Amosando publicacións coa etiqueta felicidade b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta felicidade b>. Amosar todas as publicacións
1 de xul. de 2019
1 de xan. de 2019
Propósitos de ano novo
Se é o teu caso, se fixeches unha listaxe de bos propósitos, pensa en acometelos de un en un, non todos de golpe. Pensa en algo coma o método Kaizen, que consiste en ir introducindo pequenos cambios imperceptibles. Procura velos como un proxecto anual, un plan de implantación progresiva. Por exemplo, se queres deixar de fumar, facer exercicio, apuntarte a clase de inglés, conseguir un ascenso e operar o nariz, seguramente sexa mala idea querer facer realidade todo ese paquete desde o primeiro día do mes de xaneiro: mellor elixe un deses obxectivos e cando o logres pasa ao seguinte. Senta a planificalos, observa que necesitas para cada un deles e decide en que orde o farás. Por exemplo: tes vez para operarte en marzo, talvez despois da operación sexa o momento idóneo para deixar de fumar, e cando te reincorpores ao traballo poderás centrarte en lograr ese ansiado ascenso, porque coller unha baixa xusto despois de que te ascendan pode non ser a mellor estratexia. Polo tanto de aquí a marzo deberás centrarte en facer exercicio e estudar inglés, anque sigas fumando un cigarro de vez en cando.
Se, pola contra, queres mellorar a túa vida pero non se che ocorre ningún bo propósito para facelo, ofrézoche algunhas ideas:
1. Busca obxectivos en conexión cos teus verdadeiros intereses. Trata de descubrir cal é o teu elemento, e proponte lograr cousas para o teu benestar e a túa satisfacción persoal, non para agradar a terceiros.
2. Se o anterior che resulta difícil de definir deberías comezar por mellorar o teu autocoñecemento: dedica un tempo de introspeccion cada día: meditación, ioga, pasear a soas na natureza, respiración consciente, pintar mandalas... Non importa moito que técnica elixas finalmente, o importante é a práctica asidua e consciente. Co tempo estarás máis centrado e pensarás con máis claridade.
3. Anota os teus hábitos e mira cales che prexudican para deixalos. Pode tratarse de fumar, pero tamén de comer dun xeito pouco saudable, de pasar o tempo de ocio estomballado no sofá, de manter relacións tóxicas ou crenzas limitantes. Se é preciso, busca axuda profesional. Pedir axuda é o máis intelixente se o precisas, non o consideres unha debilidade.
4. Non descoides a túa saúde física, revisións médicas, boa alimentación, horas de sono, exercicio físico.
5. Socializa, sae cos teus amigos, dedícalles tempo de calidade, mesmo que esteas ata as cellas de traballo. Unha tarde de descanso en boa compañía proporcionarache forzas para rendir máis ao día seguinte. Ás veces estamos atoados nun problema e insistimos en seguir dándolle voltas inutilmente cando un bo paseo pola praia cos amigos nos daría o descanso suficiente e a perspectiva necesaria para retomar o problema despois e velo con máis claridade.
Sobre todo, ten un MOI FELIZ ANO NOVO, todos os días. Que sempre ao espertar cada mañá sexas capaz de gozar do que tes e sentirte afortunado.
15 de ago. de 2018
A felicidade é unha actitude
Ninguén pode elixir por min. Ninguén sabe cal é o sentido da miña
propia vida, cales as metas de realización persoal para a miña alma.
Así, as críticas e recomendacións dos demais encamíñanse a algunha outra
meta que non me marquei eu. Poden ser útiles en parte, pero a decisión
última só pode ser miña. Só eu decido o que facer a cada intre. É a miña
responsabilidade e o meu privilexio.
Por iso mesmo ninguén pode darme a felicidade, só eu podo conseguila. Acepto a total responsabilidade pola miña vida e comprendo que a felicidade é unha actitude que depende de min asumir.
O que recibo agora é o que sementei onte, e o que semente agora será o que reciba mañá. Moita xente se cre prisioneira das súas accións pasadas, pero eu prefiro poñer a miña atención no momento presente para ir sementando o futuro. Nin o pasado nin o futuro poden lastimarme, só o presente ten valor na miña vida. Os remorsos polo pasado e a anguria polo futuro son inútiles e paralisantes.
Xa teño comprobado que o meu benestar vai unido ao dos meus compañeiros de viaxe neste planeta. Polo tanto todo o que eu faga, todo o que eu diga, todo o que eu pense ou sinta, será para o meu ben e o de toda a humanidade. Procurarei sempre tomar decisións que beneficien á maior cantidade de persoas, pero contándome entre elas porque eu tamén son parte importante do círculo da vida.
Só desde o amor e a paz interior podo tomar as decisións correctas. Con serenidade podo decidir aunando o mellor do meu corazón e da miña cabeza. Para poder actuar no tempo presente teño que estar libre de condicionamentos externos, soltar todos os apegos incluídos os do ego, a necesidade de demostrar algo, a necesidade de recoñecemento, de cobrar vellas débedas imaxinarias para quedar "en paz".
A miña paz non depende de ningunha ofensa pasada ou ameaza futura. Perdoar a todos e por todo me libera.

28 de dec. de 2017
Feliz vida
"Felices Festas", "Feliz Ano Novo"... Pero en que consiste esta felicidade?
A maioría da xente pon a súa felicidade fóra de si mesma, en determinados logros persoais, adquirir certas cousas ou relacións, pero iso non funciona.
Non cansarei de repetir que a felicidade é sobre todo unha actitude, e o primeiro paso para ser feliz é estar a ben contigo mesmo.
Non cansarei de repetir que a felicidade é sobre todo unha actitude, e o primeiro paso para ser feliz é estar a ben contigo mesmo.
Oxalá que entre os teus "Bos Propósitos" para o vindeiro ano figure amarte a ti mesmo. Aceptarte totalmente, sinceramente, coas túas cualidades e defectos. Perdoarte sen reservas e permitirte ser quen de verdade es no teu interior, animarte a desenvolver todo o teu potencial e non resignarte a ser menos.
1. Coñécete a ti mesmo. Adica un tempo á introspección todos os días, pois se non sabes quen es non poderás ser auténtico, estarás á mercede do que outros esperan que sexas e proxectan sobre ti. Ademais, como poderás lograr as túas aspiracións se non te atreves a recoñecelas?
“A túa ollada vaise aclarar só cando poidas ver dentro do teu corazón.
Aquel que mira para fóra, soña; aquel que mira adentro, esperta”
(Carl Jung, 1875-1961)
2. Observa todo o teu potencial e a onde podería conducirte. Aprende a recoñecer as túas cualidades, non disimules os teus puntos fortes, mira de utilizalos na vida cotiá, e nunca poñas unha máscara de falsa modestia. A verdadeira humildade consiste en coñecer os propios límites, pero se o teu límite está por riba do cume máis alto non estás sendo humilde cando finxes que non chegas alí.
"A algúns os disfraces non os disfrazan, senón que os revelan.
Cada
un disfrázase daquilo que é por dentro".
(Chesterton, 1874-1936)
3. Acepta os teus puntos débiles e non te culpes por eles porque todo o mundo os ten;
mellora todo o que poidas e aprende a xestionar correctamente o que non poidas cambiar.
"Señor, concédeme a serenidade para aceptar as cousas que non podo cambiar,
o valor para cambiar as que si podo cambiar e a sabedoría para recoñecelas"
(Oración da Serenidade, Reinhold Niebuhr, 1892-1971)
(Oración da Serenidade, Reinhold Niebuhr, 1892-1971)
4. Non te compares cos demais, podes mirar a outros como fonte de inspiracion, pero non os uses para desprezarte a ti mesmo.
“A realidade faise evidente cando deixamos de comparar.”
(Bruce Lee, 1940-1973)
"Todo home se parece á súa dor."
(André Malraux, 1901-1976)
6. Cambia o diálogo interno, deixa de atormentarte e facerte reproches: ese non es ti realmente, só é un eco das voces de persoas que te desprezaron nalgún momento da túa vida. Cada vez que detectes esa autocrítica cruel tenta de substituíla por algún pensamento positivo.
"Amarse a un mesmo é o comezo dunha aventura que dura toda unha vida"
(Oscar Wilde, 1854-1900)
7. Rodéate da xente que te quere, non te xuntes aos que non te aman, non te apoian, non te fan sentir ben. Ti mereces algo máis que a simple tolerancia doutras persoas.
“O crecemento dun home percíbese nos sucesivos grupos de
amigos
que ten. Por cada amigo que perde en nome da verdade, gaña un aínda mellor"
que ten. Por cada amigo que perde en nome da verdade, gaña un aínda mellor"
(Ralph Waldo Emerson, 1803-1882)
8. Mímate, faite regalos, cóidate como farías con algún ser querido, trátate con cariño en todas as circunstancias, pois o amor incondicional comeza por ti mesmo. Non o entendes? Non estás dando amor verdadeiro se só outorgas o teu afecto a quen fai méritos por conseguilo, e te negas a ti mesmo ese afecto polo imperfecto que es. Cando falla o amor a un mesmo, fallan todos os demais.
"Ti mesmo, tanto como calqueroutro no universo enteiro,
mereces o teu amor e afecto."
(atribuída a Buda)
16 de xul. de 2017
Como arruinar a túa vida
Todos son a darnos consellos sobre como conducirnos, cheos de amabilidade... ou condescendencia.
Eu hoxe voulle dar a volta á tortilla propoñéndovos condutas prexudiciais... Talvez probar estes comportamentos nos leve a darnos conta, mellor que ningún libro de autoaxuda, de que é o que non funciona e por que. Alá van!
1. Preocúpate por cousas que non se poden cambiar.
Todo o que está mal debe ser obxecto da túa atención, non o pases por alto anque non estea na túa man solucionalo, quéixate e non deixes de pensar no inxusta que é a vida e o mal que está todo.
Isto tamén vale para as cousas pequenas da vida, e para a túa biografía persoal: aquilo que fixeches e saiu mal, non deixes de reprocharte o mal que o fixeches e antes de volver a tomar calquera iniciativa lembra o mal que che saiu a vez anterior. Ten en conta o torpe que fuches, a túa lentitude en reaccionar, as dúbidas que te asaltaron. Ten sempre presentes os erros pasados coa esperanza de que iso che axude.
2. Se é difícil, renuncia.
Para que esforzarte se total non o vas conseguir? Así que mellor déixao a metade de camiño. Toda renuncia é unha derrota, pero polo menos non te cansarás (e se tes por costume repetirte no futuro o mal que o fixeches, con maior motivo...) As persoas que se orgullan de intentalo son unhas pánfilas, ti es máis listo e podes gabarte de que nin sequera o intentaches.
3. Tómate todo en serio.
Ti es demasiado importante como para que se rían de ti, demasiado incluso para rirte de ti mesmo. Ti es unha persoa seria e mereces que se te tome en serio sempre. O éxito e o fracaso son fundamentais e non é cousa de risa.
4. Non fagas exercicio.
O importante é a túa mente privilexiada, non estás para perder o tempo dando un paseo ou xogando ao fútbol cos amigos, que vulgaridade, que banalidade! Non precisas diso nin para as túas relacións sociais nuin para a túa saúde: se algún día te sentes enfermo xa tomarás un medicamento, o exercicio non garante para nada que vaias ter boa saúde nin durmir mellor nin estar máis feliz.
5. Ponte metas de perfección, anque sexan pouco realistas.
Se cres que unha cousa debe ser é que debe ser, e hai que loitar por ela tal como a concebiches na túa mente, non intentes negociar nin poñer metas máis doadas a curto prazo, non sexas flexible, mantente na túa idea inicial porque era perfecta.
6. Come o que che apeteza.
Non sempre podes facer comidas saudables, moitas veces comes fóra ou non tes tempo porque es unha persoa moi ocupada e a comida non é vital, o importante é o teu traballo e a túa relevancia social. Ademais non se pode estar sempre a dieta!
7. Non necesitas durmir oito horas.
Iso é para os nenos que están en fase de crecemento, ti es un adulto. Adamais, aos rapaces díselles que vaian para a cama para que deixen en paz aos adultos despois de cear, pero en realidade quen quere durmir toda a noite?
8. Repasa os teus defectos.
Estuda as túas debilidades para perfeccionarte. As túas capacidades e méritos xa están conseguidos, para que ocuparse deles? Agora o que tes que facer é centrarte no que che falta e dedicarte plenamente ás cousas que fas mal.
9. Traballa máis.
Que é traballar en exceso? Como se pode crer que se traballa en exceso mentres aínda quede algo por facer? Un día de descanso é unha perda de tempo, e nesta sociedade tan competitiva non te podes permitir iso.
10. Quédate na zona de confort.
É a zona onde estás a salvo, sen correr riscos. Para que saír, esforzarte en coñecer xente nova, cambiar de hábitos, etc., cando xa sabes o que che gusta e para ti iso é o que funciona?
11. Preocúpate moito da opinión dos demais.
Os demais son a medida do teu éxito, eles comentan se es un triunfador ou un fracasado, e tamén se es ou non unha boa persoa, porque, como pode ser que lle caias mal a alguén, se es un ser bondadoso, intelixente, traballador, serio, responsable, solidario...? É inconcebible que a alguén non lle gustes. Ti deberías gustarlle a todo o mundo, esfórzate en comprobar se é así, tanto no contacto directo como nas redes sociais.
12. Fala mal dos outros.
Facendo que se noten os fallos dos demais ti por contraste brillarás máis. Ao ver que os demais son peores ca ti sentiraste mellor.
13. Sen perdón.
Cando alguén che fai mal o lóxico é devolverllo, é unha cuestión de xustiza. En todo caso podes "perdoar pero non esquecer", é dicir, esa persoa queda marcada para sempre, agora xa sabes que nunca poderás volver a confiar nela. Sempre terás presente o que pasou porque ela cho debe!
E xa que estamos falando en negativo, non deixes de ver tamén 10 actitudes no traballo que che fan perder oportunidades.
Eu hoxe voulle dar a volta á tortilla propoñéndovos condutas prexudiciais... Talvez probar estes comportamentos nos leve a darnos conta, mellor que ningún libro de autoaxuda, de que é o que non funciona e por que. Alá van!
1. Preocúpate por cousas que non se poden cambiar.Todo o que está mal debe ser obxecto da túa atención, non o pases por alto anque non estea na túa man solucionalo, quéixate e non deixes de pensar no inxusta que é a vida e o mal que está todo.
Isto tamén vale para as cousas pequenas da vida, e para a túa biografía persoal: aquilo que fixeches e saiu mal, non deixes de reprocharte o mal que o fixeches e antes de volver a tomar calquera iniciativa lembra o mal que che saiu a vez anterior. Ten en conta o torpe que fuches, a túa lentitude en reaccionar, as dúbidas que te asaltaron. Ten sempre presentes os erros pasados coa esperanza de que iso che axude.
2. Se é difícil, renuncia.
Para que esforzarte se total non o vas conseguir? Así que mellor déixao a metade de camiño. Toda renuncia é unha derrota, pero polo menos non te cansarás (e se tes por costume repetirte no futuro o mal que o fixeches, con maior motivo...) As persoas que se orgullan de intentalo son unhas pánfilas, ti es máis listo e podes gabarte de que nin sequera o intentaches.
3. Tómate todo en serio.
Ti es demasiado importante como para que se rían de ti, demasiado incluso para rirte de ti mesmo. Ti es unha persoa seria e mereces que se te tome en serio sempre. O éxito e o fracaso son fundamentais e non é cousa de risa.
4. Non fagas exercicio.
O importante é a túa mente privilexiada, non estás para perder o tempo dando un paseo ou xogando ao fútbol cos amigos, que vulgaridade, que banalidade! Non precisas diso nin para as túas relacións sociais nuin para a túa saúde: se algún día te sentes enfermo xa tomarás un medicamento, o exercicio non garante para nada que vaias ter boa saúde nin durmir mellor nin estar máis feliz.
5. Ponte metas de perfección, anque sexan pouco realistas.
Se cres que unha cousa debe ser é que debe ser, e hai que loitar por ela tal como a concebiches na túa mente, non intentes negociar nin poñer metas máis doadas a curto prazo, non sexas flexible, mantente na túa idea inicial porque era perfecta.
6. Come o que che apeteza.
Non sempre podes facer comidas saudables, moitas veces comes fóra ou non tes tempo porque es unha persoa moi ocupada e a comida non é vital, o importante é o teu traballo e a túa relevancia social. Ademais non se pode estar sempre a dieta!
7. Non necesitas durmir oito horas.
Iso é para os nenos que están en fase de crecemento, ti es un adulto. Adamais, aos rapaces díselles que vaian para a cama para que deixen en paz aos adultos despois de cear, pero en realidade quen quere durmir toda a noite?
8. Repasa os teus defectos.
Estuda as túas debilidades para perfeccionarte. As túas capacidades e méritos xa están conseguidos, para que ocuparse deles? Agora o que tes que facer é centrarte no que che falta e dedicarte plenamente ás cousas que fas mal.
9. Traballa máis.
Que é traballar en exceso? Como se pode crer que se traballa en exceso mentres aínda quede algo por facer? Un día de descanso é unha perda de tempo, e nesta sociedade tan competitiva non te podes permitir iso.
10. Quédate na zona de confort.
É a zona onde estás a salvo, sen correr riscos. Para que saír, esforzarte en coñecer xente nova, cambiar de hábitos, etc., cando xa sabes o que che gusta e para ti iso é o que funciona?
11. Preocúpate moito da opinión dos demais.
Os demais son a medida do teu éxito, eles comentan se es un triunfador ou un fracasado, e tamén se es ou non unha boa persoa, porque, como pode ser que lle caias mal a alguén, se es un ser bondadoso, intelixente, traballador, serio, responsable, solidario...? É inconcebible que a alguén non lle gustes. Ti deberías gustarlle a todo o mundo, esfórzate en comprobar se é así, tanto no contacto directo como nas redes sociais.
12. Fala mal dos outros.
Facendo que se noten os fallos dos demais ti por contraste brillarás máis. Ao ver que os demais son peores ca ti sentiraste mellor.
13. Sen perdón.
Cando alguén che fai mal o lóxico é devolverllo, é unha cuestión de xustiza. En todo caso podes "perdoar pero non esquecer", é dicir, esa persoa queda marcada para sempre, agora xa sabes que nunca poderás volver a confiar nela. Sempre terás presente o que pasou porque ela cho debe!
E xa que estamos falando en negativo, non deixes de ver tamén 10 actitudes no traballo que che fan perder oportunidades.
21 de maio de 2017
Sete actitudes que demostran a túa fortaleza mental e emocional
Non te deixas utilizar, non te sometes á vontade de ninguén, elixes o mellor en cada momento. Non dis cousas como "o meu xefe faime sentir mal", porque ti es dono de ti mesmo e ninguén pode obrigarte a "sentir", ti es o único dono das túas emocións e o único responsable de como reaccionas nunha situación. Rodéaste de xente positiva. Non perdes o tempo escoitando queixumes de persoas chorimiqueiras que fan da queixa un fin en si mesmo e non están dispostas a cambiar. Ao final, as persoas negativas acaban por evitarte. Tendes a sorrir e rir moito e atraes outras persoas positivas. A túa calidez, apertura e actitude fai que outros te vexan digno de confianza. Es capaz de poñer límites e ser firme cando é necesario. Aínda que o teu carácter amistoso pode facer que parezas presa fácil para algúns, levarán unha sorpresa cando te vexan poñer límites e manterte firme. Pensas antes de falar e daste tempo para acougar se notas que as túas emocións queren rebordar. Esfórzaste en ser amable e xusto, e comprendes que outras persoas se alteren por non conseguir o que querían. Non fas inimigos innecesarios pero sabes que non hai que agradar a todo o mundo todo o tempo, respectas o teu tempo persoal, os teus intereses e compromisos, así que non tes medo de dicirlle "non" a alguén e manterte firme se é necesario. Toleras ben a soidade e non temes o silencio, podes estar a soas cos teus pensamentos, gozas deses momentos, non dependes todo o tempo da presenza doutros para ser feliz.
2. Aceptas os cambios:
Non tratas de evitar os cambios, acéptalos porque es flexible e confías na túa propia capacidade para adaptarte. Sempre estás disposto a aprender e por iso estás en constante crecemento e evolución, aberto a novas ideas e a aprender dos demais, incluso a cambiar de opinión se alguén presenta unha idea mellor que a túa. En última instancia, confías en ti mesmo e no teu propio xuízo para tomar a mellor decisión en cada momento. Non te lanzas á aventura sen pensar, pero es capaz de asumir riscos controlados. Dedicas o tempo que necesites a sopesar os riscos e beneficios antes de tomar unha decisión importante, infórmaste ben e despois pasas á acción.
3. Perseveras tras un revés:
Cando te esforzas para poñerte en forma ou levantar un novo negocio, non esperas resultados inmediatos. Aplicas as túas habilidades e tempo ao máximo e entendes que os cambios reais levan tempo. Non ves o fracaso como un motivo para abandonar. Utilizas o fracaso como unha oportunidade para crecer e mellorar. Tes vontade para seguir intentándoo ata que o consegues.
4. Miras para diante:
Non perdes tempo sentindo nostalxia do pasado nin desexando que as cousas puidesen ser diferentes. Pensas cara a adiante e estás disposto a deixar atrás o pasado, asúmelo e podes dicir o que aprendiches del, con todo non estás revivindo constantemente as túas malas experiencias ou os vellos e bos tempos. Centras a túa vida no presente e fas plans para o futuro. Aprendes dos teus erros pasados e non os proxectas ao futuro, non cres que o fracaso vaia repetirse. Non perdes tempo autocompadecéndote ou lamentando como outras persoas se portaron contigo. En cambio, asumes a responsabilidade polos teus propios actos e entendes que a vida non sempre é fácil ou xusta. Es capaz de superar os conflitos onde te involucras cos demais. Non te aferras á ira polo que outros consideran de ti ou che fixeron, en lugar diso, usas o incidente para crear conciencia sobre a forma de NON deixar que suceda de novo e é improbable que se aproveiten de ti novamente no mesmo conxunto de circunstancias.
Aceptas a responsabilidade pola túa conduta e aprendes dos erros pasados. Como resultado, non repites unha e outra vez eses erros. En cambio es capaz de pasar páxina e tomar decisións máis intelixentes grazas á túa experiencia.
5. Elixes ben en que gastar a túa enerxía:
Nunca te oín queixarte do mal tempo, do tráfico ou das obras na autovía: céntraste nos aspectos da vida que podes controlar. Recoñeces que, ás veces, o único que podes controlar é a túa propia actitude e concéntraste no positivo. Sen ignorar as malas noticias, tomaches a decisión consciente de non gastar demasiado do teu tempo e enerxía no irresoluble, prefires atopar solucións a un problema concreto, actuar sobre as cousas que realmente están baixo o teu control.
6. Non cres que o mundo che deba nada:
Non te sentes inxustamente tratado, non cres que outros deban ocuparse de ti, darche algo, remunerarte ou agradecerche o que levas feito. O que fas prodúceche a satisfacción persoal de facelo e non o fas por outro motivo, non tes móbiles ocultos como a necesidade de demostrar a túa valía, de que te admiren ou de que te amen, sabes que mereces o verdadeiro amor, que é de balde. Por iso mesmo podes celebrar o éxito doutros na vida, sen competir con eles, sen sentir envexa nin pensar que te superan. Recoñeces que o éxito vén do traballo duro e gozas esforzándote.
7. Procuras facer a vida máis divertida, fermosa, feliz, e
interesante:
Xa sexa no traballo, na casa, ou cos amigos, sabes o que nos fai felices e
buscas oportunidades para o benestar. Sentes pracer e satisfacción ao ver aos
demais felices e realizados, e fas todo o posible para alegrar o día de alguén
máis.
15 de ago. de 2014
Os sete magníficos consellos para triunfar
Talvez oíches algunha vez a expresión "a dor pode ser inevitábel, pero o sufrimento é opcional". En efecto, as máis das veces as cousas que nos afectan non son externas a nós senón internas, é dicir, a nosa interpretación do que nos pasa inflúenos máis que o suceso en si contemplado desde unha perspectiva obxectiva. Unha vez máis, o noso sistema de crenzas é determinante ao respecto. Poñamos por caso dúas persoas que sofren un revés idéntico e unha delas reacciona dun xeito e a outra doutro totalmente distinto. Dous irmáns poden ter lembranzas moi diferentes da súa infancia compartida. Dous traballadores despedidos o mesmo día ven diferentes opcións na súa vida, un deles regresa á casa de sus pais e o outro embárcase nun pesqueiro. Dúas mulleres abandonadas polos seus maridos, unha delas procura vinganza entorpecendo os trámites de separación e pleiteando polos bens comúns mentres a outra atopa un novo amor...
Por que unhas persoas se recuperan antes dos traumas que outras? Eis algunhas actitudes que poden axudarte:
1. Non son problemas, son retos e oportunidades.
Por que unhas persoas se recuperan antes dos traumas que outras? Eis algunhas actitudes que poden axudarte:
1. Non son problemas, son retos e oportunidades.
Afrontar situacións de cambio é divertido, ademais me obriga a poñerme ao día, saírme da rotina, aprender destrezas novas, pórme a proba con ansias de superación. É como un evento deportivo onde participar é o que importa e ser o primeiro é motivador pero non selo tampouco é ningunha deshonra.
2. Síntome satisfeita do que fago.
No meu caso a miña vocación é a miña profesión. pero se para ti non o é, polo menos procura na túa profesión os momentos máis satisfactorios, os aspectos do trato cos demais, cos compañeiros, clientes, etc. que te permiten compartir e expresar o mellor de ti mesmo. Dedícate ao que queira que fagas con amor e profesionalidade.
3. Mellor prever que curar
Non intento controlar todo o que vai pasar na miña vida ou no meu traballo, pero si que podo planificar e prepararme. Iso non me restará creatividade nin capacidade de improvisación cando sexa necesario, non se trata de ser ríxida na miña planificación senón de ter algún plan, que logo se aparece algo mellor tirarei pola fiestra, pero se xa sei que mañá ás cinco teño unha reunión e a levo preparada de antemán poderei ser máis proactiva en vez de reactiva, terei máis tranquilidade, seguridade e marxe de manobra.
4. Non persigas a aprobación dos demais
Define o teu propio éxito conforme aos teus verdadeiros obxectivos, non os alleos. Non intentes impresionar aos outros porque en calquera momento poden cambiar de ideais, de sentimentos, de prioridades, sen que ti entendas por que. Non adoptes as súas opinións nin permitas que eles decidan por ti e xulguen o que podes facer e o que non. Mellor pensa ben, a soas contigo mesmo, en que consiste para ti estar satisfeito coa túa vida e se fiel a ti mesmo.

5. O momento é agora
Non creas que o momento de facer o que realmente desexas chegará cando resolvas tal cousa pendente, cando teñas isto ou aquilo que che falta ou fagas un curso de crecemento persoal onde vas aprender tralará lará. Por moitos mestres que coñezas, por moitos libros que leas, por moitos cursos que fagas, mentres te deixes enganar pola sensación de que aínda non estás preparado, non te porás en marcha. Anque non esteas preparado, anque teñas medo ou dúbidas, ponte en camiño: o camiño faise andándoo!

6. O fracaso é non o intentar
Moitos personaxes que temos por grandes trunfadores non se avergoñan dos fallos que tiveron, dos rodeos que deron, das negativas que recibiron, todo o contrario, lémbrano con respecto, cariño e sentido do humor. O único que realmente constitúe un fracaso é nono intentar. Lembro un interesante estudo que se fixera hai tempo entre porteiros de fútbol que non pararon penaltis decisivos, preguntándolles sobre este feito. Resulta que os que se tiraron a paralo, anque fose na dirección equivocada, se sentían mellor e recuperaban o ánimo moito antes que os que quedaran inmóbiles.

7. Hakuna Matata
Non loites co teu pasado, di adeus e grazas. Déixao ir. perdóate polos erros cometidos, as malas decisións ou as indecisións. Tampouco culpeas a outros, porque con iso lles entregas demasiado poder sobre a túa vida, que é responsabilidade exclusivamente túa. Non te atasques na repetición de sufrimentos e agravios pasados para demostrar o moito que sufriches ou o interesante que es: extrae as leccións que poidas e segue adiante. O teu futuro é máis interesante, comeza a construílo xa.

"Só existen dous días no ano nos que non podes facer nada:
un é ONTE e outro MAÑÁ. Polo tanto HOXE é o día ideal
para amar, medrar, facer, e principalmente, vivir" (Dalai Lama)
24 de mar. de 2014
10 preguntas terapéuticas
1) Cando foi a última vez que te decataches de como respiras?
2) Se puideses ofrecerlle a un neno un só consello cal sería?
3) Cal é a primeira cousa que cambiarías na túa vida?
4) Estás facendo o que queres ou confórmaste co que estás facendo?
5) Que é peor para ti: fallar ou non intentalo?
6) Fíxose realidade algunha vez o teu temor máis grande?
7) Que é o que sabes facer mellor e de forma diferente que os demais?
8) Que é aquilo que non fixeches e che gustaría facer? Que cho impide?
9) Cal é a cousa que te fai máis feliz?
10) Como de vello te sentirías se non soubeses a idade que tes?

9 de mar. de 2014
22 de nov. de 2013
Un gran día
Sabemos que a actitude é importante en todo o que facemos. Sabemos que a vida non é tanto o que nos pasa senón como reaccionamos ante o que nos pasa, como o interpretamos, como o asimilamos e o integramos na nosa aprendizaxe do Ser.
Polo tanto, programémonos cada día pola mañá para aproveitar ao máximo cada minuto e poder aprender a través da alegría e a felicidade, e non do sufrimento. Estes poucos consellos, se os aplicas habitualmente, poden cambiarche a vida.

8 de nov. de 2013
Ser feliz
A partir de agora todos os venres publicarei unha breve reflexión inspiradora para unha fin de semana feliz. Tento de eu ser o cambio que quero ver no mundo. Ser feliz non só é un pracer. Tamén é a miña responsabilidade social. É o que eu podo aportar para que o mundo se transforme. A miña responsabilidade social é ser unha persoa sa, alegre, feliz e pacífica. Acéptoa.
25 de xuño de 2013
Menos é máis
Un exceso de estímulos te estresa a un nivel subconsciente por todas as obrigacións e oportunidades que representa. Cada obxecto que tes sobre a mesa, por exemplo, lémbrache algo, e conforme máis ideas e tarefas pendentes teñas á vista, máis difícil será concentrarte no que estás facendo neste momento.
Moitos estudos mostran que a felicidade vai asociada ao enfoque concentrado na actividade que se estea realizando no momento. Pero absorberse realmente nunha tarefa só é posible cando non hai distraccións externas. A organización do teu espazo persoal, polo tanto, é necesaria.
Na túa casa maniféstase exactamente a mesma tendencia: todo o que acumulas ten un efecto directo sobre o teu benestar. O exceso de obxectos pode angustiarte o mesmo que un exceso de opcións. Diversos estudos demostran que ante a unha infinidade de alternativas necesitamos máis tempo para facer unha elección e somos menos felices co resultado. A sensación de que se cadra outra elección era mellor, amarga a satisfacción do que escolliches.
Aínda que os zapatos que acabas de mercar son perfectos, tes a dúbida de que igual podías atopar algo mellor. Quizais acabas mercando máis cousas das que necesitas para non perder ningunha oferta. Pero o resultado non cambia: es feliz coas túas compras, pero nunca cres que realmente fose a mellor opción que podías conseguir.
Simplificar a túa vida e desfacerte do superfluo pode axudarte a sacar o mellor de ti e concentrarte nas cousas que realmente che importan. Se agora escribo unha entrada, non fai falla ter os papeis doutro proxecto enriba da mesa, abonda cunha axenda ou calqueroutro sistema que me asegure que non me esquecerei de volver traballar nesoutro proxecto máis adiante.
Cando es consciente do efecto paradoxal dun exceso de opcións podes utilizar este coñecemento para aumentar o teu propio benestar. Podes reducir as interferencias visuais para que o teu subconsciente non teña que dubidar constantemente de se realmente estás facendo o mellor que poderías estar facendo neste momento. Decide a que queres dedicar a túa enerxía agora. Organiza o teu espazo de forma que poidas gardar todo o que non ten relación con esta actividade. E déixate levar para gozar do aquí e do agora. Ese é o segredo para unha vida centrada.
3 de xan. de 2013
Feliz 2013
Hai algúns meses conteivos que me propuña completar os 1000 grous de papel necesarios para pedir un desexo e xa o conseguín. Aproveitarei estas datas de comezo dun ciclo novo para expresar o meu desexo: vivir con amor.
Que a luz que comezou a chegar a nós no pasado solsticio de inverno nos acompañe para sempre. Que poidamos adaptarnos con pracer ás novas vibracións que se presentan. Que vivamos con valor e confianza todas as situacións inesperadas que imos experimentar diferentes do "normal" e establecido. Que nos empoderemos para estender o amor e a solidariedade, acabando coa dominación e o medo, implantando modelos económicos e sociais éticos e sostibles.
Que vivamos máis conscientes de todo, de nós mesmos e da nosa conexión.
Feliz 2013!
23 de dec. de 2011
Felices festas?
Que é o que nos están desexando cando nos din estes días, unha e outra vez, "felices festas"?
Non estaremos usando esta celebración para entregarnos sen medida aos nosos apegos? (Apegos ás persoas, apegos á comida, á bebida, aos regalos, á apariencia de alegría sen fin...)
Estas datas son especialmente boas para reflexionar sobre a nosa vida e se é correcto ou non o sentido que lle estamos dando. Tamén son boas, por suposto, para facer balance. Calquera peche de ano ten unha forza especial para revisar os logros que conseguimos e fixar metas para o ano novo.
Déixovos, cos meus mellores desexos, esta interesante reflexión sobre a felicidade:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)