Benqueridos amigos e amigas: aproxímase a fin dun ciclo, un ano que remata e nos deixa moitos logros e boas lembranzas.
Unha vez máis vos ofrezo as miñas suxestións para o Tarot Musical deste ano. Xa sabedes que cada canción exemplifica moi ben a enerxía dese arcano e podedes gravalas para, cada mañá, poñendo o reprodutor en aleatorio, ver que vos deparará o día.
Comezamos co Tolo, incapaz de estarse quedo, que nos invita sempre a actuar, a explorar, a saír da nosa zona de confort.
Amosando publicacións coa etiqueta O Tolo b>. Amosar todas as publicacións

30 de nov. de 2015
6 de xul. de 2015
Giufà Nasrudín
Contan que Mulá Nasrudín unha vez foi a unha casa de baños pobremente vestido, tratárono entre regular e mal e ao saír deixoulles unha moeda de ouro de propina. Á semana seguinte volveu, ía ricamente vestido e desvivíronse por atendelo. Entón deixoulles unha moeda de cobre, dicindo:
- Esta é a propina polo trato da semana pasada e a da semana pasada, polo de hoxe.
Noutra ocasión, Nasrudín foi mercar un burro á feira. Había moitísima xente que viña de todas partes a mercar e vender, e entre o barullo escoitou a alguén dicir:
- Aquí non hai máis que burros e labregos!
- Nasrudín volveuse a el e preguntoulle:
- Ti tamén es labrego?
- Eu? Desde logo que non!
- Xa, non me digas máis.
Unha noite a muller de Nasrudín espertouno bruscamente:
- Escoita! Non oes? Acaba de entrar alguén na casa. Un ladrón! Ai, que desgraza, entrou un ladrón!
- Que ben - dixo Nasrudín -. Nós non temos nada que poida roubarnos, a ver se el se deixa algunha cousa.
Mulá (mestre) Nasrudín, simpático personaxe que aparece en moitos contos orientais, soe protagonizar ese tipo de historias que poderiamos definir como parvadas que che fan pensar, cun marabilloso sentido do humor que o aproxima ao koan, tanto pola súa graza desconcertante e iconoclasta como pola súa intención pedagóxica e terapéutica. O arquetipo do tolo, ou parvo, que ao mesmo tempo é sabio, aparece nos contos populares de todo o mundo. Por exemplo, outra versión de Nasrudín é o pobre Giufà
Máis historias deste personaxe: Las ocurrencias del increible Mulá Nasrudín.

24 de dec. de 2014
O Tarot musical 2014: O Tolo
O Tolo non se para a reflexionar, ten a súa propia guía interior intuitiva, ten a sorte da súa parte, alegría, entusiasmo, confianza e a capacidade de construír cada día por si mesmo á súa medida. Na súa compaña nada pode saír mal. É o arcano máis poderoso do Tarot, a actitude máis positiva que se pode ter, perfectamente descrita nesta marabillosa canción, todo un clásico do pensamento positivo:
E agora si: BO NADAL A TODOS E A TODAS !!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)