9 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 7 - O Carro

Facerte cargo da túa propia vida, enfrontando con alegría os retos que se presenten. Na miña experiencia persoal esta etapa da evolución persoal quedará para sempre asociada ao meu primeiro traballo, irme de casa para traballar na cidade máis grande de Galicia, onde baixei do tren cunha mochila e sen saber onde durmiría aquela noite, sen coñecer a ninguén, disposta a comezar absolutamente de cero a miña vida adulta, camiñando Urzaiz abaixo e tarareando "New York, New York".
Esa marabillosa sensación de poder, forza, independencia e gozo, do xoven adulto que ten toda a vida por diante e está disposto a triunfar, para min está marabillosamente expresada neste temazo que describe moi ben a enerxía do arcano do Carro:

Ningún comentario:

Publicar un comentario