12 de xul. de 2012

xabón reciclado

É doado atopar en internet instrucións para elaborar xabón caseiro, animádevos a probar. De momento, para que se vaian animando os máis inexpertos, propóñovos simplemente reutilizar os fragmentos de xabón que van quedando pequeniños e incómodos de usar, de diferentes aromas e colores. Rallaremos eses cachiños (cun rallador calquera de cociña) e irémolos gardando nun bote de cristal; cando teñamos unha boa cantidade poñeremos o bote ao baño maría cun pouquiño de auga e/ou aceite corporal e deixarémolo ferver batendo enerxicamente de vez en cando. O proceso é bastante fácil e rápido. Cando teñamos unha pasta homoxénea vertémola nuns moldes do tamaño e forma que prefiramos. Neste caso eu utilicei moldes de repostería. Póñense ao sol para que sequen, cando estea duro desmoldamos e listos para usar!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario