3 de dec. de 2017

Lúa chea 3 de decembro

Fin de semana de superlúa. Hoxe en todos os medios de comunicación os parvos mirarán o dedo. En fin, eu vou comezar unha sección mensual nova onde vos contarei un par de cousiñas que percibo sobre a lúa en curso, xa que ultimamente dei en elaborar unha auga de lúa coa enerxía de cada lunación que está tendo certo éxito. Aquí deixo a información para que decidas se che apetece a esencia deste mes ou, no caso de adquirila e perder o folleto, poder recuperala.
Lua chea 3 de decembro de 2017 en Xémini con Mercurio retrógrado: durante esta lunación as cousas non serán o que parecen e non sairán como se esperaba; poderían complicarse e moverse cara adiante e cara atrás. Deberemos examinar de cerca os nosos asuntos, obter detalles ocultos, descubrir os seus fallos, e aínda así será difícil tomar unha decisión ben informada, así que salvo urxencias, é mellor pospoñer as decisións importantes ata despois do 23 de Decembro. Con frecuencia Mercurio retrógrado desenterra o pasado e obríganos a unha revisión dolorosa da nosa vida; volve abordar temas delicados que non se resolveron no seu día, ou pon no noso camiño a alguén con quen temos un asunto pendente. Nesta ocasión a revisión tratará das nosas crenzas, os nosos ideais e o noso compromiso con eles: son auténticos, estou sendo fiel ao meu ser interior, ou estou sendo manipulado polos demais, pola familia, a cultura, o inconsciente colectivo...?
MENSAXE DESTA LÚA: presto unha atención amorosa aos demais e conservo como guía a miña voz interior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario