Nasrudín estaba sen traballo e preguntou a algúns amigos a que profesión podía dedicarse. Eles dixéronlle:
- A ver Nasrudín... Ti sabes moito sobre as propiedades medicinales das herbas. Poderías abrir unha farmacia.
Nasrudín deulle voltas á cuestión durante uns días, e finalmente decidiu que ben podía facelo. "Non só abrirei unha
farmacia que se ocupe de herbas.
Abrirei un establecemento enorme e producirei un gran impacto."
Alugou un local, instalou os andeis e vitrinas, e cando chegou o momento de pintar a fachada colocou un andamio, cubriuno con sabas, e púxose a traballar sen que ninguén puidese ver nada. Toda a xente se preguntaba que estaba facendo pero el non llo deixou ver a ninguén. Ata que un día repartiu panfletos que dicían: "Mañá é o gran día. Inauguración: mañá ás 9".
Todas as persoas do pobo e da contorna acudiron e agardaron espectantes fronte á farmacia.
Ás 9 en punto saíu Nasrudín e, con xesto teatral, sacou a saba que cubría a fachada da tenda. A xente que alí estaba viu un gran cartel que dicía:
"FARMACIA CÓSMICA E GALÁCTICA DE NASRUDÍN". Debaixo, con letras máis pequenas: "Harmonizada con influencias planetarias".
A gran maioría de persoas que asistiron á inauguración quedaron moi impresionadas. Aquel día fixo moito negocio, a xente non deixaba de comprar. Pola tarde o mestre da escola do pobo visitouno e díxolle:
- Francamente, Nasrudín, estas afirmacións que vostede fai son un pouco dubidosas...
- Dubidosas por que? -respondeu Nasrudín.
- Iso de cósmica e galáctica, e harmonizada con influencias planetarias, francamente...
- Claro que si-dixo Nasrudín-. Todas as afirmacións que eu fago sobre as influencias planetarias son absolutamente certas. Cando sae o sol, abro a farmacia. Cando o sol se pon, péchoa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario