29 de abr. de 2019

Lei do Karma



Significa que non tes que devolverme un convite, xa mo devolverá a vida. Eu regáloche un pedrusco, ti regálaslle unha terapia a outra persoa, esa persoa planta unha árbore e vinte anos despois eu recollo cogomelos na árbore que plantou el porque ti o sanaches porque eu che regalei unha turmalina... Todo vai unido. Devolve o ben que recibas, pero non te angusties en devolver O MESMO que che deron, nin Á MESMA PERSOA: Deixa que se transforme! Esa é a graza da vida. O importante non é o euro que custa senón a enerxía que se move.

Ningún comentario:

Publicar un comentario