Por unha parte a sociedade nos presiona cos seus canons de beleza. Por outra parte chega o bo tempo e en xeral ensinamos máis carne que cos envoltorios invernais. En terceiro lugar sacamos do armario a roupa de verán e haberá presuposto ou non para adquirir roupa nova así que a primeira opción é meterse na do ano pasado, espello cruel de como pasa o tempo... Engordei todo isto? Caemos entón nos bos propósitos estacionais coñecidos como "operación bikini" (dieta, exercicio...) que a finais do verán abandonamos co resultado de sufrir de novo os efectos típicos do inverno máis o efecto rebote!Existen, porén, outras razóns para o sobrepeso, outros factores que veñen a sumarse aos anteriores: factores emocionais. A ansiedade (por exemplo ao deixar de fumar), pode conducir a refuxiarse comendo; o medo, a necesidade de protexerse dos demais, as feridas sufridas na infancia, o estrés, o enfado mal xestionado, a depresión e a sensación de abandono, a baixa autoestima...
Toda sanación espiritual tropezará, tarde ou cedo, co noso autoconcepto, que se forma de moitas maneiras, unha delas o que vemos cando nos miramos no espello. Así que perder peso non é un asunto trivial, unha moda de tempada, pois dependendo da persoa perder peso pode implicar un traballo espiritual a un nivel moi profundo. Hai que facer vida sa, moverse máis, comer adecuadamente, cambiar de hábitos, si, todo iso é conveniente, pero coñezo moitas persoas que seguindo estes consellos non adelgazan, e tamén coñezo outras que non se coidan nada e teñen o peso ideal. De onde se deduce que os outros factores, os emocionais, inflúen moito. Hai que facer vida sa e sanar a ferida. As dúas cousas.
Déixovos un audio magnífico para escoitar pola noite xusto antes de durmir, xa na camiña cos ollos pechados. E se te dormes escoitándoo non é malo, todo o contrario, caerá directamente no subconsciente, que é do que se trata.
Moitas gracias Puri, es un sol :D esta noite xa o pondrei en práctica ;)
ResponderEliminar