O arcano XII fálanos de ceder o paso, de abnegación, de permanecer nun humilde segundo plano, sacrificando o ego por un ben maior. O desapego, a renuncia, a total entrega do ser a unha causa xusta. A espera silenciosa. E tamén o amor platónico, considerando que nós non somos tan importantes coma o obxecto do noso amor. Clara Schumann represéntao á perfección, antepondo sempre o seu amor por Robert aos seus intereses persoais. Pianista e compositora de gran talento, nestas variacións sobre un tema do seu marido fica a el supeditada unha vez máis.
Para reflexionar queda o feito de que ela á súa vez inspirase un amor igualmente feito de entrega e renunciación en Johannes Brahms.
Ningún comentario:
Publicar un comentario