
Este arcano, co que a xente non soe simpatizar moito, é un dos meus favoritos polo que ten de liberación total e novo comezo. Nótese que nas versións máis antigas o arcano non ten nome, así que a morte é só unha das varias interpretacións posibles. Na lámina represéntase un esquelete cunha gadaña e tamén restos de corpos humanos no chan, pero seguro que este personaxe os matou? Porque semellan felices, o rei da esquina inferior dereita está sorrindo! Igual están agromando da terra como en "Amanece, que no es poco". Si, porque no eterno ciclo cósmico a morte só é un punto e a parte, non un punto final. A miúdo representa a necesidade de deixar algo atrás, de facer unha poda severa nas nosas vidas prescindindo do que nos sobra, e así se crea o espazo necesario para o que realmente importa.
Pero eu hoxe, malia a posibilidade de elixir outro significado na liña de transformación, trascendencia, renovación, etc. vou pensar, literalmente, na morte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario