Actualmente o dogmatismo científico e tecnolóxico conduce á humanidade a aferrarse a un paradigma existencial á procura de sentido: os seres humanos vólcanse agora no que chaman Razón (unha caricatura obscena da verdadeira razón) polos mesmos motivos, coa mesma desesperación e coas mesmas actitudes que na antigüidade se volcaban na Fe. En ambos casos se entroniza unha Verdade Indiscutible por riba dos dereitos humanos. Igual que lle poderiamos preguntar a Urbano II onde quedou o amor que Cristo predicaba, poderiamos preguntarlles aos papas do paradigma actual onde quedou o escepticismo, a curiosidade e a obxectividade que o verdedeiro método científico predicaba.
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencias b>. Amosar todas as publicacións
4 de mar. de 2019
8 de maio de 2016
27 de out. de 2014
Eternamente
Existe unha pequena medusa de apenas un centímetro de tamaño (Turritopsis Nutricula) que é inmortal. En certas condicións de estrés, esta criatura que pode encontrarse en todos os océanos, dende Florida ata Xapón, pode ir en sentido oposto ao reloxo biolóxico, de forma que as súas células comezan a desdiferenciarse e se converte de novo nun pólipo, a estrutura xuvenil de calquera medusa. Ao parecer, sería capaz de repetir este proceso infinitas veces.
6 de out. de 2014
A consciencia das plantas
Se as plantas se extinguisen, acabaríase a vida no planeta. Esgotaríase o alimento e incluso o osíxeno. As plantas inflúen no seu entorno, adáptanse espléndidamente a distintos ecosistemas e tamén ao que outros seres, insectos, mamíferos e incluso nós, precisamos delas. Ultimamente tense escrito moito sobre a intelixencia das plantas. Teñen sentidos, perciben as vibracións dos sonidos, incluso diferencian algunhas cores, son capaces de comunicarse entre si...
Algúns non dubidan de que as plantas teñen consciencia. Podes informarte sobre a Neurobioloxía das plantas e ler como Cleve Backster usou o polígrafo para comprobar que as plantas tamén teñen emocións: máis sobre as reaccións das plantas.
Algúns non dubidan de que as plantas teñen consciencia. Podes informarte sobre a Neurobioloxía das plantas e ler como Cleve Backster usou o polígrafo para comprobar que as plantas tamén teñen emocións: máis sobre as reaccións das plantas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
