A Fortaleza Emocional é a capacidade das persoas para coñecer e xestionar as súas emocións. Hai tres compoñentes necesarios para lograr a capacidade de liderar estados emocionais funcionais para as accións que debemos realizar:1. A Conciencia Emocional é a capacidade de interpretar e comprender as nosas emocións e estados de ánimo. Comprende catro aspectos:
* Identificar o que sentimos: ser conscientes dos nosos estados emocionais en cada momento.
* Interpretar as nosas emocións: está relacionado con poder determinar que pensamento ou que interpretación das circunstancias está disparando a nosa emocionalidade.
* Avaliar a funcionalidade dos nosos estados de ánimo: saber se un estado anímico é funcional ou disfuncional con vistas á eficacia das nosas condutas.
* Responsabilizarnos pola nosa emocionalidade: facernos cargo do que sentimos sen culpar aos demais.
Só tomando conciencia da nosa emocionalidade podemos intervir no seu deseño e transformación.
2. O Autodominio Emocional implica adquirir as destrezas para saír dos estados de ánimo disfuncional para responder da forma máis eficaz e apropiada en cada situación. Son estratexias útiles para mudar os estados de ánimo que consideramos disfuncionais as seguintes:
* Cambio de interpretación
* Respiración consciente
* Distanciamento emocional
3. O Liderado Emocional é a capacidade para xerar os estados emocionais no noso ámbito laboral que sexan funcionais á calidade dos nosos vínculos e que posibiliten a realización das accións que debemos efectuar coa efectividade necesaria para o logro dos nosos obxectivos. Por exemplo, ter a habilidade de crear un clima de serenidade se hai que tomar unha decisión consensuada, de apertura e confianza se estamos nun proceso de negociación, ou de entusiasmo e motivación se debemos afrontar un desafío traballando en equipo.
Ao estudar a complexidade e as repercusións do fenómeno emocional no comportamento humano, comprendemos que é necesario desenvolver a Fortaleza Emocional como un compoñente central da Mestría Persoal e o liderado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario