Amosando publicacións coa etiqueta zona de confort. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta zona de confort. Amosar todas as publicacións

15 de set. de 2017

Mentiras... piadosas?

Chámanlle mentiras piadosas ás que supostamente unha persoa di en beneficio doutra e non de si mesma. Trataríase de aforrarlle un disgusto á persoa obxecto do engano.
Dubido moito que se lle poida aforrar ningún disgusto, pois cada un ten o seu plan de vida e os presuntos disgustos as máis das veces están aí para ser vivenciados e integrados aportándonos algunha aprendizaxe importante. E quen son eu para saber que vai disgustar ou fortalecer a outra persoa, que aprendizaxes decidiu experienciar nesta vida e cales non? Quen son eu para decidir por ela? Tan lista me creo que desde a miña superioridade con gran condescendencia elixo o que lle convén e o que non sen consultarllo?
É mellor que o pense dúas veces e revise se de veras estou pensando nela. Non estarei tentando de aforrarme eu un disgusto, o disgusto que a min me causa ser portadora de malas noticias, ter que apenar e despois consolar a outro ser humano? Oh, pode ser. Talvez é a miña incomodidade a que estou aforrando.

24 de maio de 2015

Paxaro na man


A zona de confort non é o lugar onde te sentes a gusto, senón máis ben o lugar coñecido, onde prefires estar porque afrontar o descoñecido che xenera ansiedade. A zona de confort é conservadora e susúrrache ao oído que vale máis paxaro na man que cento a voar, que vale máis malo coñecido que bo por coñecer, e outras sentencias igualmente castradoras. A zona de confort é onde se quedan os que cren que estar ben é o mesmo que non estar mal. Os que se conforman con "ir tirando".

E ti, de que vas tirando? Que pasaría se deixases de tirar, soltases a túa carga e foses ao encontro do que amas en vez de protexerte do que temes?


11 de out. de 2014