22 de xan. de 2016

O amor non implica relación

O feito de que ames a unha persoa non significa que teñas que vivir con ela. Ás veces amamos persoas que están de paso nas nosas vidas, e mesmo despois de que se foron o sentimento perdura. Pero hai que deixalas partir, ben a outros lugares ou ben a outros planos dimensionais. O desapego non é falta de amor, é un exercicio de liberdade, é liberarnos e liberar á persoa amada, non do que sentimos por ela senón da obriga de estar xuntos, pois a convivencia pode ser factible ou non, sen que iso signifique nada malo. Tamén pasa moito nas familias, onde moitas veces ao deixar o niño temos que dar mil explicacións, como se o feito de independizarnos e ir vivir pola nosa conta significase que xa non amamos igual á nosa nai, por poñer un exemplo. É importantísimo aumir que o amor non implica relación.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario