"Felices Festas", "Feliz Ano Novo"... Pero en que consiste esta felicidade?
A maioría da xente pon a súa felicidade fóra de si mesma, en determinados logros persoais, adquirir certas cousas ou relacións, pero iso non funciona.
Non cansarei de repetir que a felicidade é sobre todo unha actitude, e o primeiro paso para ser feliz é estar a ben contigo mesmo.
Non cansarei de repetir que a felicidade é sobre todo unha actitude, e o primeiro paso para ser feliz é estar a ben contigo mesmo.
Oxalá que entre os teus "Bos Propósitos" para o vindeiro ano figure amarte a ti mesmo. Aceptarte totalmente, sinceramente, coas túas cualidades e defectos. Perdoarte sen reservas e permitirte ser quen de verdade es no teu interior, animarte a desenvolver todo o teu potencial e non resignarte a ser menos.
1. Coñécete a ti mesmo. Adica un tempo á introspección todos os días, pois se non sabes quen es non poderás ser auténtico, estarás á mercede do que outros esperan que sexas e proxectan sobre ti. Ademais, como poderás lograr as túas aspiracións se non te atreves a recoñecelas?
“A túa ollada vaise aclarar só cando poidas ver dentro do teu corazón.
Aquel que mira para fóra, soña; aquel que mira adentro, esperta”
(Carl Jung, 1875-1961)
2. Observa todo o teu potencial e a onde podería conducirte. Aprende a recoñecer as túas cualidades, non disimules os teus puntos fortes, mira de utilizalos na vida cotiá, e nunca poñas unha máscara de falsa modestia. A verdadeira humildade consiste en coñecer os propios límites, pero se o teu límite está por riba do cume máis alto non estás sendo humilde cando finxes que non chegas alí.
"A algúns os disfraces non os disfrazan, senón que os revelan.
Cada
un disfrázase daquilo que é por dentro".
(Chesterton, 1874-1936)
3. Acepta os teus puntos débiles e non te culpes por eles porque todo o mundo os ten;
mellora todo o que poidas e aprende a xestionar correctamente o que non poidas cambiar.
"Señor, concédeme a serenidade para aceptar as cousas que non podo cambiar,
o valor para cambiar as que si podo cambiar e a sabedoría para recoñecelas"
(Oración da Serenidade, Reinhold Niebuhr, 1892-1971)
(Oración da Serenidade, Reinhold Niebuhr, 1892-1971)
4. Non te compares cos demais, podes mirar a outros como fonte de inspiracion, pero non os uses para desprezarte a ti mesmo.
“A realidade faise evidente cando deixamos de comparar.”
(Bruce Lee, 1940-1973)
"Todo home se parece á súa dor."
(André Malraux, 1901-1976)
6. Cambia o diálogo interno, deixa de atormentarte e facerte reproches: ese non es ti realmente, só é un eco das voces de persoas que te desprezaron nalgún momento da túa vida. Cada vez que detectes esa autocrítica cruel tenta de substituíla por algún pensamento positivo.
"Amarse a un mesmo é o comezo dunha aventura que dura toda unha vida"
(Oscar Wilde, 1854-1900)
7. Rodéate da xente que te quere, non te xuntes aos que non te aman, non te apoian, non te fan sentir ben. Ti mereces algo máis que a simple tolerancia doutras persoas.
“O crecemento dun home percíbese nos sucesivos grupos de
amigos
que ten. Por cada amigo que perde en nome da verdade, gaña un aínda mellor"
que ten. Por cada amigo que perde en nome da verdade, gaña un aínda mellor"
(Ralph Waldo Emerson, 1803-1882)
8. Mímate, faite regalos, cóidate como farías con algún ser querido, trátate con cariño en todas as circunstancias, pois o amor incondicional comeza por ti mesmo. Non o entendes? Non estás dando amor verdadeiro se só outorgas o teu afecto a quen fai méritos por conseguilo, e te negas a ti mesmo ese afecto polo imperfecto que es. Cando falla o amor a un mesmo, fallan todos os demais.
"Ti mesmo, tanto como calqueroutro no universo enteiro,
mereces o teu amor e afecto."
(atribuída a Buda)

Ningún comentario:
Publicar un comentario