Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

8 de maio de 2019

Este pandeiro que toco

A gran difusión dos tambores de marco circulares, que abrangue practicamente toda Eurasia e o norte de África, e os tempos antigos a que estes se remontan en todas as culturas nas que aparecen, pode indicar que pertencen a un estrato cultural moi anterior ao desenvolvemento das grandes culturas do Mediterráneo e que estaban presentes en moitas delas antes de comezar a ter datos históricos sobre eles. Resulta estraño pensar nunha cultura musical que non empregue instrumentos de percusión para acompañar o canto. Así, inclinámonos a pensar que estes tambores de marco circulares eran xa coñecidos por todas as culturas onde aparecen desde polo menos principios do neolítico e que, por tanto, tamén o foron en Galicia antes da chegada dos romanos. Pero nin as novas que temos da música prerromana en Galicia mencionan os tambores circulares, nin as iconografías peninsulares da época conteñen estes instrumentos, polo que a hipótese da expansión destes instrumentos polo Mediterráneo en mans fenicias ou romanas cobra forza.

Como xorden estes instrumentos? Sospéitase que a súa orixe está intimamente ligada ao desenvolvemento da agricultura hai uns oito milenios, pola a semellanza morfolóxica e construtiva entre os cribos e peneiras e os tambores de marco circulares que resultarían de aproveitar estes útiles para acompañar o canto. Ademais soían ser fabricados polo mesmo tipo de artesáns: os peneireiros, estreitamente relacionados aínda co ciclo dos cereais. Nalgunhas culturas norteafricanas, nomeadamente na bérber, o uso colectivo dos tambores de marcos circulares está aínda intimamente ligado aos traballos agrícolas.

De ser certa esta orixe nas ferramentas de limpeza do cereal, en Galicia gardaríase a memoria de toda unha secuencia evolutiva ancestral que iría desde estas ferramentas agrícolas, pasando polos pandeiros ata as modernas e pequenas pandeiretas.

"Meu pandeiriño redondo,
 moito traballo che dan,
 de noite tocas na ruada,
 de día limpas o gran.
- ¿Tocamos, Manuela?
 - Tocamos, Benino:
Ti toca o pandeiro
que eu toco co cribo."

É lóxico que estes instrumentos redondos coma o sol e asociados ao cereal e á colleita se empregasen nos cultos de tipo solar, e tamén probablemente lunar, pois a lúa tamén se tiña en conta para a sementeira e está intimamente relacionada coa fertilidade.

Grandes tambores de marco circular aparecen documentados por primeira vez en Mesopotamia hai máis de 6000 anos, anque isto non significa que teñan alí a súa orixe; as fortes relacións prehistóricas do pobo sumerio con Exipto parece que propiciaron a aparición deste tipo de instrumentos no país dos faraóns, onde se tocaron enormes tambores de marco durante o Imperio Antigo (2700-2200 a.C). Co decorrer do tempo estes tambores foron minguando en tamaño. Durante o Imperio Novo (1550-1070 a.C.) fixéronse moi abundantes, máis que ningún outro, diminuíndo aínda máis o seu tamaño. Os tambores de marco exipcios recibiron o nome de teben, malia haber inscricións máis antigas nos que se denominaban ser. Soamente as mulleres os tocaban, pero por veces represéntase o deus Bes cun tambor de marco, quizais porque na mitoloxía exipcia este deus protexía as parturientes e os acabados de nacer.

Durante este período de tempo os fenicios estiveron en estreito contacto coa cultura exipcia, sendo moi posible que adoptasen os tambores de marco e os fosen espallando por todo o Mediterráneo xunto con outros instrumentos musicais tamén exipcios como os sistros ou os clarinetes duplos. Consérvanse innumerables estatuíñas fenicias nas que se poden ver mulleres tocando tambores de marco circulares.

Ben fose por influencia fenicia, ben porque os seus poboadores xa os coñecían desde o neolítico ou mesmo antes, o caso é que gregos e romanos fixeron tamén abundante uso dos tambores de marco circulares. En Roma foron coñecidos co nome de tympanum, en Grecia co de tympanon. En ambas culturas son ben coñecidos nas iconografías sobre vasos, pinturas murais, mosaicos etc., onde por veces as súas pelicas aparecen pintadas con motivos xeométricos, os marcos ricamente ornamentados e con fitas penduradas. Os documentos conservados amósannos os tambores circulares ligados á escena e aos cultos relixiosos, sendo mulleres as tocadoras por exemplo tanto no culto a Dionisos coma no de Cibeles.

En todas as culturas, modernas ou antigas, onde aparecen estes instrumentos musicais, redondos ou cadrados, o xeito de tocalos é idéntico: sostéñense coa man esquerda e bátese na pel coa man dereita, ben directamente cos dedos, ben empregando un pauciño.




Non deixes de visitar




29 de abr. de 2019

Lei do Karma



Significa que non tes que devolverme un convite, xa mo devolverá a vida. Eu regáloche un pedrusco, ti regálaslle unha terapia a outra persoa, esa persoa planta unha árbore e vinte anos despois eu recollo cogomelos na árbore que plantou el porque ti o sanaches porque eu che regalei unha turmalina... Todo vai unido. Devolve o ben que recibas, pero non te angusties en devolver O MESMO que che deron, nin Á MESMA PERSOA: Deixa que se transforme! Esa é a graza da vida. O importante non é o euro que custa senón a enerxía que se move.

22 de xan. de 2016

O amor non implica relación

O feito de que ames a unha persoa non significa que teñas que vivir con ela. Ás veces amamos persoas que están de paso nas nosas vidas, e mesmo despois de que se foron o sentimento perdura. Pero hai que deixalas partir, ben a outros lugares ou ben a outros planos dimensionais. O desapego non é falta de amor, é un exercicio de liberdade, é liberarnos e liberar á persoa amada, non do que sentimos por ela senón da obriga de estar xuntos, pois a convivencia pode ser factible ou non, sen que iso signifique nada malo. Tamén pasa moito nas familias, onde moitas veces ao deixar o niño temos que dar mil explicacións, como se o feito de independizarnos e ir vivir pola nosa conta significase que xa non amamos igual á nosa nai, por poñer un exemplo. É importantísimo aumir que o amor non implica relación.


 

9 de xul. de 2015

A cantar

Hai moitos motivos para cantar:  chega o bo tempo, moitos estamos de vacacións, e ademais cantar é terapéutico, limpa o quinto chacra, mellora a autoestima, conecta ambos hemisferios cerebrais... Se ademais tocas un instrumento os beneficios se duplican.
Aquí che deixo a letra de máis de cen cantigas moi coñecidas que de seguro animarán a sobremesa de moitas comidas entre amigos. Que o pasedes ben!



24 de dec. de 2014

O Tarot musical 2014: O Tolo

O Tolo non se para a reflexionar, ten a súa propia guía interior intuitiva, ten a sorte da súa parte, alegría, entusiasmo, confianza e a capacidade de construír cada día por si mesmo á súa medida. Na súa compaña nada pode saír mal. É o arcano máis poderoso do Tarot, a actitude máis positiva que se pode ter, perfectamente descrita nesta marabillosa canción, todo un clásico do pensamento positivo:



E agora si: BO NADAL A TODOS E A TODAS !!!

23 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 21 - O Mundo

A risco de repetirme, pois o ano pasado por estas datas vos felicitaba o Nadal con este tema, non podo deixar de incluílo como símbolo da felicidade que experimenta ao remate da súa viaxe vital un ser plenamente realizado en comuñón perfecta co universo: Marabilloso mundo, broche final deste Tarot Musical volume 1, elaborado ao longo deste 2014 que está para concluír... Si, xa sei que falta o Tolo, o arcano sen número, como me ía esquecer?

22 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 20 - O Xuízo

Os finais que non o son, o rei que foi, o rei que será. O Xuízo fala dunha historia que parecía acabar e volveu comezar, tamén de morte e resurrección. Por outra parte simboliza o rol social que eliximos representar, e o traballo en equipo, e a procura espiritual... Todas estas cousas están marabillosamente contadas na excepcional Excalibur, cuxo tema principal, O Fortuna, procede do Carmina Burana de Carl Orff e anque a letra orixinal, en latín medieval, non fala destas cousas senón da mudable fortuna, para a miña xeración este tema sempre evocará La Morte D´Artur e todo o que implica.

21 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 19 - O Sol

A certeza de que a partir de agora todo vai ir ben, a tranquilidade, a estabilidade, sentirse a salvo en compañía do que máis amas.

 

20 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 18 - A Lúa

Etapa da vida un pouco errática, insegura, cambiante. Melancolía, tristeza, imaxinación desbocada, fantasías tolas pero tamén gran creatividade e, por suposto, maxia. Momento para abrirlle a porta ao descoñecido, apagar o ruido mental e deixarse levar pola intuición.

 

19 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 17 - A Estrela

De todas as pezas que seleccionei para este tarot musical, esta é a expresión máis perfecta dun arcano non nun dos seus significados senón en todos: a esperanza, o triunfo total sobre as tebras da noite, o nacemento dun novo amor, a recuperación despois da Noite Escura da Alma, a luz ao final do túnel...

 

18 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 16 - A Torre

A Torre ferida por un raio representa a necesidade de desprenderse de todo aquilo ao que estamos apegados para poder seguir avanzando na vida. A miúdo implica algunha perda dolorosa, pero sempre polo noso ben. Se conservamos a esperanza e nos atrevemos a soltar amarras aceptando o reto e a aventura, en vez de aferrarnos ao que puido ser e non é, pode constituír unha marabillosa experiencia de liberación.

17 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 15 - O Demo

Actualmente arrasan os filmes e novelas con protagonistas vampiros, lobishomes, zombies e outros seres que non parece moi san atopar atractivos... Simpatía polo demo, si, tanto que fai innecesaria a explicación deste arcano. Permitídeme elixir a versión de Guns´n´Roses en vez das súas Satánicas Maxestades: non sempre a versión orixinal é a mellor e este é un exemplo ahhhh memorable.

 

16 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 14 - A Temperanza

A harmonía, a unión dos contrarios, ver o que hai en común en vez das diferencias, e así ser capaz da empatía, da compaixón amorosa. Esa enerxía de amor universal, comuñón total e sanación que expresa o arcano XIV está perfectamente expresada por Buda, Kwan Yin, Cristo, Franciso de Asís.

15 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 13 - A Morte


Este arcano, co que a xente non soe simpatizar moito, é un dos meus favoritos polo que ten de liberación total e novo comezo. Nótese que nas versións máis antigas o arcano non ten nome, así que a morte é só unha das varias interpretacións posibles. Na lámina represéntase un esquelete cunha gadaña e tamén restos de corpos humanos no chan, pero seguro que este personaxe os matou? Porque semellan felices, o rei da esquina inferior dereita está sorrindo! Igual están agromando da terra como en "Amanece, que no es poco". Si, porque no eterno ciclo cósmico a morte só é un punto e a parte, non un punto final. A miúdo representa a necesidade de deixar algo atrás, de facer unha poda severa nas nosas vidas prescindindo do que nos sobra, e así se crea o espazo necesario para o que realmente importa.
Pero eu hoxe, malia a posibilidade de elixir outro significado na liña de transformación, trascendencia, renovación, etc. vou pensar, literalmente, na morte.

 

14 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 12 - O Colgado

Un paso atrás para coller impulso. Todo queda en suspenso. Interiorizar. Reflexionar a soas. Deixarse estar, non mover ficha, esperar que as circunstancias cambien. Esperando sen saber moi ben que... como a estatua do xardín botánico!

13 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 11 - A Forza

Unha das posibles lecturas deste arcano é a Fortaleza, a capacidade de perseverar, de levantarse unha e outra vez non importa que golpes se reciban, e non só sobrevivir senón saír fortalecido.

 

12 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 10 - A Roda da Fortuna

Dos moitos significados que a Roda sempre a xirar trae, hoxe elixo a boa sorte, a abundancia, incluso a prosperidade, todo en grandes cantidades para todos: oxalá que chova café!

11 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 9 - O Ermitán

O ermitán segue o seu camiño, por veces en compañía pero sempre fiel á súa voz interior por riba de todo. Ten o seu propio criterio, as máis das veces diferente do pensamento dominante.
A colección de ermitáns desta extraordinaria película, aparentemente un western pero dunha profundidade inesperada, tan sucia e tan poética,  fala por si mesma. E a insuperable música de Ennio Morricone, dun lirismo desatado que doe.

 

10 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 8 - A Xustiza

Existen outras versións do tarot, máis modernas, que sitúan no oitavo lugar a Forza, pero eu prefiro seguir a numeración do Marsella, máis antiga e acorde con outras tradicións como a Cábala, onde o oitavo camiño é o da Xustiza, a sabedoría do universo, o conxunto de leis universais que garanten o equilibrio, a harmonía entre todo canto existe. Iso é o Karma, perfectamente explicado neste tema de Jorge Drexler que xa coñecedes de sobra os seguidores deste blog:

9 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 7 - O Carro

Facerte cargo da túa propia vida, enfrontando con alegría os retos que se presenten. Na miña experiencia persoal esta etapa da evolución persoal quedará para sempre asociada ao meu primeiro traballo, irme de casa para traballar na cidade máis grande de Galicia, onde baixei do tren cunha mochila e sen saber onde durmiría aquela noite, sen coñecer a ninguén, disposta a comezar absolutamente de cero a miña vida adulta, camiñando Urzaiz abaixo e tarareando "New York, New York".
Esa marabillosa sensación de poder, forza, independencia e gozo, do xoven adulto que ten toda a vida por diante e está disposto a triunfar, para min está marabillosamente expresada neste temazo que describe moi ben a enerxía do arcano do Carro: