Un Zentangle é un debuxo abstracto feito con patróns repetitivos, usando tinta negra sobre papel branco, co propósito de que debuxar sexa un acto meditativo e accesible para todos. Rick Roberts e María Thomas inventaron o método cando descubriron que o acto de debuxar patróns abstractos con base nunhas poucas regras básicas era extremadamente meditativo.
O método Zentangle usa un papel branco sen liñas, recortado en cadradiños de 8,89 centímetros (3,5 pulgadas). Pódese utilizar un papel de cor, pero non sería un Zentangle verdadeiro de acordo ás pautas do método. Os traballos que non cumpren coas pautas oficiais coñécense como "creacións inspiradas nos Zentangles".
Estas son algunhas características desta forma de arte:
- O debuxo non terá orientación, non haberá un lado "superior" nin "inferior".
- Non ten que representar ningún obxecto reconocible, debe ser abstracto.
- Débese completar o debuxo exclusivamente con tinta negra sobre papel branco.
- A idea dun Zentangle é que sexa portátil para que poidas facelo no momento que queiras.
- Non se planifica. Cando empezas a crear un Zentangle non tes unha meta final en mente, o patrón revélese a si mesmo a medida que debuxas. É un acto creativo inesperado. En vez de borrar as marcas imprecisas, debes usalas como a base dun patrón inesperado.
- Non son simples garabatos, a persoa que crea un Zentangle presta toda a súa atención ao que fai, necesita unha concentración máxima. Non é posible crear un Zentangle mentres estás no teléfono ou escoitando unha conferencia.
- O método Zentangle é unha cerimonia. Xa que o Zentangle merece a concentración máxima do artista, debes crealo nun lugar silencioso onde poidas concentrarte e honrar á túa obra. Os bolígrafos e o papel que uses deben ser da calidade máis alta, xa que un Zentangle é un traballo de arte que pode gozarse durante moito tempo.
Hai moitos recursos en internet se queres copiar patróns para comezar. Se o prefires, podes improvisar, seguindo estes pasos:
1. Debuxa un bordo con lapis pola beira do papel. Non uses unha regra nin obxectos rectos para debuxar o bordo, non importa se che treme a man mentres debuxas o bordo, unha vez terminado o teu zentangle quedará máis orixinal. Non lle calques ao lapis mentres trazas a man alzada este bordo. A idea é que non se vexa cando termines de crear o Zentangle cun bolígrafo. Debuxarás o teu patrón dentro dese perímetro do bordo.
2. Debuxa un fío, a lapis, dentro do perímetro do bordo. Un fío é un garabato ou liña curva que lle dará estrutura ao teu deseño. O patrón que realices aparecerá de acordo aos contornos do teu fío. Debe ser unha forma abstracta e sinxela para dividir con elegancia o bordo en seccións.
Lembra que non debes aplicar demasiada forza ao lápis mentres debuxas o fío, só debe servir de guía para o teu patrón pero non se verá cando termines o teu Zentangle. Algunhas persoas teñen dificultade para determinar o xeito correcto de debuxar o fío. Recorda que a filosofía detrás dun Zentangle é que debe sentirse agradable, natural e festivo. Debuxa o que desexes cando o teu lápis toque o papel. Non hai un xeito incorrecto de facelo. Se necesitas ideas para crear fíos diferentes, hai patróns de fíos dispoñibles en internet.
3. Empeza a crear un enredo; é un patrón que se fai co bolígrafo ao longo dos contornos do fío. Un Zentangle pode ter un só enredo ou unha combinación de varios diferentes. Usa o teu bolígrafo para empezar a debuxar calquera patrón que se che ocorra. Non esquezas que non hai trazos correctos ou equivocados. Os enredos deben estar compostos de formas moi sinxelas. Unha liña, un punto, un círculo, un garabato ou un óvalo son aceptables. Se queres podes usar o lapis para agregar sombras aos enredos e darlles máis profundidade e atractivo visual. Non borres os erros. Por iso usamos bolígrafo, para que non haxa oportunidade de corrixir os erros. Todos os enredos se fan trazo por trazo. Presta atención a cada trazo que fagas e constrúe o teu patrón de xeito deliberado. Concéntrate atentamente no teu traballo. Tal como farías mentres meditas, libera a túa mente das preocupacións e os problemas. Segue debuxando ata que termines. Saberás cando deixar de debuxar.
Amosando publicacións coa etiqueta manualidades b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta manualidades b>. Amosar todas as publicacións
22 de nov. de 2014
5 de mar. de 2014
Paseo de inverno
Observo fascinada a praia deserta e as raíces do piñeiral dunar que quedaron dramaticamente ao descuberto despois de tanto temporal seguido.
Recollo algúns fragmentos que me parecen especialmente fermosos e suxestivos. Deixareinos a secar un par de días na bandexa traseira do coche e despois de sacudilos un pouco para eliminar os restos de sal e de area, cunha destas madeiras farei un centro de flores secas.
O primeiro é decidir que forma, tamaño e cores lle van ben. Despois pegareille unha esponxa para flor (con cola térmica ou pegamento "no más clavos") e deixareino secar unhas horas. Entón comeza o máis entretido: ir pondo flores, musgo, ponlas, landras, materiais que fun recollendo aquí e alá nos meus paseos, flores que no seu día merquei e despois de gozar delas uns días nun xarrón púxenas a secar, restos de popurrís que perderon o seu perfume, todo vale. Esta vez terei que usar tamén algunhas flores artificiais porque levamos un inverno tan pasado por auga que hai moito tempo que non recollo nada no campo e non teño suficientes cousas hoxe. Pero o gasto total non chega nin a tres euros, e o resultado é espectacular.
24 de nov. de 2013
Un nó moi útil
Un aburrido día de domingo? Aprende a facer un nó corredizo para levar un colgante a distinta altura segundo che apeteza:
Utilísimo!
Utilísimo!
21 de ago. de 2012
Atrapasoños
Estou moi contenta porque Sandra me enviase esta foto do atrapasoños que confeccionou e anímovos a facer o mesmo:
14 de xul. de 2012
Atrapa os teus soños
Un atrapasoños (ou cazador de soños) é un obxecto feito a man que serve para filtrar os soños, deixando pasar só os positivos. Os bos soños baixan lentamente polas plumas ata nós; os pesadelos quedan atrapados nas pedriñas da rede e á mañá seguinte arden coa primeira luz do día. Por iso os atrapasoños deben colgarse no teito da habitación, preto da cabeceira da cama, evitando o contacto con calquera obxecto ou parede que lle podería estorbar a liberdade de movementos; tamén é ideal que o sol entre pola fiestra e chegue a iluminalo. Como calquera obxecto de poder, debe atoparse en perfecto estado: cando o tempo desgaste os seus materiais, se lle rompan os fíos ou caian as plumas, haberá que queimalo e poñer outro novo.
Os atrapasoños orixináronse na nación nativa norteamericana de Ojibwa. Durante o movemento Pan-Indio na década dos 60 e 70 foron adoptados tamén por outros pobos americanos, anque tamén hai quen os considera cousa chabacana e comercial, porque actualmente son fabricados e comercializados por estraños que non teñen ningunha consciencia sobre o seu funcionamento e non lles aplican o proceso de enerxización tradicional, polo que se converte nunha simple horterada decorativa para turistas.
En xeral un atrapasoños está formado por un aro (tradicionalmente de vimio ou salgueiro) e unha rede frouxa no seu interior, decorándose o conxunto con diversos obxectos que teñan un significado especial para o propietario (plumas, sementes, pedras...)
Hoxe vou confeccionar un atrapasoños aproveitando un groso cable dun electrodoméstico avariado, non é moi tradicional pero encóntroo adecuado porque o fío de cobre é moi bo condutor. Farei un círculo con ese cable e enroscareille en redor un aramio fino, cubrindo ao final todo o resultado con cinta de pintor.
Completado este primeiro paso, hai que decidir que cores queremos que teña. Trátase de cubrir esta estrutura para darlle o seu aspecto definitivo. Como eu estou reutilizando cousas vouno forrar de negro cos restos dun plástico adhesivo que me sobrou de forrar os caixóns dun vello moble, pero pódese forrar de la (dunha ou varias cores), de tela, ou por suposto forrado de coiro quedaría xenial.
Unha vez que xa temos o aro, toca tecer a rede. Hai varios modelos posibles, eu neste caso vou debuxar unha estreliña cun cordel negro. Para iso pintarei no aro doce puntos, como se fosen as horas dun reloxo. Poñerei estas doce marquiñas e comezarei o tecido como segue:
Ato o cordel no que serían as doce facendo un nó e déixolle bastante sobrante que servirá para colgalo do teito. Das 12 levo o cordel ata as 5, e aí fago outro nó.
Do 5 ao 10, e outro nó.
Do 10 repito o proceso para o 3.
Do 3 paso igualmente ao 8.
Do 8 para o 1.
Do 1 para o 6.
Do 6 para o 11.
Do 11 para o 4.
Do 4 para o 9.
Do 9 para o 2.
Do 2 para o 7.
Do 7 para o 12.
Nos principais puntos de cruce do cordón atarei pedriñas pequenas, das que se usan como contas para elaborar colares, atareinas cunha tanza practicamente invisibel, e logo prepararei cintas, plumas, cunchas, etc. para colgar dos puntos que serían as seis (o colgarello máis longo) as 5 e as 7 (máis ou menos simétricos) as 3 e as 9 (aí só vou poñer cintas negras). Colocarei unha boliña de madeira no cordón que sobresae do punto 12, o que serve para colgar o atrapasoños, e con iso xa estará rematado. Testo o lugar onde convén colgalo, poño un gancho no teito e observo como queda. Enerxízoo, prendo un incenso e canto.
Un bo atrapasoños, correctamente elaborado, enerxizado e colgado do teito, facilita o descanso, absorbe as negatividades do ambiente, afasta os malos espíritos, elimina os pesadelos e atrae soños con solucións creativas para a situación actual... se estás disposto a aceptalas.
12 de xul. de 2012
xabón reciclado
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


