Persoalmente hai tempo que consumo flores en ensalada e tamén en marmelada, en aceite e en vinagre. Son habituais da miña mesa a capuchina, a rosa e o clavel, a lavanda, os xeranios, as violetas, o trevo, todas as flores das aromáticas usadas habitualmente na cociña, así como as das árbores froiteiras e as das hortalizas. e moitas outras que vos recomendo probar pero coidado, sempre cultivándoas vós mesmos porque os tratamentos químicos que lles botan ás plantas ornamentais son aínda máis velenosos que os usados nas que se destinan ao consumo humano!
Hai moitos anos que comecei a experimentar, axudándome destes libros:
XOSE RAMON GARCIA: Guía das plantas de Galicia, ed. Xerais, ISBN: 978-84-9782-939-7
MIGUEL MOSQUERA PAANS: A nosa botica, ed. Do Cumio, ISBN: 978-84-8289-465-2
JEKKA MCVICAR: Del jardín a la mesa, ed. Tres Torres, ISBN: 84-7747-201-7
As miñas verduras á grella con pétalas de caléndula e xasmín

Ningún comentario:
Publicar un comentario