Actualmente o dogmatismo científico e tecnolóxico conduce á humanidade a aferrarse a un paradigma existencial á procura de sentido: os seres humanos vólcanse agora no que chaman Razón (unha caricatura obscena da verdadeira razón) polos mesmos motivos, coa mesma desesperación e coas mesmas actitudes que na antigüidade se volcaban na Fe. En ambos casos se entroniza unha Verdade Indiscutible por riba dos dereitos humanos. Igual que lle poderiamos preguntar a Urbano II onde quedou o amor que Cristo predicaba, poderiamos preguntarlles aos papas do paradigma actual onde quedou o escepticismo, a curiosidade e a obxectividade que o verdedeiro método científico predicaba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario