Contan que Mulá Nasrudín unha vez foi a unha casa de baños pobremente vestido, tratárono entre regular e mal e ao saír deixoulles unha moeda de ouro de propina. Á semana seguinte volveu, ía ricamente vestido e desvivíronse por atendelo. Entón deixoulles unha moeda de cobre, dicindo:
- Esta é a propina polo trato da semana pasada e a da semana pasada, polo de hoxe.
Noutra ocasión, Nasrudín foi mercar un burro á feira. Había moitísima xente que viña de todas partes a mercar e vender, e entre o barullo escoitou a alguén dicir:
- Aquí non hai máis que burros e labregos!
- Nasrudín volveuse a el e preguntoulle:
- Ti tamén es labrego?
- Eu? Desde logo que non!
- Xa, non me digas máis.
Unha noite a muller de Nasrudín espertouno bruscamente:
- Escoita! Non oes? Acaba de entrar alguén na casa. Un ladrón! Ai, que desgraza, entrou un ladrón!
- Que ben - dixo Nasrudín -. Nós non temos nada que poida roubarnos, a ver se el se deixa algunha cousa.
Mulá (mestre) Nasrudín, simpático personaxe que aparece en moitos contos orientais, soe protagonizar ese tipo de historias que poderiamos definir como parvadas que che fan pensar, cun marabilloso sentido do humor que o aproxima ao koan, tanto pola súa graza desconcertante e iconoclasta como pola súa intención pedagóxica e terapéutica. O arquetipo do tolo, ou parvo, que ao mesmo tempo é sabio, aparece nos contos populares de todo o mundo. Por exemplo, outra versión de Nasrudín é o pobre Giufà
Máis historias deste personaxe: Las ocurrencias del increible Mulá Nasrudín.

Ningún comentario:
Publicar un comentario