Arcano XVI: Cando aparece a Torre Ferida polo Raio moitos temen o desastre, a ruína e a perda de todos os bens materiais conseguidos ao longo dunha vida. Pero este arcano non ten por que verse como algo negativo; ás veces os intereses creados non fan máis que escravizarnos e impedirnos vivenciar a nosa verdade interior. Este arcano representa unha explosión de enerxía moi poderosa e ás veces non estamos preparados para que a nosa pequena e mesmo miserable comodidade cotiá salte en anacos deixándonos na rúa. Pero se estamos dispostos será unha aventura que pagará a pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario