Vai suceder xa. É inminente. Galicia vai espertar.
O caso é que este proceso pode acelerarse, podemos contribuír ao seu espertar ou podemos simplemente esperar que suceda. Cada un de nós pode colaborar con esta terra para que asuma o seu ser verdadeiro, recupere a súa identidade, a súa maxia, a prosperidade, deixando atrás complexos, actitudes vitimistas, prantos e reclamacións.
Isto non vai de reivindicación, VAI DE COOPERACIÓN. Cada un que achegue enerxía desde o seu talento, desde as súas crenzas (e quen non teña ningunha crenza en particular que envíe un pensamento amoroso para esta terra, tanto se a coñece como se non).
Chegoume esta mensaxe coa petición de distribuíla para que o 23 de Xuño de 2012, entre as 20 e 22 h todos nós (cada un como queira, a soas ou en grupo, en Galicia ou noutro lugar onde estea) colaboremos neste ESPERTAR, pois a cooperación xera movemento!!!!! Ponte en conciencia e envía enerxía a Galicia o día 23 de Xuño de 2012 entre as 20 e as 22 h, o tempo que consideres necesario, non hai mínimos, non hai máximos, só horario para que o maior número de mentes xeremos xunto a ela o movemento. Se o prefires fai un debuxo, deseña unha pegatina, ou prende unha vela, reza unha oración, canta unha canción. Pon algo, o que queiras, da túa parte. Ou simplemente escribe "Acorda, Galicia" no teu estado do facebook.
Para poder ter, dá todo a todos.
Galicia dáche as Grazas

Ningún comentario:
Publicar un comentario