Amosando publicacións coa etiqueta alimentación b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alimentación b>. Amosar todas as publicacións
20 de set. de 2017
25 de xul. de 2017
Soberanía alimentaria
Esther Vivas, licenciada en Periodismo e Máster en Socioloxía, forma parte do Centro de Estudios sobre Movimientos Sociales (CEMS) na Universidad Pompeu Fabra sendo autora de varios libros sobre soberanía alimentaria e consumo crítico, para facernos conscientes de como se constrúe a fame no mundo para beneficio duns poucos.
.
.
5 de xul. de 2016
Tempo de caléndulas
Sen dúbida unha das miñas flores favoritas, no xardín e na casa, no verán está no seu mellor momento.
É hora de recolectar as cabezas florais para elaborar o prezado aceite de caléndula, de moitos usos cosméticos e medicinais.
Estas son as sementes que quedan nas flores non recolectadas, deixarémolas madurar e sementarémolas para seguir tendo flores no xardín. As caléndulas son moi pouco esixentes, soportan o pleno sol, necesitan pouca rega e nada de abono. Xerminan moi facilmente e florecen en poucas semanas, producindo abundante semente para a tempada seguinte.
Despois da sementeira conclúe o traballo no xardín, agora comeza o traballo na cociña.
Enchemos varios botes de vidro con flores ata arriba e cubrímolas totalmente de aceite (oliva virxe extra, primeira extracción en frío)
Tapamos e colocamos ao sol durante 40 días aproximadamente. Cada día é bo axitar un pouco o bote para asegurarnos de que todas as flores se empapan e non quedan ocos con aire, ou podemos poñer os botes un día de pé e ao seguinte boca abaixo (este remeneo evitará que se forme balor).
Despois do duro traballo podemos refrescarnos cunha deliciosa ensalada que tamén inclúe, como non, pétalas de caléndula. Bo proveito!!
28 de xul. de 2015
Ovos de ouro
Nasrudín rexentaba unha pousada nun camiño por onde un día pasou o rei e apeteceulle tomar unha tortilla. Cando rematou preguntou canto debía, ao que Nasrudín contestou que cen moedas de ouro.
- Vaia, pois si que deben de escasear os ovos por aquí -dixo o rei.
- Non, señor -respondeu Nasrudín-, o que escasea son as visitas dos reis.
- Vaia, pois si que deben de escasear os ovos por aquí -dixo o rei.
- Non, señor -respondeu Nasrudín-, o que escasea son as visitas dos reis.
Come ovos se che gustan, incluso todos os días, porque os estudos recentes demostran que son beneficiosos para a saúde e non elevan o colesterol. O problema non son os ovos, senón as frituras, así que se en realidade o que che gusta non son os ovos, senón os ovos fritos, si que pode ser un problema, e deberías buscar outra forma de preparación que che permita gozar do delicado sabor da xema case crúa e a clara cociñada pero sen fritir, por exemplo ao forno.
11 de set. de 2014
27 de ago. de 2014
10 alimentos para sacar un 10
Levamos un ritmo de vida acelerado, comemos sen xeito e en ocasións realizamos dietas para perder peso que privan ao organismo de nutrintes fundamentais. Actuamos así durante anos porque os prexuízos, na maioría dos casos, non se aprezan ata moitos anos despois.Como xa se aproximan os exames de setembro e a "Volta ao cole" é interesante reflexionar sobre a alimentación.
Alimentar ben o cerebro, xunto con outros hábitos de vida saudables como facer exercicio físico regularmente e evitar o estrés, axuda a previr accidentes cerebrovasculares e enfermidades neurodexenerativas. Aínda máis, un cerebro ben nutrido rende mellor en momentos de fatiga, está máis atento, concéntrase mellor e é capaz de realizar dun xeito máis eficiente as súas funcións básicas diarias. O cerebro representa só o 2% do noso peso pero necesita ao redor do 20% da enerxía que inxerimos. En función dos nutrintes que reciba, a súa actividade será diferente. É dicir, o que comemos repercute inmediatamente na produción dos sinais químicos do cerebro. Estas substancias, responsables da transmisión de información ao longo do sistema nervioso, son os chamados neurotransmisores, e poden modularse en parte coa alimentación. Por medio dela poderiamos influír sobre o noso humor e o comportamento, axudar a aliviar a depresión, a ansiedade, a neurose e os trastornos do sono.
Para mellorar a saúde e as funcións do cerebro a través da alimentación, son fundamentais alimentos coma estes:
- Auga. É o compoñente maioritario do corpo humano, non podemos vivir sen hidratarnos ben e nas persoas que fixeron folga de fame comprobouse que é posible sobrevivir máis dun mes sen alimentos sólidos pero sen auga non se resiste máis de 15 días. A auga debe considerarse como un verdadeiro nutrinte e sen ela a vida non é posible. As necesidades de auga varían en función do peso corporal, actividade física, etc. pero en calquera caso o cerebro, que contén un 91% de auga, necesita hidratarse regularmente.
- Brócoli. É a raíña das crucíferas (coliflor, col, nabos...) Ten poucas calorías, proteínas e azucres, apenas graxas, moita auga, fibras, vitaminas e minerais. O brócoli é unha verdura antioxidante extraordinaria para a saúde con moitos folatos beneficiosos para a memoria.
- Plátano. Os diabéticos deben consumilo con moderación. Bos azucres, boas vitaminas e minerais. Ademais polo seu baixo contido en sodio prevén a retención de líquidos. Contén glúcidos complexos que dan enerxía de longa duración para deportistas, nenos, anciáns, etc., mentres a vitamina B6 intervén na síntese da dopamina, un neurotransmisor que inflúe na memoria e o bo humor.
- Té verde. Ultimamente asistimos a unha revalorización do té verde, que non se fermenta, porque é baixo en excitantes e rico en antioxidantes. Algúns estudos revelan que impide o desenvolvemento de determinados tumores e protexe as funcións cerebrais. Se queres obter un sabor perfecto non fervas demasiado a auga nin deixes infusionar demasiado tempo: tres minutos a uns 70 grados é suficiente.
- Peixe azul. Por que hai tantos alimentos "enriquecidos" con omega-3? Porque forman parte das células, son básicos para as funcións neuronais e participan na formación da retina, pero só nos chegan a través da dieta (peixe azul, aceites de soia e froitos secos como as noces). Para conseguir niveis óptimos de omega-3 hai que consumir peixe azul 3-4 veces por semana.
- Noces. Son o medicamento máis natural para o corazón e o máis antioxidante. Recoméndase tomar tres ou catro todos os días, non máis porque son calóricas e engordan. Realmente protexen das enfermidades do corazón, fluidifican o sangue, equilibran o colesterol e os triglicéridos, melloran as capacidades de aprender e os trastornos de humor.
- Queixo parmesano. É moi rico en calcio, contén fósforo, vitaminas e proteínas de calidade, polo que está recomendado para nenos, adolescentes e embarazadas, xa que axuda a manter os ósos e dentes sans. Excelente fonte de tirosina, un aminoácido precursor da dopamina, que favorece a memorización e a aprendizaxe.
- Espinacas, endibias e pipas de xirasol. Son ricas en acido fólico, que intervén en reaccións metabólicas importantísimas e na formación, desenvolvemento e maduración dos glóbulos vermellos, que levan o osíxeno desde os pulmóns a todas as células do organismo. Acido fólico e ferro, gran combinación para mellorar o rendemento cerebral. Se es carnívoro tamén podes obter estas vantaxes comendo fígado. As pebidas poden tomarse no canto de lambetadas azucaradas, conteñen graxas poliinsaturadas, proteínas, carbohidratos, moita vitamina E, acido fólico e fibra, flavonoides, ferro, magnesio, outeiro, betaina, lignanos e fitoesterois. Preveñen as enfermidades cardiovasculares e os ataques cerebrais (ictus), reducen o colesterol, protexen o sistema arterial, axudan ao desenvolvemento cerebral... Pero claro, mellor sen sal e sen abusar.
- Pemento. É un dos alimentos máis ricos en vitamina C, o vermello incluso supera aos cítricos, o problema é que se perde coa cocción. Ten tamén outras vitaminas, acido fólico, fibra, magnesio, cobre, antioxidantes... Segundo traballos recentes pode mitigar e axudar ás persoas co mal de Alzheimer.
- Chocolate. É unha auténtica marabilla: favorece a produción de endorfinas, pero talvez por iso moitas persoas abusan do seu consumo. Unha onza de chocolate ao día axuda a previr problemas cardiovasculares, a reducir a presión arterial, beneficia o sistema circulatorio, aporta vitaminas e minerais. Ademais, o cacao diminúe a formación de radicais libres que causan cancro e avellentamento prematuro. Falamos de chocolate auténtico, mellor sen leite, 70% de cacao.
Como eu prefiro falar en positivo, enfoquei así esta entrada, pero tamén podes atopar na Rede información sobre alimentos prexudiciais, por exemplo AQUÍ.
E non esquezas que para osixenar o cerebro ademais son convenientes o exercicio e as comidas lixeiras e frecuentes.
11 de maio de 2014
Operación bikini
Nestas alturas do ano aumenta exponencialmente a cantidade de persoas que se apuntan ao ximnasio e/ou acoden ao médico para baixar eses quilos de máis acumulados durante o frío inverno. Ai, que ricas estaban as lentellas, os garavanzos con bacallau, o turrón do Nadal, as orellas do Entroido... E sobre todo, que ben se está, que a gustiño, estomballados no sofá mentres fóra caen chuzos de punta. Porque a inactividade, a televisión, a computadora, engordan máis que calquera guiso de mamá.
Por unha parte a sociedade nos presiona cos seus canons de beleza. Por outra parte chega o bo tempo e en xeral ensinamos máis carne que cos envoltorios invernais. En terceiro lugar sacamos do armario a roupa de verán e haberá presuposto ou non para adquirir roupa nova así que a primeira opción é meterse na do ano pasado, espello cruel de como pasa o tempo... Engordei todo isto? Caemos entón nos bos propósitos estacionais coñecidos como "operación bikini" (dieta, exercicio...) que a finais do verán abandonamos co resultado de sufrir de novo os efectos típicos do inverno máis o efecto rebote!
Existen, porén, outras razóns para o sobrepeso, outros factores que veñen a sumarse aos anteriores: factores emocionais. A ansiedade (por exemplo ao deixar de fumar), pode conducir a refuxiarse comendo; o medo, a necesidade de protexerse dos demais, as feridas sufridas na infancia, o estrés, o enfado mal xestionado, a depresión e a sensación de abandono, a baixa autoestima...
Toda sanación espiritual tropezará, tarde ou cedo, co noso autoconcepto, que se forma de moitas maneiras, unha delas o que vemos cando nos miramos no espello. Así que perder peso non é un asunto trivial, unha moda de tempada, pois dependendo da persoa perder peso pode implicar un traballo espiritual a un nivel moi profundo. Hai que facer vida sa, moverse máis, comer adecuadamente, cambiar de hábitos, si, todo iso é conveniente, pero coñezo moitas persoas que seguindo estes consellos non adelgazan, e tamén coñezo outras que non se coidan nada e teñen o peso ideal. De onde se deduce que os outros factores, os emocionais, inflúen moito. Hai que facer vida sa e sanar a ferida. As dúas cousas.
Déixovos un audio magnífico para escoitar pola noite xusto antes de durmir, xa na camiña cos ollos pechados. E se te dormes escoitándoo non é malo, todo o contrario, caerá directamente no subconsciente, que é do que se trata.
Por unha parte a sociedade nos presiona cos seus canons de beleza. Por outra parte chega o bo tempo e en xeral ensinamos máis carne que cos envoltorios invernais. En terceiro lugar sacamos do armario a roupa de verán e haberá presuposto ou non para adquirir roupa nova así que a primeira opción é meterse na do ano pasado, espello cruel de como pasa o tempo... Engordei todo isto? Caemos entón nos bos propósitos estacionais coñecidos como "operación bikini" (dieta, exercicio...) que a finais do verán abandonamos co resultado de sufrir de novo os efectos típicos do inverno máis o efecto rebote!Existen, porén, outras razóns para o sobrepeso, outros factores que veñen a sumarse aos anteriores: factores emocionais. A ansiedade (por exemplo ao deixar de fumar), pode conducir a refuxiarse comendo; o medo, a necesidade de protexerse dos demais, as feridas sufridas na infancia, o estrés, o enfado mal xestionado, a depresión e a sensación de abandono, a baixa autoestima...
Toda sanación espiritual tropezará, tarde ou cedo, co noso autoconcepto, que se forma de moitas maneiras, unha delas o que vemos cando nos miramos no espello. Así que perder peso non é un asunto trivial, unha moda de tempada, pois dependendo da persoa perder peso pode implicar un traballo espiritual a un nivel moi profundo. Hai que facer vida sa, moverse máis, comer adecuadamente, cambiar de hábitos, si, todo iso é conveniente, pero coñezo moitas persoas que seguindo estes consellos non adelgazan, e tamén coñezo outras que non se coidan nada e teñen o peso ideal. De onde se deduce que os outros factores, os emocionais, inflúen moito. Hai que facer vida sa e sanar a ferida. As dúas cousas.
Déixovos un audio magnífico para escoitar pola noite xusto antes de durmir, xa na camiña cos ollos pechados. E se te dormes escoitándoo non é malo, todo o contrario, caerá directamente no subconsciente, que é do que se trata.
25 de abr. de 2014
Flores comestibles
Persoalmente hai tempo que consumo flores en ensalada e tamén en marmelada, en aceite e en vinagre. Son habituais da miña mesa a capuchina, a rosa e o clavel, a lavanda, os xeranios, as violetas, o trevo, todas as flores das aromáticas usadas habitualmente na cociña, así como as das árbores froiteiras e as das hortalizas. e moitas outras que vos recomendo probar pero coidado, sempre cultivándoas vós mesmos porque os tratamentos químicos que lles botan ás plantas ornamentais son aínda máis velenosos que os usados nas que se destinan ao consumo humano!
Hai moitos anos que comecei a experimentar, axudándome destes libros:
XOSE RAMON GARCIA: Guía das plantas de Galicia, ed. Xerais, ISBN: 978-84-9782-939-7
MIGUEL MOSQUERA PAANS: A nosa botica, ed. Do Cumio, ISBN: 978-84-8289-465-2
JEKKA MCVICAR: Del jardín a la mesa, ed. Tres Torres, ISBN: 84-7747-201-7
As miñas verduras á grella con pétalas de caléndula e xasmín
20 de mar. de 2013
20 de marzo, Día Mundial sen Carne
Sabías que o 18% de emisions de gases de efecto invernadoiro é produto da gandería? Ou sexa, animais de granxa.
O 13% é ocasionado pola suma de todos os transportes ( e isto inclúe mooitos transportes de ou para animais de granxa).
Entre un 40-50% dos cereais que cultivamos non son consumidos por humanos, senón polo gando. No caso da soia, case o 75%. Desde hai varios anos talan os bosques tropicais de América para plantar soia transxénica para alimentar o gando (e os bosques tropicais eran imprescindíbeis para absorber CO2) .
Entre 1950 - 2000, a poboación mundial aumentou de 2600 millons a 6000 millons de persoas, pero a produción de carne multiplicouse por cinco: de 45000 a 233000 millons de kilos de carne ao ano (e a pesar de todo isto segue habendo xente que literalmente morre de fame cada día).
A carne non é un produto sostíbel.
Amplía información AQUÍ, ou AQUÍ
22 de nov. de 2011
Comer para vivir, vivir para comer...
Comer... Non é doado atopar outra actividade humana que implique tan intensamente os cinco sentidos, e por iso todas as comidas teñen un gran poder evocador, como a madalena de Proust ou o ratatouille do fermoso filme de animación.
O que comes (cantidade, cualidade, frecuencia, compañía, etc.) reflicte moi ben quen es, amosa os teus desexos, os teus apegos, o afán por comer aquelas cousas de que careces na túa vida, por exemplo casos extremos e moi visibles: o tímido ou disconforme consigo mesmo que bebe para desinhibirse e ser outro, o amargado que devece polos doces... Algunhas persoas comen en exceso para calmar a súa ansiedade, outras cando padecen ansiedade "péchaselles o estómago".
A nosa relación coa comida é un espello da nosa relación con determinadas persoas ou situacións que non sempre sabemos xestionar; vese por exemplo nas leccións de supernanny cando lles ensina aos pais a gañarlles esa batalla da hora de comer aos seus fillos rebeldes; outro exemplo, bastante dramático, é o da anorexia e a bulimia; outro caso é o das persoas que deixan de inxerir determinados alimentos polas súas conviccións (por exemplo carne) ou tamén, e pódense atopar facilmente en internet, persoas que declaran non comer en absoluto porque o seu estadio de evolución espiritual é moi elevado.
Ademais non sempre é unha actitude consciente: hai persoas que comen pouco e aínda así engordan, outras por máis que coman non engordan nunca, ao parecer debido a que o corpo ten memoria, é dicir, todas as células do corpo teñen memoria, "o cerebro" non é o único que lembra cousas e as nosas actitudes vitais almacénanse non só "na cabeza". Por iso moitas dietas fracasan e os especialistas insisten en que non hai que "facer dieta" senón modificar hábitos alimentarios; isto é difícil de facer se non se mudan tamén as actitudes e crenzas que conduciron a desenvolver eses hábitos alimentarios en concreto e non outros.
Son moitas as citas de personaxes célebres sobre a comida, entre elas "que o teu alimento sexa a túa medicina" (Hipócrates), "de todo en prato pequeno" (Dr. Cobián) , "o importante non é o que se come senón como se come" (Epícteto)... Todas apuntan a comer con sentido común e sen apegos, sen afán compensatorio nin necesidade de demostrar nada coa comida, comer simplemente para alimentarnos, manternos sans e continuar desenvolvendo con satisfacción as demais actividades da nosa vida.
Para rematar recoméndovos un blog, gominolas de petróleo, onde atoparedes información amena e fiable sobre o que comemos, como se elaboran e conservan os alimentos e se son certos ou non moitos mitos que circulan por aí (Son de petróleo as gominolas? De verdade non se pode volver a conxelar un alimento desconxelado? Cómese a codia do queixo?)
Fermosa película sobre o pracer de cociñar, de comer, de facer amigos, atopar a túa vocación e atreverte a seguila, autorrealizarte malia as dificultades, ser sincero, valente e feliz (Case nada!)
A miña escena favorita é a do crítico gastronómico cando proba o ratatouille do título... e todo o que escribe despois ... Guau ...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)