Amosando publicacións coa etiqueta cosmos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cosmos b>. Amosar todas as publicacións
5 de mar. de 2015
2 de mar. de 2015
Eclipse de primavera
O próximo 20 de marzo poderemos gozar dunha preciosa eclipse de sol, entre as nove e as once e media da mañá. Na nosa zona será só parcial anque se prevé que a luz diminúa máis dun 70% no momento álxido do fenómeno, arredor das dez. Lembrade que se queredes mirar ao sol directamente debedes procurarvos unhas gafas especiais, son moi baratas e hainas en calquera óptica, pedídeas con antelación porque despois sempre se lles esgotan. Podedes ampliar esta información AQUÍ.Por outra parte xa circulan pola rede medos varios sobre a posibilidade de que isto afecte ás redes eléctricas, anque non parece que debamos alarmarnos: Europa prepara a rede eléctrica de cara á eclipse.
Outra cousa é o simbolismo que cada un poida ver no feito de que se produza cunha superlúa precisamente no equinoccio de primavera, pois a nivel xa non astronómico, senón astrolóxico, resulta moi interesante.
Máis sobre as enerxías deste mes de marzo
13 de nov. de 2014
5 de mar. de 2012
Continúa o espectáculo nocturno
Marte, Venus, Xúpiter, Mercurio, e o xoves ademais lúa chea... Todo un festival astronómico a simple vista, sen necesidade de telescopio!
27 de feb. de 2012
Outra consciencia de Todo
Adoro a Brian Greene, el me axuda a comprender que tamén os científicos procuran a iluminación, pois non outra cousa é o intento de atopar unha teoría de Todo.
Hoxe propóñovos O Universo Elegante, todo un clásico xa, que podemos revisitar mentres esperamos a tradución da súa nova serie A fábrica do Cosmos.
Hoxe propóñovos O Universo Elegante, todo un clásico xa, que podemos revisitar mentres esperamos a tradución da súa nova serie A fábrica do Cosmos.
Desgrazadamente a miña formación científica actual deixa moito que desexar e os libros de Brian Greene (que podes conseguir facilmente en ed. Crítica) me superan, pero me consola saber que existe un universo paralelo a este onde eu estudei física e souben transmitir eses coñecementos con alegría e bondade a ritmo de Hei-Macarena-AHÁ. Porque un científico non é un champiñón, ser serio non é o mesmo que ser inflexíbel e iluminarse non é vestirse de branco.
26 de feb. de 2012
Boas noites
A noite pasada o ceo ofreceu un fermoso espectáculo. Se nono viches aínda estás a tempo, esta noite outra vez. Ler
Este trío de ases (os tres obxectos máis brillantes do firmamento) non necesariamente ten significado astrolóxico, gocemos da súa luz sen máis... por agora é de balde!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



