31 de xan. de 2018

Blue Moon

Desculpas pola tardanza... Entre o Nadal, a gripe e os proxectos que se me presentan para este (feliz) ano 2018 non paso por aquí desde hai un mes.

Meditemos nesta lúa azul de xaneiro 2018 coa intención de encaixar unha nova peza do puzzle da nosa vida que lle poña un final rápido e indoloro ao gran desgaste emocional que vimos sufrindo.

O noso lema para esta lunación será: ARRÍSCOME E CONFÍO e estas son as áreas afectadas para cada signo (traballa nelas para introducir os cambios que queres na túa vida):

 1. Aries: amor, sexo, nenos; aventura, risco; especulacións; creatividade; tempo de lecer, diversión, deportes.
 2. Tauro: casa, fogar, propiedades, herdanzas ou bens de uso a longo prazo; familia, pais; o pasado.
 3. Xémini: intelecto, información, comunicación, negociacións, entrevistas; documentos, arquivos, notas escritas; viaxes, vehículos; Irmáns, veciños.
 4. Cangrexo: diñeiro e bens raíces, ingresos, gastos, aforros, ganancias; sentido do valor.
 5. Leo: corpo, aparencia, constitución, vitalidade, temperamento; a vida en xeral.
 6. Virgo: accións secretas, oportunidades ocultas (partidarios detrás de escena, providencia); perigos ocultos (inimigos, tramas, enfermidade).
 7. Libra: comunidade, grupo, sociedade; popularidade, amigos, protectores, seguidores; esperanzas e proxectos.
 8. Escorpio: estado social, reputación, carreira, prestixio, éxito, premios; superiores, autoridades.
 9. Saxitario: longas viaxes, lazos con persoas do exterior, o estranxeiro; Internet; estudos, culturas, espiritualidade.
 10. Capricornio: negocios e investimentos; herdanzas, agasallos, patrocinios, fondos non reembolsables, préstamos.
 11. Acuario: vida amorosa, matrimonio, parella; colaboracións, contratos, alianzas, rivalidades, conflitos, xuízos.
 12. Piscis: traballo e responsabilidades; subordinación e subordinados; saúde, hixiene; mascotas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario