Hoxe propóñovos O Universo Elegante, todo un clásico xa, que podemos revisitar mentres esperamos a tradución da súa nova serie A fábrica do Cosmos.
Desgrazadamente a miña formación científica actual deixa moito que desexar e os libros de Brian Greene (que podes conseguir facilmente en ed. Crítica) me superan, pero me consola saber que existe un universo paralelo a este onde eu estudei física e souben transmitir eses coñecementos con alegría e bondade a ritmo de Hei-Macarena-AHÁ. Porque un científico non é un champiñón, ser serio non é o mesmo que ser inflexíbel e iluminarse non é vestirse de branco.

Ningún comentario:
Publicar un comentario