Amosando publicacións coa etiqueta A Lúa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Lúa. Amosar todas as publicacións

31 de xan. de 2018

Blue Moon

Desculpas pola tardanza... Entre o Nadal, a gripe e os proxectos que se me presentan para este (feliz) ano 2018 non paso por aquí desde hai un mes.

Meditemos nesta lúa azul de xaneiro 2018 coa intención de encaixar unha nova peza do puzzle da nosa vida que lle poña un final rápido e indoloro ao gran desgaste emocional que vimos sufrindo.

O noso lema para esta lunación será: ARRÍSCOME E CONFÍO e estas son as áreas afectadas para cada signo (traballa nelas para introducir os cambios que queres na túa vida):

 1. Aries: amor, sexo, nenos; aventura, risco; especulacións; creatividade; tempo de lecer, diversión, deportes.
 2. Tauro: casa, fogar, propiedades, herdanzas ou bens de uso a longo prazo; familia, pais; o pasado.
 3. Xémini: intelecto, información, comunicación, negociacións, entrevistas; documentos, arquivos, notas escritas; viaxes, vehículos; Irmáns, veciños.
 4. Cangrexo: diñeiro e bens raíces, ingresos, gastos, aforros, ganancias; sentido do valor.
 5. Leo: corpo, aparencia, constitución, vitalidade, temperamento; a vida en xeral.
 6. Virgo: accións secretas, oportunidades ocultas (partidarios detrás de escena, providencia); perigos ocultos (inimigos, tramas, enfermidade).
 7. Libra: comunidade, grupo, sociedade; popularidade, amigos, protectores, seguidores; esperanzas e proxectos.
 8. Escorpio: estado social, reputación, carreira, prestixio, éxito, premios; superiores, autoridades.
 9. Saxitario: longas viaxes, lazos con persoas do exterior, o estranxeiro; Internet; estudos, culturas, espiritualidade.
 10. Capricornio: negocios e investimentos; herdanzas, agasallos, patrocinios, fondos non reembolsables, préstamos.
 11. Acuario: vida amorosa, matrimonio, parella; colaboracións, contratos, alianzas, rivalidades, conflitos, xuízos.
 12. Piscis: traballo e responsabilidades; subordinación e subordinados; saúde, hixiene; mascotas.

3 de dec. de 2017

Lúa chea 3 de decembro

Fin de semana de superlúa. Hoxe en todos os medios de comunicación os parvos mirarán o dedo. En fin, eu vou comezar unha sección mensual nova onde vos contarei un par de cousiñas que percibo sobre a lúa en curso, xa que ultimamente dei en elaborar unha auga de lúa coa enerxía de cada lunación que está tendo certo éxito. Aquí deixo a información para que decidas se che apetece a esencia deste mes ou, no caso de adquirila e perder o folleto, poder recuperala.
Lua chea 3 de decembro de 2017 en Xémini con Mercurio retrógrado: durante esta lunación as cousas non serán o que parecen e non sairán como se esperaba; poderían complicarse e moverse cara adiante e cara atrás. Deberemos examinar de cerca os nosos asuntos, obter detalles ocultos, descubrir os seus fallos, e aínda así será difícil tomar unha decisión ben informada, así que salvo urxencias, é mellor pospoñer as decisións importantes ata despois do 23 de Decembro. Con frecuencia Mercurio retrógrado desenterra o pasado e obríganos a unha revisión dolorosa da nosa vida; volve abordar temas delicados que non se resolveron no seu día, ou pon no noso camiño a alguén con quen temos un asunto pendente. Nesta ocasión a revisión tratará das nosas crenzas, os nosos ideais e o noso compromiso con eles: son auténticos, estou sendo fiel ao meu ser interior, ou estou sendo manipulado polos demais, pola familia, a cultura, o inconsciente colectivo...?
MENSAXE DESTA LÚA: presto unha atención amorosa aos demais e conservo como guía a miña voz interior.

23 de xul. de 2017

Lunáticos todos

Mañá hai Lúa Nova. Comeza pois un novo ciclo lunar. Desde antigo se ten considerado que existe unha conexión entre as fases da Lúa e o estado de ánimo, pero recentemente varios estudosos de diferentes disciplinas, entre eles algúns neurocientíficos, estableceron correspondencia entre as catro fases lunares e catro neurotransmisores básicos. Isto pode axudarnos a comprender como nos sentimos e aproveitar cada momento para as actividades idóneas segundo as nosas capacidades.

Primeira semana lunar: Lúa Nova/Cuarto Crecente. Acetilcolina

Na primeira semana do ciclo lunar volvémonos máis sensibles, máis receptivos ao emocional, procuramos compañía e actividades en grupo. Anque nos custa concentrarnos nunha tarefa temos moita enerxía que podemos utilizar para emprender novos proxectos e aprender cousas novas porque a acetilcolina se asocia á memoria e a aprendizaxe. Tradicionalmente tamén se vén considerando que a lúa nova é ideal para iniciar novos proxectos, sementar plantas, expresar intencións e en xeral aproveitar a enerxía ascendente.

Segunda semana lunar: Cuarto Crecente/Lúa Chea. Serotonina

Na segunda semana aumenta a nosa enerxía, concentración mental e creatividade. Podemos sentirnos satisfeitos e desaproveitar o gran potencial da serotonina, pero se reservamos algúns momentos en soedade para a reflexión e a concreción dos nosos proxectos pode ser o periodo máis produtivo do mes a todos os niveis.

Terceira semana lunar: Lúa Chea/ Cuarto Minguante. Dopamina

É unha semana de distracción e divertimento, relacións sociais e gran empatía. Está asociada coas experiencias e estímulos de pracer, recompensa e excitación. É o momento de descansar e gozar do que fixemos.

Cuarta semana lunar: Cuarto minguante / Lúa nova. Norepinefrina (ou noradrenalina)

Estamos en estado de alerta, de fuxir ou loitar, un estado defensivo no que queremos protexernos. Sentímonos fráxiles e ao mesmo tempo agresivos, como nun regreso, aínda que parcial, ao cerebro reptiliano. 

18 de dec. de 2015

Maxia e Poesía



O Arcano XVIII, a Lúa, tan maxistralmente explicada neste tema que non preciso de facer ningún comentario. As fantasías, prexudiciais ou non, as amizades perigosas e cambiantes, a maxia e todo o que a noite representa, o artista desvelado creando a súa obra, a tristeza do noctámbulo solitario e deprimido, a alegría dos lobos e das serpes... Magnífico tema de Radio Futura, realmente poético, moi inspirado.


20 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 18 - A Lúa

Etapa da vida un pouco errática, insegura, cambiante. Melancolía, tristeza, imaxinación desbocada, fantasías tolas pero tamén gran creatividade e, por suposto, maxia. Momento para abrirlle a porta ao descoñecido, apagar o ruido mental e deixarse levar pola intuición.