Os contaminantes contaminan, pagan unha multa e seguen contaminando, non vexo eu que a política de multas vaia realmente encamiñada a poñer fin a estas condutas. Multas a Volkswagen polo Dieselgate; multas aos condutores madrileños que non respectan as restricións por causa da contaminación... Todo parece que se resolve con multas, pero a min paréceme que iso non leva a nada.Como cando un borracho mexou na porta do templo onde exercía de xuíz o meu querido Mulá Nasrudín e este lle puxo de multa unha moeda de prata.
- Non teño máis que esta moeda de ouro -dixo o home-. Déame o cambio.
- Eu non teño cambio -dixo Nasrudín- así que vou quedar coa moeda e ti podes mexar no mesmo sitio mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario