11 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 9 - O Ermitán

O ermitán segue o seu camiño, por veces en compañía pero sempre fiel á súa voz interior por riba de todo. Ten o seu propio criterio, as máis das veces diferente do pensamento dominante.
A colección de ermitáns desta extraordinaria película, aparentemente un western pero dunha profundidade inesperada, tan sucia e tan poética,  fala por si mesma. E a insuperable música de Ennio Morricone, dun lirismo desatado que doe.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario