Os finais que non o son, o rei que foi, o rei que será. O Xuízo fala dunha historia que parecía acabar e volveu comezar, tamén de morte e resurrección. Por outra parte simboliza o rol social que eliximos representar, e o traballo en equipo, e a procura espiritual... Todas estas cousas están marabillosamente contadas na excepcional Excalibur, cuxo tema principal, O Fortuna, procede do Carmina Burana de Carl Orff e anque a letra orixinal, en latín medieval, non fala destas cousas senón da mudable fortuna, para a miña xeración este tema sempre evocará La Morte D´Artur e todo o que implica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario