serie de sensacións presentes observadas obxectivamente.