Arcano XXI: O Mundo. Cando tes todo o que desexas, a plenitude total, o cumprimento de todos os teus soños, a certeza de que todo está ben.
Con isto concluímos a serie do Tarot Musical 2015. Grazas por acompañarme e felices festas!
Amosando publicacións coa etiqueta o tarot musical b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta o tarot musical b>. Amosar todas as publicacións
21 de dec. de 2015
20 de dec. de 2015
Volver a empezar
O Arcano XX rerpesenta a resurrección, recuperar o que se perdera, retomar o que se comezou e abandonou noutrora, recomezar con novas forzas, regresar ao fogar, ao clan, ao grupo ao cal pertences...
19 de dec. de 2015
Sol soliño quéntame un pouquiño
O Arcano XIX non só representa a enerxía solar, masculina, senón tamén o amor de parella cando hai un compromiso estable por ambas partes, un amor que fructifica e por iso representa tamén os fillos.
18 de dec. de 2015
Maxia e Poesía
O Arcano XVIII, a Lúa, tan maxistralmente explicada neste tema que non preciso de facer ningún comentario. As fantasías, prexudiciais ou non, as amizades perigosas e cambiantes, a maxia e todo o que a noite representa, o artista desvelado creando a súa obra, a tristeza do noctámbulo solitario e deprimido, a alegría dos lobos e das serpes... Magnífico tema de Radio Futura, realmente poético, moi inspirado.
17 de dec. de 2015
En conexión cos segredos deste sistema solar
O Arcano XVII representa a unha muller espida, a soas coa súa verdade interior, en profunda conexión espiritual co cosmos e coa terra.
16 de dec. de 2015
Quero liberarme
Arcano XVI: Cando aparece a Torre Ferida polo Raio moitos temen o desastre, a ruína e a perda de todos os bens materiais conseguidos ao longo dunha vida. Pero este arcano non ten por que verse como algo negativo; ás veces os intereses creados non fan máis que escravizarnos e impedirnos vivenciar a nosa verdade interior. Este arcano representa unha explosión de enerxía moi poderosa e ás veces non estamos preparados para que a nosa pequena e mesmo miserable comodidade cotiá salte en anacos deixándonos na rúa. Pero se estamos dispostos será unha aventura que pagará a pena.
15 de dec. de 2015
Palabrería...
Arcano XV: O Demo, capaz de seducirte coas súas palabras, con enganos, con promesas, e manterte atado a unha situación que no fondo nunca cambia... Que difícil é desapegarse das relacións tóxicas!
14 de dec. de 2015
Se me necesitas chámame
O arcano XIV fálanos de equilibrio, relacións de cooperación e igualdade, boa comunicación e apoio mutuo, mesmo a longa distancia. Así é tamén cos guías espirituais, sempre disponibles para ti a condición de que lles pidas axuda, pois nunca intervirán sen esa petición previa para así respectar o teu libre albedrío.
13 de dec. de 2015
Adeus e grazas
O arcano XIII anímanos a deixar partir todo aquilo que foi pero xa non é. Por esa razón a moita xente lle asusta este Arcano sen Nome, comunmente coñecido tamén como "a Morte". Este é só un dos seus moitos significados, o que elixo este ano para a colección musical, anque non o único posible.
Que a dor non te paralice nestes momentos difíciles, que poidas seguir adiante e continuar sendo ti mesmo.
Que a dor non te paralice nestes momentos difíciles, que poidas seguir adiante e continuar sendo ti mesmo.
12 de dec. de 2015
En segundo plano
O arcano XII fálanos de ceder o paso, de abnegación, de permanecer nun humilde segundo plano, sacrificando o ego por un ben maior. O desapego, a renuncia, a total entrega do ser a unha causa xusta. A espera silenciosa. E tamén o amor platónico, considerando que nós non somos tan importantes coma o obxecto do noso amor. Clara Schumann represéntao á perfección, antepondo sempre o seu amor por Robert aos seus intereses persoais. Pianista e compositora de gran talento, nestas variacións sobre un tema do seu marido fica a el supeditada unha vez máis.
Para reflexionar queda o feito de que ela á súa vez inspirase un amor igualmente feito de entrega e renunciación en Johannes Brahms.
Para reflexionar queda o feito de que ela á súa vez inspirase un amor igualmente feito de entrega e renunciación en Johannes Brahms.
11 de dec. de 2015
A Forza
O arcano XI, a Forza, fálanos de fortaleza emocional, de resiliencia e perseverancia, entre outras cousas. Tamén representa a paixón. A paixón de vivir, de perseguir os teus soños, ese algo na vida (ou alguén) que te inspira, te motiva, te conduce a esforzarte e superarte día a día.
Cal é a paixón da túa vida, a túa razón de vivir?
Cal é a paixón da túa vida, a túa razón de vivir?
10 de dec. de 2015
Os tempos están mudando
O arcano X, a Roda da Fortuna, xira continuamente para lembrarnos a impermanencia de todo o que nos rodea. Podes aferrarte estupidamente ao que xa foi pero nunca será máis ou deixarte fluir cos novos tempos, dando a benvida aos cambios na túa vida e confiando en que son para ben.
A miña canción favorita do gran Dylan, e non é doado elixir, é esta:
A miña canción favorita do gran Dylan, e non é doado elixir, é esta:
9 de dec. de 2015
O sabio solitario
O arcano IX, o Ermitán, é seguramente o máis sabio do tarot, ten o seu propio criterio e capacidade para axudar a outros a atopar o seu camiño, pero ás veces pode sentirse só e incomprendido, mesmo deprimido.
8 de dec. de 2015
Quen a ferro mata...
A Xustiza, arcano VIII, está aí para lembrarnos que todo no universo sucede por algunha razón, nun delicado equilibrio que algúns chaman karma, xustiza cósmica, lei da causa e o efecto.
7 de dec. de 2015
Je vole
Abandonar o niño, comezar a vivir por ti mesmo, converterte nun adulto que asume o seu propio destino. Todos estes son temas do arcano VII, O Carro, maxistralmente expresados no clásico de Michel Sardou "Je vole", recentemente posto de moda coa película "A Familia Belier", que tamén trata esta temática.
6 de dec. de 2015
Todo o que precisas é amor
O Arcano VI representa o Amor Verdadeiro, o amor de parella pero tamén o amor pola vida, a paixón de vivir, que te fai avanzar e te empuxa nos primeiros pasos do proceso de individuación, de procurarte a ti mesmo na mirada doutro ser, de construír unha vida xuntos, de facer que o mundo siga.
5 de dec. de 2015
Asombrosa Tina
Cando esteas preparado para o Arcano V (Sumo Sacerdote ou Papa) descubrirás que tes unha alma grande e pura. O contacto con esa importante parte de ti mesmo, chamémoslle "Self" ou "Ser Superior" ou, se o prefires, "Deus", cambiará a túa vida para sempre.
Ese contacto ás veces é buscado e ás veces inesperado, pero sempre o recoñecerás polo numinoso do encontro, e porque non saberás que fixeches para chegar a iso, para "merecelo". É un regalo. É estar cego e despois ver. É andar perdido e encontrarse. É estar en estado de Graza.
4 de dec. de 2015
O Xefe
Arcano IV: O Emperador, amo do mundo, The Boss.
Gústame este Bruce aínda noviño, cunha simple guitarra tocando nunha cociña bastante cutre dalgún barrio obreiro, que porén desprende un poderío e unha enerxía masculina irresistible.
Gústame este Bruce aínda noviño, cunha simple guitarra tocando nunha cociña bastante cutre dalgún barrio obreiro, que porén desprende un poderío e unha enerxía masculina irresistible.
3 de dec. de 2015
Eu son a que son
O Arcano III fala da Creación, que tradicionalmente é unha actividade feminina. É a muller quen produce unha nova vida e por iso representa a fecundidade, a productividade, a abundancia, a exhuberancia da Vida. A Emperatriz do tarot é un modelo de poder feminino, prosperidade, creatividade e autoconfianza.
2 de dec. de 2015
A Suma Sacerdotisa
A enerxía amorosa, omnipotente e sanadora dunha nai, dunha esposa, dunha irmá, dunha amiga, dunha mestra, a gran muller que está detrás de calquera home, en segundo plano por elección propia, porque non anceia protagonismo de ningunha clase, a súa realización persoal consiste en dar, eternamente, sen medida.
OM TARE TUTARE TURE SOHA, mantra de Tara Verde, unha das manifestacións da Gran Nai Universal. Cantalo 108 veces seguidas produce un trance de benestar extraordinario.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)