10 de mar. de 2019

En que praza de aparcamento aparquei?

É realmente preocupante que os adultos non sexan capaces de resolver este enigma coa mesma rapidez e facilidade que os nenos de seis anos.
Isto demostra que hai habilidades que traemos de serie e despois as perdemos coa educación á que nos someten, porque nos impón un determinado tipo de pensamento sobre outro, unha clase de coñecemento sobre outra, un modelo de pensamento e de operacións mentais que chega a impedirnos operar doutra maneira, nos impide ver desde outra perspectiva diferente da que nos impoñen as elites dirixentes (pois ao cabo elas son quen deciden os programas educativos, os contidos, a metodoloxía, etc.)
Aínda estaremos a tempo de recuperar o potencial perdido?




Ningún comentario:

Publicar un comentario