3 de xul. de 2015

Que é un koan?

Cando Dogen regresou da China, tras estudar alí o zen durante anos, preguntáronlle:
 - Mestre, que ensinanzas nos traes? 
E el contestoulles: 
- Veño coas mans baleiras.

A miúdo o zen sérvese de contos curtos, chistes, situacións absurdas, paradoxos e outras trampas para a mente, a fin de liberar ao aprendiz e permitirlle un tipo de experiencia diferente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario