23 de dec. de 2011

Felices festas?

Que é o que nos están desexando cando nos din estes días, unha e outra vez, "felices festas"?
Non estaremos usando esta celebración para entregarnos sen medida aos nosos apegos? (Apegos ás persoas, apegos á comida, á bebida, aos regalos, á apariencia de alegría sen fin...)
Estas datas son especialmente boas para reflexionar sobre a nosa vida e se é correcto ou non o sentido que lle estamos dando. Tamén son boas, por suposto, para facer balance. Calquera peche de ano ten unha forza especial para revisar os logros que conseguimos e fixar metas para o ano novo.
Déixovos, cos meus mellores desexos, esta interesante reflexión sobre a felicidade:

Ningún comentario:

Publicar un comentario