6 de out. de 2014

A consciencia das plantas

  Se as plantas se extinguisen, acabaríase a vida no planeta. Esgotaríase o alimento e incluso o osíxeno. As plantas inflúen no seu entorno, adáptanse espléndidamente a distintos ecosistemas e tamén ao que outros seres, insectos, mamíferos e incluso nós, precisamos delas. Ultimamente tense escrito moito sobre a intelixencia das plantas. Teñen sentidos, perciben as vibracións dos sonidos, incluso diferencian algunhas cores, son capaces de comunicarse entre si...
  Algúns non dubidan de que as plantas teñen consciencia.  Podes informarte sobre a Neurobioloxía das plantas e ler como Cleve Backster usou o polígrafo para comprobar que as plantas tamén teñen emocións: máis sobre as reaccións das plantas.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario