Albert Ellis, na súa terapia racional emotivo-conductual, identificou unha serie de crenzas disfuncionais que as persoas adoitamos ter, son coma un lastre que arrastramos, nos limitan e nos amargan a vida.
Algunhas das máis frecuentes son:
1. A necesidade de ser amado, valorado ou sequera aceptado por todas as persoas importantes da contorna.
2. A obriga de ser competente e non ser un "fracasado".
3. Que se debe actuar sempre do xeito correcto, sen facer a vista gorda ante ningún erro.
4. Que sería perfecto que os demais fosen como nós queremos que sexan.
5. Que os estados emocionais obedecen a causas externas e non podemos facer gran cousa para actuar sobre eles.
6. Que é prudente e recomendable preocuparse reiteradamente por todas as cousas que poden saír mal.
7. Que o mellor é evitar as dificultades da vida en vez de afrontalas.
8. Que o noso pasado determina o noso futuro, e as cousas que saíron mal antes, volverán saír mal.
9. Que é lóxico sentirnos molestos polos defectos dos demais.
10. Que hai sempre unha solución correcta e perfecta aos problemas e sería un erro aplicar calquera outra.
Non sería xenial que alguén nos axudase a detectar cales son esas crenzas limitantes que temos instaladas na cabeza, coma se dun programa informático se tratase, e a desinstalalas? Pois en efecto, esa posibilidade existe, e asegúrovos que constitúe un alivio enorme.
En primeiro lugar hai que localizar esas crenzas ou "programas". Pode facerse de moitas maneiras: ás veces unha persoa xa sabe, pola propia observación, cales son; por exemplo, cando ti sabes que hai algo que che dá medo facer pero che gustaría poder facelo (declararlle o teu amor a unha veciña, presentarte para unha entrevista no emprego dos teus soños, cantar en público...) Neste caso é fácil, trátase de concretar a crenza que che impide facer o que queres (eu son feo, eu son torpe...) e eliminala. Outras veces ti sabes que hai algunha área da túa vida que non funciona pero ignoras o motivo (co ben que se me dá o meu traballo como é posible que nunca consigo o ascenso que merezo; co ben que me relaciono e socializo como é posible que non encontre noiva; etc) Neste caso é necesaria a intervención externa, por exemplo dun terapeuta que che axude a localizar a crenza, ben sexa a través de longas conversacións ata que ti mesmo te decates, ou a través doutros medios e tests; por último, pode ser que a crenza estea a nivel subconsciente e ti insistas en negala, como por exemplo a idea "eu non merezo ser feliz", que ten implantada moita máis xente do que en principio sería lóxico pensar. Neste último caso a mellor maneira de que a persoa tome consciencia desta crenza é amosarlla mediante un test kinesiolóxico para que vexa a súa propia reacción corporal perante esta frase e comprenda, e acepte, e estea en condicións de elixir cambiar.
Unha vez localizada a crenza pode desinstalarse por moitas vías. Unha das máis efectivas é PSY-K®, técnica que me encanta realizar. Os procedementos de PSY-K®, chamados balances, son moi fáciles, rápidos, cómodos e ata pracenteiros. Ademais de permitir ver fisicamente coas respostas do teu corpo o efecto da crenza que se trata, cousa realmente fermosa, teñen outra vantaxe nada desprezable, consistente en que se pode realizar o cambio, superar un medo, fobia ou trauma, sen pasar por el de novo, sen revivilo, sen contarllo a un terapeuta en interminables e dolorosas sesións. O facilitador de PSY-K® non necesita coñecer os detalles da experiencia traumática para axudarte a sanala, polo que se trata dun método moi amoroso, especialmente indicado para as situacións máis delicadas.
Amosando publicacións coa etiqueta emocións b>. Amosar todas as publicacións

8 de xul. de 2019
25 de abr. de 2019
Falsa empatía
Quen non se viu algunha vez perante a dor doutras persoas e se sentiu mal vendo o seu sufrimento?
Porén, a empatía non ten que ver co sufrimento. Ás veces confundimos a empatía e o ser comprensivos con vivir a dor doutra persoa. A próxima vez que che suceda, pregúntate que é exactamente o que che está facendo sentir mal. Se indagas a fondo, talvez a resposta non sexa a que a ti cres.
Ser empático é poñerte na situación do outro e comprendela, pero non é sufrir o que el sofre, nin sentir a mesma dor que el sente, nin interpretar desde a túa mente a experiencia pola que esa persoa debe de estar pasando e facela propia. Non es ti quen pasa por esa experiencia, non es ti quen ten unha aprendizaxe vital que recoller aí. Todas as experiencias son dignas de agradecer cando as vemos cunha perspectiva mais ampla, como leccións da alma que son, pois traen aprendizaxe e luz para quen as vive, pero cando te pos a vivenciar a dor doutra persoa o que estás facendo só é recrear desde a túa mente a dor que imaxinas que esa persoa está pasando. En realidade inventas unha película co que ti cres que lle pasa, pero desde a túa experiencia e aprendizaxe.
Todos fomos educados na crenza de que o sacrificio e o sufrimento son bos. Socialmente está ben visto que nos sintamos mal cando outros sofren, se non o facemos así non se nos considera boas persoas. Inculcáronnos que para apoiar a quen o pasa mal debemos estar tristes, con mala cara, non debemos expresar que estamos ben, todo o contrario, os que acompañan as persoas que sofren adoitan contar o seu propio sufrir, sexa actual ou pasado, nun falso intento de axudar, porque a final o ego acaba apropiándose da situación: mesturando o sufrimento do outro co propio fortalécese o ego. Ao outro non lle axuda nada que ti te poñas a sufrir a súa pena e digas: é que eu son moi sensible, non o podo evitar. Pénsao con calma: non ves que o protagonista dese dramón que estás construíndo es ti? O ego xoga o seu papel demostrando que es unha persoa bondadosa e boa por sufrir co sufrimento dos demais. Pero cres que a persoa que o pasa mal pode saír do sufrimento con máis sufrimento? Crer que a persoa que sofre se sentiría mellor vendo sufrir a outros... Pero qué concepto tes dela entón? Qué clase de estima lle tes ou che ten?
A necesidade de constatar o bos que somos, as conviccións morais que nos inculcaron,
todo isto son programacións mentais das que debemos liberarnos. Cando acompañemos a alguén que sofre ofrezámoslle o noso cariño, non o noso sufrimento. Ofrezámoslle axuda, consolo, compañía, permitámoslle expresarse se o desexa animándoo a falar, preguntándolle, asentindo. Aprendamos a escoitar sen interrumpir para dicir o mal que nos sentimos nós, e sen poñernos de exemplo contando como nos comportamos nós nunha situación similar.
Se a nosa intención é axudar aos demais temos que estar ben enteiros, non sumidos na súa dor.
Ser empático é poñerte na situación do outro e comprendela, pero non é sufrir o que el sofre, nin sentir a mesma dor que el sente, nin interpretar desde a túa mente a experiencia pola que esa persoa debe de estar pasando e facela propia. Non es ti quen pasa por esa experiencia, non es ti quen ten unha aprendizaxe vital que recoller aí. Todas as experiencias son dignas de agradecer cando as vemos cunha perspectiva mais ampla, como leccións da alma que son, pois traen aprendizaxe e luz para quen as vive, pero cando te pos a vivenciar a dor doutra persoa o que estás facendo só é recrear desde a túa mente a dor que imaxinas que esa persoa está pasando. En realidade inventas unha película co que ti cres que lle pasa, pero desde a túa experiencia e aprendizaxe.
Todos fomos educados na crenza de que o sacrificio e o sufrimento son bos. Socialmente está ben visto que nos sintamos mal cando outros sofren, se non o facemos así non se nos considera boas persoas. Inculcáronnos que para apoiar a quen o pasa mal debemos estar tristes, con mala cara, non debemos expresar que estamos ben, todo o contrario, os que acompañan as persoas que sofren adoitan contar o seu propio sufrir, sexa actual ou pasado, nun falso intento de axudar, porque a final o ego acaba apropiándose da situación: mesturando o sufrimento do outro co propio fortalécese o ego. Ao outro non lle axuda nada que ti te poñas a sufrir a súa pena e digas: é que eu son moi sensible, non o podo evitar. Pénsao con calma: non ves que o protagonista dese dramón que estás construíndo es ti? O ego xoga o seu papel demostrando que es unha persoa bondadosa e boa por sufrir co sufrimento dos demais. Pero cres que a persoa que o pasa mal pode saír do sufrimento con máis sufrimento? Crer que a persoa que sofre se sentiría mellor vendo sufrir a outros... Pero qué concepto tes dela entón? Qué clase de estima lle tes ou che ten?
A necesidade de constatar o bos que somos, as conviccións morais que nos inculcaron,
todo isto son programacións mentais das que debemos liberarnos. Cando acompañemos a alguén que sofre ofrezámoslle o noso cariño, non o noso sufrimento. Ofrezámoslle axuda, consolo, compañía, permitámoslle expresarse se o desexa animándoo a falar, preguntándolle, asentindo. Aprendamos a escoitar sen interrumpir para dicir o mal que nos sentimos nós, e sen poñernos de exemplo contando como nos comportamos nós nunha situación similar.Se a nosa intención é axudar aos demais temos que estar ben enteiros, non sumidos na súa dor.
1 de dec. de 2017
15 de set. de 2017
Mentiras... piadosas?
Chámanlle mentiras piadosas ás que supostamente unha persoa di en beneficio doutra e non de si mesma. Trataríase de aforrarlle un disgusto á persoa obxecto do engano.Dubido moito que se lle poida aforrar ningún disgusto, pois cada un ten o seu plan de vida e os presuntos disgustos as máis das veces están aí para ser vivenciados e integrados aportándonos algunha aprendizaxe importante. E quen son eu para saber que vai disgustar ou fortalecer a outra persoa, que aprendizaxes decidiu experienciar nesta vida e cales non? Quen son eu para decidir por ela? Tan lista me creo que desde a miña superioridade con gran condescendencia elixo o que lle convén e o que non sen consultarllo?
É mellor que o pense dúas veces e revise se de veras estou pensando nela. Non estarei tentando de aforrarme eu un disgusto, o disgusto que a min me causa ser portadora de malas noticias, ter que apenar e despois consolar a outro ser humano? Oh, pode ser. Talvez é a miña incomodidade a que estou aforrando.
21 de maio de 2017
Sete actitudes que demostran a túa fortaleza mental e emocional
Non te deixas utilizar, non te sometes á vontade de ninguén, elixes o mellor en cada momento. Non dis cousas como "o meu xefe faime sentir mal", porque ti es dono de ti mesmo e ninguén pode obrigarte a "sentir", ti es o único dono das túas emocións e o único responsable de como reaccionas nunha situación. Rodéaste de xente positiva. Non perdes o tempo escoitando queixumes de persoas chorimiqueiras que fan da queixa un fin en si mesmo e non están dispostas a cambiar. Ao final, as persoas negativas acaban por evitarte. Tendes a sorrir e rir moito e atraes outras persoas positivas. A túa calidez, apertura e actitude fai que outros te vexan digno de confianza. Es capaz de poñer límites e ser firme cando é necesario. Aínda que o teu carácter amistoso pode facer que parezas presa fácil para algúns, levarán unha sorpresa cando te vexan poñer límites e manterte firme. Pensas antes de falar e daste tempo para acougar se notas que as túas emocións queren rebordar. Esfórzaste en ser amable e xusto, e comprendes que outras persoas se alteren por non conseguir o que querían. Non fas inimigos innecesarios pero sabes que non hai que agradar a todo o mundo todo o tempo, respectas o teu tempo persoal, os teus intereses e compromisos, así que non tes medo de dicirlle "non" a alguén e manterte firme se é necesario. Toleras ben a soidade e non temes o silencio, podes estar a soas cos teus pensamentos, gozas deses momentos, non dependes todo o tempo da presenza doutros para ser feliz.
2. Aceptas os cambios:
Non tratas de evitar os cambios, acéptalos porque es flexible e confías na túa propia capacidade para adaptarte. Sempre estás disposto a aprender e por iso estás en constante crecemento e evolución, aberto a novas ideas e a aprender dos demais, incluso a cambiar de opinión se alguén presenta unha idea mellor que a túa. En última instancia, confías en ti mesmo e no teu propio xuízo para tomar a mellor decisión en cada momento. Non te lanzas á aventura sen pensar, pero es capaz de asumir riscos controlados. Dedicas o tempo que necesites a sopesar os riscos e beneficios antes de tomar unha decisión importante, infórmaste ben e despois pasas á acción.
3. Perseveras tras un revés:
Cando te esforzas para poñerte en forma ou levantar un novo negocio, non esperas resultados inmediatos. Aplicas as túas habilidades e tempo ao máximo e entendes que os cambios reais levan tempo. Non ves o fracaso como un motivo para abandonar. Utilizas o fracaso como unha oportunidade para crecer e mellorar. Tes vontade para seguir intentándoo ata que o consegues.
4. Miras para diante:
Non perdes tempo sentindo nostalxia do pasado nin desexando que as cousas puidesen ser diferentes. Pensas cara a adiante e estás disposto a deixar atrás o pasado, asúmelo e podes dicir o que aprendiches del, con todo non estás revivindo constantemente as túas malas experiencias ou os vellos e bos tempos. Centras a túa vida no presente e fas plans para o futuro. Aprendes dos teus erros pasados e non os proxectas ao futuro, non cres que o fracaso vaia repetirse. Non perdes tempo autocompadecéndote ou lamentando como outras persoas se portaron contigo. En cambio, asumes a responsabilidade polos teus propios actos e entendes que a vida non sempre é fácil ou xusta. Es capaz de superar os conflitos onde te involucras cos demais. Non te aferras á ira polo que outros consideran de ti ou che fixeron, en lugar diso, usas o incidente para crear conciencia sobre a forma de NON deixar que suceda de novo e é improbable que se aproveiten de ti novamente no mesmo conxunto de circunstancias.
Aceptas a responsabilidade pola túa conduta e aprendes dos erros pasados. Como resultado, non repites unha e outra vez eses erros. En cambio es capaz de pasar páxina e tomar decisións máis intelixentes grazas á túa experiencia.
5. Elixes ben en que gastar a túa enerxía:
Nunca te oín queixarte do mal tempo, do tráfico ou das obras na autovía: céntraste nos aspectos da vida que podes controlar. Recoñeces que, ás veces, o único que podes controlar é a túa propia actitude e concéntraste no positivo. Sen ignorar as malas noticias, tomaches a decisión consciente de non gastar demasiado do teu tempo e enerxía no irresoluble, prefires atopar solucións a un problema concreto, actuar sobre as cousas que realmente están baixo o teu control.
6. Non cres que o mundo che deba nada:
Non te sentes inxustamente tratado, non cres que outros deban ocuparse de ti, darche algo, remunerarte ou agradecerche o que levas feito. O que fas prodúceche a satisfacción persoal de facelo e non o fas por outro motivo, non tes móbiles ocultos como a necesidade de demostrar a túa valía, de que te admiren ou de que te amen, sabes que mereces o verdadeiro amor, que é de balde. Por iso mesmo podes celebrar o éxito doutros na vida, sen competir con eles, sen sentir envexa nin pensar que te superan. Recoñeces que o éxito vén do traballo duro e gozas esforzándote.
7. Procuras facer a vida máis divertida, fermosa, feliz, e
interesante:
Xa sexa no traballo, na casa, ou cos amigos, sabes o que nos fai felices e
buscas oportunidades para o benestar. Sentes pracer e satisfacción ao ver aos
demais felices e realizados, e fas todo o posible para alegrar o día de alguén
máis.
10 de xan. de 2016
Problemas familiares ande ande marimorena?
Á volta das vacacións de Nadal atopo varias persoas alegres de volver ao traballo, porque o encontro supostamente festivo con xente a que non ven durante o resto do ano e á que se supón que teñen que amar foi demasiado estresante.
É este o teu caso? Non te preocupes, non hai nada malo ou erróneo en ti, xenerar emocións desagradables é perfectamente normal. Todos os que din que hai que sentir amor, non enfadarse nunca, perdoar, están no certo, pero ese é un ideal ao que tendemos, non sempre o conseguimos, e cando non o consigamos non hai que desesperar.
1. Perdóate a ti mesmo. Antes de perdoar a outros practica contigo mesmo, observa como te sentiches se perdiches os estribos na cea de Noiteboa, trata de comprender os motivos, dáte a ti mesmo a comprensión amorosa que darías a calquera neno ferido que necesitase consolo. Porque as familias moitas veces arrastran traumas tan antigos, de tantas xeracións atrás, que se perpetúan ata que alguén se para a comprendelo e perdoalo dentro de si mesmo, redimindo co seu traballo interior a todo o clan.
2. Analiza o que pasou paso por paso, que se dixo, que se fixo, quen falou e quen respondeu, que reproches houbo e por que. Pon todo por escrito. Desafoga todos os teus sentimentos, os daquel momento e os de agora. Conta todo o que sexa relevante para o caso, mesmo que se trate de vellos agravios de moito tempo atrás, dálles expresión e comprensión para integralo e trascendelo, como se o tiveses literalmente dentro do teu corpo físico e escribíndoo o puxeses, por fin, fóra, liberándote.
3. Fai por lembrar outros aspectos do sucedido alén dos emocionais: como estabas sentado, que postura corporal, que estabas facendo, con que xesto. Intenta reproducilo, analiza que tensións físicas sentías e disólveas, procura unha postura relaxada que che faga sentir mellor e practícaa, lémbraa para asumila a próxima vez e apoiarte nela para sentirte mellor.
4. Imaxina a próxima vez que te encontres con esas persoas e planifica unha actuación mellor que a pasada. Aprende a recoñecer a situación que disparou o problema, a vela vir e xestionala de maneira máis conveniente para ti e para todos. Podes incluso escribila, contar a situación que viviches cambiándoa, solucionando o problema que xurdiu, non importa que non o creas posible, ti só escríbea como se fose un simple exercicio literario.
Estes pasos te axudarán a estar máis centrado a próxima vez, pero non é tarefa dun día, postos aquí un detrás doutro nunha breve entrada dun blog parece máis simple e rápido do que realmente é, cada un destes pasos leva o seu tempo, actívanse moitas resistencias, revívense moitas sensacións desagradables, xorde con forza a idea de non volver relacionarte con esas persoas nunca máis, etc. Todo iso forma parte do proceso tamén, acéptao e continúa adiante. E se queres e che apetece, pide axuda, porque esta é só unha pequena mostra de estratexias a seguir pero hai moitas máis e sempre adaptándoas a cada caso.

12 de xul. de 2015
Para saír do sufrimento
Ás veces non sabemos que é exactamente o que nos fai sufrir, podemos pensar que procede do exterior pero en realidade temos unha serie de crenzas limitantes que nos impiden actuar para resolver a situación, como cando creo que un suceso do pasado vai condicionar toda a miña vida futura, ou que non importa que a miña parella me meltrate de cando en vez. Adoita ser útil compartir o problema con alguén máis obxectivo, como un amigo ou un terapeuta. Pecharte en ti mesmo e as túas preocupacións aumentaría a túa tristeza, mellor achégate a persoas que che fagan sentir ben e cóntalles o que che preocupa. Somos seres sociais e necesitamos compartir, desafogarnos, dar e recibir apoio e afecto.
A tristeza prolongada pode converterse nunha rutina e entón chegamos a esquecer como se senten outras cousas e xa non sabemos saír desta situación. Nese caso podemos dar pequenos pasos para recuperar outras emocións ademais da tristeza: sexa o que sexa o que te atormenta, non intentes facer o esforzo sobrehumano de ignoralo, só concédete cada día un tempo de descanso e alegría. Busca algo que poidas gozar nese momento, se é posible ao aire libre, no campo ou polo menos nun parque. Aínda que de entrada non che apeteza, unha vez alí a túa mente vaise despexar e permitirá que aparezan ideas novas, entre elas talvez unha solución ao teu problema. Non é fácil concedernos un paréntesis na nosa dor, podemos chegar a sentirnos culpables de estar gozando dun intre de diversión, ou ata volvernos incapaces de relaxarnos e pasalo ben porque deixamos asuntos por resolver en calquera área de vida, sexa laboral ou persoal. Como a gran maioría das preocupacións proceden de recordos pasados ou temores futuros, se consegues permanecer no presente sentiraste mellor. Proba a poñer unha alarma no móbil e dicirte a ti mesmo: "Podo deixar de pensar neste problema durante vinte minutos e prestar toda a miña atención ao que realmente estou facendo agora; a miña mente descansará, recuperarase do estrés e despois será máis eficaz, estarei máis lúcido e atoparei unha solución, así que este descanso en realidade faime avanzar cara á solución do problema".
Practica o perdón. Moitas veces nós somos os nosos peores xuíces, así que non sexas tan duro contigo mesmo, acepta a responsabilidade pero non a culpa, fai o que estea na túa man para reparar o dano que causaches ou che causaron e despois segue adiante sen cargar máis con ese peso. Non te acostumes ao sufrimento, non te quedes no papel de vítima nin no de culpable, podes saír de ambos a través do perdón, e é a única vía porque non podes cambiar o pasado, só aceptalo e darlle un sentido novo na túa vida, agradecendo as aprendizaxes que che aportou e seguindo adiante.

(fermosa escultura de Zenos Frudakis, Philadelphia, EE.UU)
14 de nov. de 2014
Intelixencia emocional
Noutra ocasión falamos neste blog das intelixencias múltiples e hoxe gustaríame que nos achegasemos un pouquiño á intelixencia emocional.
A competencia emocional é imprescindible para desenvolverse na vida, anque lamentablemente non se ensina ben, son "contidos transversais" nunha a sociedade que considera que o coñecemento é unha actividade mental.
A autoconsciencia, o control dos sentimentos, a motivación, a empatía e as habilidades sociais constitúen cinco ferramentas fundamentais para enfrontarse ao desafio de vivir.
AUTOCONSCIENCIA
É a habilidade de saber o que sentes e tomar decisións coas que vivir feliz. Para adquirir esta habilidade é necesario adquirir as competencias de conciencia emocional, autoavaliación e autoconfianza.
CONTROL DAS EMOCIÓNS
É a habilidade do autodominio, controlar os impulsos, xestionar a propia ansiedade. Non se trata de reprimirse senón de sentir cada cousa no momento adecuado e de maneira proporcional ás circunstancias, pois os sentimentos pertubadores demasiado intensos ou que duran demasiado tempo socavan nosa estabilidade.
MOTIVACIÓN
A motivación é a capacidade de perseverar e conservar o optimismo fronte á adversidade. Cun sentimento de benestar, confianza e entusiasmo é máis probable que poidamos superar os obstáculos e aprender deles, vantaxes que nos axudarán a lograr os nosos obxectivos.
EMPATIA
A capacidade de percibir como se sente outra persoa fainos competentes socialmente. Podemos percibir os sentimentos expresados polos demais de forma non verbal e responder a eles. Cando hai desacordo entre as palabras que se din e a comunicación non verbal é esta a que transmite a verdade última do que se comunica (o ton de voz, os xestos, a expresión facial...)
HABILIDADES SOCIAIS
Se temos empatía e autocontrol podemos xestionar mellor todo tipo de situacións sociais onde tamén entren en xogo as reaccións emocionais dos demais, conseguindo a mellor interacción posible coa xente en calquera situación e en beneficio de todos.
Estas habilidades poden aprenderse e carecer delas pode ser causa de moitos desastres en todos os ámbitos desde o máis privado e persoal ao público, laboral, político...

1 de ago. de 2014
Ama a quen te ama e responde a quen te chama
Amar a unha persoa que non te corresponde, pero é tan perfecta e inalcanzable que constitúe un ideal digno de ser amado.
Amar a unha persoa que está comprometida con outra, pero ti es a súa mellor amiga ou amigo e por un lado che di que te necesita e que só contigo pode sincerarse pero por outro lado non te ve como parella cando é iso exactamente o que ti estás desexando, esperando, sempre disponible para as súas confidencias, para acudir á súa chamada, confiando en que un día se entregará a ti completamente.
Amar a alguén que ten outra orientación sexual, pero ti cres que un día cambiará.
Amar a quen o foi todo para ti anos atrás e seguides xuntos pero claro, as cousas cambian e por circunstancias da vida fostes distanciándovos e en canto se solucione o problema dos fillos / da hipoteca / dos papeis do seu divorcio / do seu emprego / da venta do piso ... todo se solucionará e volverá a ser como antes.
Amar a quen te quere con loucura anque en fin, o seu carácter é así, os celos pódenlle e ponse violento, pero só polo moito que te quere, desde fóra pode parecer que che fai dano pero en realidade esa violencia é froito da súa paixón por ti, que non pode controlala, así que podería mesmo considerarse que é unha proba do seu amor.
Amar a quen está a punto a punto de casar contigo, só espera que se resolva un asuntiño de nada, asuntiño que leva anos sen resolverse e vós mantedes a vosa relación en segredo para non prexudicar a outras persoas implicadas.
Amar a alguén do mesmo sexo que non pode admitir en público o que sente por ti porque sería darlle un desgusto mortal a terceiras persoas ou perder algo importante, que el cre imprescindible, como o traballo, a posición social...
Debes comprender que o amor non implica sufrimento. Nunca. Nos casos que vimos de mencionar por un lado temos un sentimento amoroso, e por outro temos lazos de dependencia prexudiciais, intereses creados, malos hábitos adquiridos, crenzas limitantes, en suma toda unha serie de condicionantes que se ben nos manteñen unidos fano con dor, medo ao cambio e frustración. Neste tipo de relacións, polo tanto, predomina o apego, non o cariño.
O apego consiste nunha escravitude, nun lazo que non queremos soltar anque nos manque. Pode darse por varias razóns, por exemplo medo. Medo de que se algo cambia a relación non se sosteña, medo de non atopar nunca outra relación satisfactoria, medo de ferir ou ser feridos, medo de sermos persoas malas e desconsideradas, medo da soedade, da opinión dos demais, de non ser capaces, etcéeeeeetera.
Se cres que non é o teu caso, que non se trata de apego, deberías probar a cortar os lazos limitantes desa relación. Non che estou suxerindo porlle fin á relación en si senón todo o contrario, mellorar a súa calidade, cortar os lazos do apego, da dependencia limitante, da chantaxe emocional, do medo. A relación pode quedar fortalecida, tras unha poda magnífica de todo o superfluo, nacerán gromos novos, fortes e sans. Pero tamén, se non había verdadeiro afecto, podes decatarte de súpeto, ver a realidade sen máscaras e comprender que efectivamente hai que porlle fin. Iso non ten por que significar berros, dramas, choros e traumas, podes cambiar o tipo de relación con esa persoa, sen cortar o trato con ela, ou podedes mesmo manter a relación pero sentando novas bases.
Por exemplo: Rosa leva vinte anos namorada do seu xefe. El está casado, e anque unha vez se deitaron iso non volveu pasar e serviu para reafirmar a súa intimidade e complicidade, pero non para que el se cuestione o seu matrimonio. Continuamente chama a Rosa por teléfono e manteñen longas conversas ata altas horas da madrugada. El asegura que só Rosa o comprende, que son almas xémeas. Rosa está segura de que algún día estarán xuntos. Rosa non está disponible para ningún outro romance porque se entregou a esta fantasía estéril completamente e se coñece algún home interesante non constrúe nada sólido con el porque a súa verdadeira meta é o seu xefe, sempre compara con el a calqueroutro, sempre responde ao teléfono cando el chama, escoita as súas coitas, mesmo que traten das súas amantes. Ela está convencida de ser alguén moi especial na vida del e non quere prescindir de ocupar un lugar tan especial no seu corazón, anque sexa o de confidente, amiga íntima, ou calquera nome que entre eles decidan darlle a esta escravitude de Rosa, porque claramente el non está no mesmo caso de dependencia, esta non é unha relación entre iguais. Un día Rosa decide cortar os lazos prexudiciais que a unen ao seu xefe. Para iso hai varios procedementos e ela escolle unha meditación pedíndolle axuda ao arcanxo Miguel.
Rosa, a soas no seu cuarto, pecha os ollos e imaxina estar fronte ao seu xefe. Explícalle que van proceder a cortar os lazos de dependencia prexudiciais que se foron formando entre eles e pídelle a súa colaboración. Acto seguido chama polo arcanxo Miguel e pídelle a súa colaboración. Imaxina a Miguel arcanxo dándolle o aspecto que considere, non se obsesiona con isto, simplemente sabe que é un ser fermoso e bondadoso que porta unha gran espada. Rosa comeza a visualizar un por un os lazos que saen do seu corpo e van ao corpo do seu xefe. Algúns son lazos dourados moi fermosos que unen as súas cabezas, outros saen do corazón e doutras partes do corpo. Rosa visualiza todos estes lazos, fíxase en como son, de que material están feitos, de que partes do corpo saen. Cando xa os está vendo todos, pídelle a Miguel que os corte, que corte todos os lazos prexudiciais entre eles. Miguel córtaos coa súa espada. A continuación é importante recoller os cabos destas ataduras e conectalos ao seu propio corpo. Rosa recolle os extremos dos seus lazos e conéctaos no seu corpo, e asegúrase de que o seu xefe faga outro tanto. Cando ambos remataron, Rosa agradece ao seu xefe e a Miguel arcanxo a súa participación e abre os ollos, aliviada.
Ao día seguinte no traballo todo semella igual que sempre, pero pola noite Rosa sae cun grupo de amigas e cando o seu móbil soa as doce da noite cunha chamada do seu xefe decide non collelo. Ao día seguinte o seu xefe pregúntalle por que non colleu o teléfono e ela responde cun sorriso que era demasiado tarde e pídelle que en adiante faga o favor de non chamar tan a deshora.
AMPLIA ESTA INFORMACIÓN
Amar a unha persoa que está comprometida con outra, pero ti es a súa mellor amiga ou amigo e por un lado che di que te necesita e que só contigo pode sincerarse pero por outro lado non te ve como parella cando é iso exactamente o que ti estás desexando, esperando, sempre disponible para as súas confidencias, para acudir á súa chamada, confiando en que un día se entregará a ti completamente.
Amar a alguén que ten outra orientación sexual, pero ti cres que un día cambiará.
Amar a quen o foi todo para ti anos atrás e seguides xuntos pero claro, as cousas cambian e por circunstancias da vida fostes distanciándovos e en canto se solucione o problema dos fillos / da hipoteca / dos papeis do seu divorcio / do seu emprego / da venta do piso ... todo se solucionará e volverá a ser como antes.
Amar a quen te quere con loucura anque en fin, o seu carácter é así, os celos pódenlle e ponse violento, pero só polo moito que te quere, desde fóra pode parecer que che fai dano pero en realidade esa violencia é froito da súa paixón por ti, que non pode controlala, así que podería mesmo considerarse que é unha proba do seu amor.
Amar a quen está a punto a punto de casar contigo, só espera que se resolva un asuntiño de nada, asuntiño que leva anos sen resolverse e vós mantedes a vosa relación en segredo para non prexudicar a outras persoas implicadas.
Amar a alguén do mesmo sexo que non pode admitir en público o que sente por ti porque sería darlle un desgusto mortal a terceiras persoas ou perder algo importante, que el cre imprescindible, como o traballo, a posición social...
Debes comprender que o amor non implica sufrimento. Nunca. Nos casos que vimos de mencionar por un lado temos un sentimento amoroso, e por outro temos lazos de dependencia prexudiciais, intereses creados, malos hábitos adquiridos, crenzas limitantes, en suma toda unha serie de condicionantes que se ben nos manteñen unidos fano con dor, medo ao cambio e frustración. Neste tipo de relacións, polo tanto, predomina o apego, non o cariño.
O apego consiste nunha escravitude, nun lazo que non queremos soltar anque nos manque. Pode darse por varias razóns, por exemplo medo. Medo de que se algo cambia a relación non se sosteña, medo de non atopar nunca outra relación satisfactoria, medo de ferir ou ser feridos, medo de sermos persoas malas e desconsideradas, medo da soedade, da opinión dos demais, de non ser capaces, etcéeeeeetera.
Se cres que non é o teu caso, que non se trata de apego, deberías probar a cortar os lazos limitantes desa relación. Non che estou suxerindo porlle fin á relación en si senón todo o contrario, mellorar a súa calidade, cortar os lazos do apego, da dependencia limitante, da chantaxe emocional, do medo. A relación pode quedar fortalecida, tras unha poda magnífica de todo o superfluo, nacerán gromos novos, fortes e sans. Pero tamén, se non había verdadeiro afecto, podes decatarte de súpeto, ver a realidade sen máscaras e comprender que efectivamente hai que porlle fin. Iso non ten por que significar berros, dramas, choros e traumas, podes cambiar o tipo de relación con esa persoa, sen cortar o trato con ela, ou podedes mesmo manter a relación pero sentando novas bases.
Por exemplo: Rosa leva vinte anos namorada do seu xefe. El está casado, e anque unha vez se deitaron iso non volveu pasar e serviu para reafirmar a súa intimidade e complicidade, pero non para que el se cuestione o seu matrimonio. Continuamente chama a Rosa por teléfono e manteñen longas conversas ata altas horas da madrugada. El asegura que só Rosa o comprende, que son almas xémeas. Rosa está segura de que algún día estarán xuntos. Rosa non está disponible para ningún outro romance porque se entregou a esta fantasía estéril completamente e se coñece algún home interesante non constrúe nada sólido con el porque a súa verdadeira meta é o seu xefe, sempre compara con el a calqueroutro, sempre responde ao teléfono cando el chama, escoita as súas coitas, mesmo que traten das súas amantes. Ela está convencida de ser alguén moi especial na vida del e non quere prescindir de ocupar un lugar tan especial no seu corazón, anque sexa o de confidente, amiga íntima, ou calquera nome que entre eles decidan darlle a esta escravitude de Rosa, porque claramente el non está no mesmo caso de dependencia, esta non é unha relación entre iguais. Un día Rosa decide cortar os lazos prexudiciais que a unen ao seu xefe. Para iso hai varios procedementos e ela escolle unha meditación pedíndolle axuda ao arcanxo Miguel.
Rosa, a soas no seu cuarto, pecha os ollos e imaxina estar fronte ao seu xefe. Explícalle que van proceder a cortar os lazos de dependencia prexudiciais que se foron formando entre eles e pídelle a súa colaboración. Acto seguido chama polo arcanxo Miguel e pídelle a súa colaboración. Imaxina a Miguel arcanxo dándolle o aspecto que considere, non se obsesiona con isto, simplemente sabe que é un ser fermoso e bondadoso que porta unha gran espada. Rosa comeza a visualizar un por un os lazos que saen do seu corpo e van ao corpo do seu xefe. Algúns son lazos dourados moi fermosos que unen as súas cabezas, outros saen do corazón e doutras partes do corpo. Rosa visualiza todos estes lazos, fíxase en como son, de que material están feitos, de que partes do corpo saen. Cando xa os está vendo todos, pídelle a Miguel que os corte, que corte todos os lazos prexudiciais entre eles. Miguel córtaos coa súa espada. A continuación é importante recoller os cabos destas ataduras e conectalos ao seu propio corpo. Rosa recolle os extremos dos seus lazos e conéctaos no seu corpo, e asegúrase de que o seu xefe faga outro tanto. Cando ambos remataron, Rosa agradece ao seu xefe e a Miguel arcanxo a súa participación e abre os ollos, aliviada.Ao día seguinte no traballo todo semella igual que sempre, pero pola noite Rosa sae cun grupo de amigas e cando o seu móbil soa as doce da noite cunha chamada do seu xefe decide non collelo. Ao día seguinte o seu xefe pregúntalle por que non colleu o teléfono e ela responde cun sorriso que era demasiado tarde e pídelle que en adiante faga o favor de non chamar tan a deshora.
AMPLIA ESTA INFORMACIÓN
11 de maio de 2014
Operación bikini
Nestas alturas do ano aumenta exponencialmente a cantidade de persoas que se apuntan ao ximnasio e/ou acoden ao médico para baixar eses quilos de máis acumulados durante o frío inverno. Ai, que ricas estaban as lentellas, os garavanzos con bacallau, o turrón do Nadal, as orellas do Entroido... E sobre todo, que ben se está, que a gustiño, estomballados no sofá mentres fóra caen chuzos de punta. Porque a inactividade, a televisión, a computadora, engordan máis que calquera guiso de mamá.
Por unha parte a sociedade nos presiona cos seus canons de beleza. Por outra parte chega o bo tempo e en xeral ensinamos máis carne que cos envoltorios invernais. En terceiro lugar sacamos do armario a roupa de verán e haberá presuposto ou non para adquirir roupa nova así que a primeira opción é meterse na do ano pasado, espello cruel de como pasa o tempo... Engordei todo isto? Caemos entón nos bos propósitos estacionais coñecidos como "operación bikini" (dieta, exercicio...) que a finais do verán abandonamos co resultado de sufrir de novo os efectos típicos do inverno máis o efecto rebote!
Existen, porén, outras razóns para o sobrepeso, outros factores que veñen a sumarse aos anteriores: factores emocionais. A ansiedade (por exemplo ao deixar de fumar), pode conducir a refuxiarse comendo; o medo, a necesidade de protexerse dos demais, as feridas sufridas na infancia, o estrés, o enfado mal xestionado, a depresión e a sensación de abandono, a baixa autoestima...
Toda sanación espiritual tropezará, tarde ou cedo, co noso autoconcepto, que se forma de moitas maneiras, unha delas o que vemos cando nos miramos no espello. Así que perder peso non é un asunto trivial, unha moda de tempada, pois dependendo da persoa perder peso pode implicar un traballo espiritual a un nivel moi profundo. Hai que facer vida sa, moverse máis, comer adecuadamente, cambiar de hábitos, si, todo iso é conveniente, pero coñezo moitas persoas que seguindo estes consellos non adelgazan, e tamén coñezo outras que non se coidan nada e teñen o peso ideal. De onde se deduce que os outros factores, os emocionais, inflúen moito. Hai que facer vida sa e sanar a ferida. As dúas cousas.
Déixovos un audio magnífico para escoitar pola noite xusto antes de durmir, xa na camiña cos ollos pechados. E se te dormes escoitándoo non é malo, todo o contrario, caerá directamente no subconsciente, que é do que se trata.
Por unha parte a sociedade nos presiona cos seus canons de beleza. Por outra parte chega o bo tempo e en xeral ensinamos máis carne que cos envoltorios invernais. En terceiro lugar sacamos do armario a roupa de verán e haberá presuposto ou non para adquirir roupa nova así que a primeira opción é meterse na do ano pasado, espello cruel de como pasa o tempo... Engordei todo isto? Caemos entón nos bos propósitos estacionais coñecidos como "operación bikini" (dieta, exercicio...) que a finais do verán abandonamos co resultado de sufrir de novo os efectos típicos do inverno máis o efecto rebote!Existen, porén, outras razóns para o sobrepeso, outros factores que veñen a sumarse aos anteriores: factores emocionais. A ansiedade (por exemplo ao deixar de fumar), pode conducir a refuxiarse comendo; o medo, a necesidade de protexerse dos demais, as feridas sufridas na infancia, o estrés, o enfado mal xestionado, a depresión e a sensación de abandono, a baixa autoestima...
Toda sanación espiritual tropezará, tarde ou cedo, co noso autoconcepto, que se forma de moitas maneiras, unha delas o que vemos cando nos miramos no espello. Así que perder peso non é un asunto trivial, unha moda de tempada, pois dependendo da persoa perder peso pode implicar un traballo espiritual a un nivel moi profundo. Hai que facer vida sa, moverse máis, comer adecuadamente, cambiar de hábitos, si, todo iso é conveniente, pero coñezo moitas persoas que seguindo estes consellos non adelgazan, e tamén coñezo outras que non se coidan nada e teñen o peso ideal. De onde se deduce que os outros factores, os emocionais, inflúen moito. Hai que facer vida sa e sanar a ferida. As dúas cousas.
Déixovos un audio magnífico para escoitar pola noite xusto antes de durmir, xa na camiña cos ollos pechados. E se te dormes escoitándoo non é malo, todo o contrario, caerá directamente no subconsciente, que é do que se trata.
11 de abr. de 2014
Cinco razóns para botar unhas risas
Hoxe entregamos as notas do segundo trimestre. Máis de 20 anos nesta profesión fóronme dando ferramentas non só pedagóxicas senón tamén emocionais para facer do proceso de ensino-aprendizaxe algo que mereza a pena ser vivido e compartido. Unha das que máis emprego é o humor, por moitas razóns que vou resumir agora, destacando cinco funcións principais das moitas que presenta:
1-Función pedagóxica e motivadora: O humor favorece os procesos de ensino e aprendizaxe, facilita un contexto ameno e motivador, activa o interese e o entusiasmo pola temática que se estea traballando e contribúe a realizar aprendizaxes significativas.
2- Función de distensión: Posibilita un clima de cordialidade e confianza, favorece a cohesión grupal, crea e reforza os vínculos entre as persoas; axuda a liberar a tensión acumulada e a desdramatizar as preocupacións. O humor canaliza as situacións imprevistas ou conflictivas axudando reducir a tensión ou a ansiedade. Actúa contra os ataques desmontando a hostilidade latente e desdramatizando conflitos.
3-Función intelectual: O humor búrlase dos pensamentos distorsionados e das crenzas irracionais, obriga a elaborar e xestionar a información desde outras perspectivas cognitivas.
4-Función creativa: O humor ofrece unha visión crítica da realidade, estimulando así o pensamento lateral ou diverxente; potencia a imaxinación como elemento fundamental na resolución de problemas e descobre conexións novas que potencian a imaxinación e a orixinalidade.
5-Función terapéutica: O humor utilízase para tratar e resolver trastornos emocionais desde varias formulacións psicolóxicas. Rir descarga o nerviosismo físico, alivia a tensión psicolóxica xeral, mellora o sistema cardiovascular e potencia a enerxía interior.
Que pases unha moi feliz Semana Santa!!

24 de xan. de 2014
Xestionando as emocións con sentidiño
Moitas veces a xente se derruba ao noso redor, vítimas dunha sobrecarga emocional que fai dubidar de todo e preguntar por un psicólogo de confianza.
Acudir ao psicólogo está moi ben, sempre que sexa necesario, pero igual que cando hai andazo de gripe se dan unhas recomendacións xerais para non saturar os servizos de urxencias porque non é necesario, deberiamos comprobar, antes de considerar que padecemos algún trastorno psicolóxico, cales son os nosos hábitos mentais e emocionais e introducir algunhas melloras saudábeis.
1) Descansar o necesario. A maioría da xente precisa oito horas de sono, pero comproba exactamente cal é o teu caso porque talvez precises máis. Se non te concedes un sono reparador, adecuado en cantidade e calidade ás túas necesidades persoais, probabelmente terás algunha resposta emocional esaxerada ao longo do día. Observa o que acontece cos nenos pequenos, como se poñen de irritabeis cando non dormen, en cambio se dormen ben están de bo humor, aprenden e xogan e pasan o día agradabelmente (eles e quen conviva con eles...) O mesmo pasa cos adultos.
2) Comer ben e facer exercicio. Unha dieta saudabel faiche menos vulnerable a unha longa serie de problemas, entre eles a falta de control das emocións. Existen moitos trastornos alimentares directamente relacionados coa xestión emocional, desde o comedor compulsivo ás vítimas da anorexia. Hai que comer dunha maneira racional, sa, equilibrada e completa. Encontrarás moita información na Rede ou no teu centro de saúde. Respecto ao exercicio, non é preciso que te apuntes ao xinmasio se non te atrae a idea pero procura como mínimo dar un paseo de media hora todos os días. Entre moitas vantaxes axúdache a manter san o corazón e aumenta a produción de endorfinas.
3) Establecer relacións de calidade. Ter polo menos dúas ou tres persoas de confianza con quen compartir os máis íntimos pensamentos e sentimentos aporta numerosos beneficios emocionais, sociais e psicolóxicos.
4) Rompe coa rutina. Cambia a ruta que fas todos os días, vai ao traballo por outro sitio, colle outro transporte, almorza nunha cafetaria nova, queda con persoas diferentes despois do traballo, organiza o teu despacho de xeito distinto, pinta as paredes do teu dormitorio, renova o teu vestiario ou corte de pelo, cambia de menú. Sentiraste máis vital, aumentará a túa creatividade, a sensación de poder e a liberdade, o teu cerebro funcionará mellor, será máis divertido... Cambia algo, anque só sexa unha cousiña trivial, da túa rutina diaria.
5) Infórmate ben sobre as tensións que sofres. Debes identificar claramente o que che afecta e por que che afecta, así non te deixarás arrastrar polo medo. Aprende estratexias para a resolución de problemas, como falar en publico, asertividade, etc. Hai moitos recursos gratuitos sobre estes temas na Rede.
6) Aprende a calmarte. Se estás moi tenso ou con moita ira, ou se negas ter un problema, é posíbel que a soa palabra "ioga" ou "meditación" che produza espullas. Pero se a túa conversa interior está chea de xuízos negativos (sobre os demais, sobre a vida, sobre ti mesmo) hai que tomar medidas para cambiar eses pensamentos. Por cada idea negativa que se che ocorra busca unha positiva. Reflexiona polo menos unha vez ao día sobre os teus puntos fortes e a túa capacidade para asumir situacións difíciles. Se as túas emocións tenden a meterte en problemas, pensa en como desexas responder a próxima vez que teñas sentimentos como o medo, a tristeza ou a frustración e prepárate para reaccionar desa nova maneira cando chegue o momento. Ademais non é certo que as emocións sexan incontrolábeis, é posibel ter unha emoción moi forte e pensar ao mesmo tempo.
7) Fai algo divertido cada día. Concédete tempo cada día para as túas afeccións, busca algo que facer por puro pracer, desde coleccionar algo ata tocar un instrumento, acepta o desafío diso que sempre che fascinou pero pensabas que estaba fóra do teu alcance: apúntate a unhas clases do que sexa, pintura, cociña, boxeo. Se o gasto económico te preocupa, procura en internet: sorprenderaste da cantidade de cousas que podes aprender gratis.
Acudir ao psicólogo está moi ben, sempre que sexa necesario, pero igual que cando hai andazo de gripe se dan unhas recomendacións xerais para non saturar os servizos de urxencias porque non é necesario, deberiamos comprobar, antes de considerar que padecemos algún trastorno psicolóxico, cales son os nosos hábitos mentais e emocionais e introducir algunhas melloras saudábeis.1) Descansar o necesario. A maioría da xente precisa oito horas de sono, pero comproba exactamente cal é o teu caso porque talvez precises máis. Se non te concedes un sono reparador, adecuado en cantidade e calidade ás túas necesidades persoais, probabelmente terás algunha resposta emocional esaxerada ao longo do día. Observa o que acontece cos nenos pequenos, como se poñen de irritabeis cando non dormen, en cambio se dormen ben están de bo humor, aprenden e xogan e pasan o día agradabelmente (eles e quen conviva con eles...) O mesmo pasa cos adultos.
2) Comer ben e facer exercicio. Unha dieta saudabel faiche menos vulnerable a unha longa serie de problemas, entre eles a falta de control das emocións. Existen moitos trastornos alimentares directamente relacionados coa xestión emocional, desde o comedor compulsivo ás vítimas da anorexia. Hai que comer dunha maneira racional, sa, equilibrada e completa. Encontrarás moita información na Rede ou no teu centro de saúde. Respecto ao exercicio, non é preciso que te apuntes ao xinmasio se non te atrae a idea pero procura como mínimo dar un paseo de media hora todos os días. Entre moitas vantaxes axúdache a manter san o corazón e aumenta a produción de endorfinas.
3) Establecer relacións de calidade. Ter polo menos dúas ou tres persoas de confianza con quen compartir os máis íntimos pensamentos e sentimentos aporta numerosos beneficios emocionais, sociais e psicolóxicos.
4) Rompe coa rutina. Cambia a ruta que fas todos os días, vai ao traballo por outro sitio, colle outro transporte, almorza nunha cafetaria nova, queda con persoas diferentes despois do traballo, organiza o teu despacho de xeito distinto, pinta as paredes do teu dormitorio, renova o teu vestiario ou corte de pelo, cambia de menú. Sentiraste máis vital, aumentará a túa creatividade, a sensación de poder e a liberdade, o teu cerebro funcionará mellor, será máis divertido... Cambia algo, anque só sexa unha cousiña trivial, da túa rutina diaria.
5) Infórmate ben sobre as tensións que sofres. Debes identificar claramente o que che afecta e por que che afecta, así non te deixarás arrastrar polo medo. Aprende estratexias para a resolución de problemas, como falar en publico, asertividade, etc. Hai moitos recursos gratuitos sobre estes temas na Rede.
6) Aprende a calmarte. Se estás moi tenso ou con moita ira, ou se negas ter un problema, é posíbel que a soa palabra "ioga" ou "meditación" che produza espullas. Pero se a túa conversa interior está chea de xuízos negativos (sobre os demais, sobre a vida, sobre ti mesmo) hai que tomar medidas para cambiar eses pensamentos. Por cada idea negativa que se che ocorra busca unha positiva. Reflexiona polo menos unha vez ao día sobre os teus puntos fortes e a túa capacidade para asumir situacións difíciles. Se as túas emocións tenden a meterte en problemas, pensa en como desexas responder a próxima vez que teñas sentimentos como o medo, a tristeza ou a frustración e prepárate para reaccionar desa nova maneira cando chegue o momento. Ademais non é certo que as emocións sexan incontrolábeis, é posibel ter unha emoción moi forte e pensar ao mesmo tempo.
7) Fai algo divertido cada día. Concédete tempo cada día para as túas afeccións, busca algo que facer por puro pracer, desde coleccionar algo ata tocar un instrumento, acepta o desafío diso que sempre che fascinou pero pensabas que estaba fóra do teu alcance: apúntate a unhas clases do que sexa, pintura, cociña, boxeo. Se o gasto económico te preocupa, procura en internet: sorprenderaste da cantidade de cousas que podes aprender gratis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)