4 de out. de 2014

E ti que pensas?

Sabías que a nosa mente baralla algo máis de 360.000 pensamentos por día? Pero cantos deles son realmente positivos, amorosos, útiles, importantes? Lamentablemente a maioría só xeran emocións autodestrutivas como ira, medo, tristeza e ansiedade, baixando a nosa vibración. Prestar máis atención ao que pensamos pode mellorar, e moito, a nosa calidade de vida. Porque os pensamentos de medo fannos vivir situacións que confirman que estamos desprotexidos; os queixumes fannos revivir o sucedido no canto de actuar para resolvelo; os pensamentos de dúbida proporcionan máis e máis razóns para seguir dubidando. Fíxate en todas as emocións e opinións que move na xente simplemente escoitar as noticias pola mañá e comentalas despois no traballo, como se sesgan todos os días os asuntos socialmente considerados "importantes" e "de actualidade" seleccionando sempre os aspectos máis negativos da vida, e como iso repercute no estado de ánimo global da humanidade e nas súas espectativas sobre si mesmos, sobre a vida e o universo.
Cos pensamentos e ditos que repetimos día tras día de xeito inconsciente xeramos un estado de ánimo que nos acompaña todo o tempo e co cal acabamos identíficándonos. E resulta que gran parte da humanidade utiliza a súa mente só para enfocarse en ideas limitantes e atopar despois exemplos que as confirmen ao seu redor.
Só fíxate, faite consciente dos teus pensamentos ao longo do día, verás como te levas máis dunha sorpresa!!
A iso se refería Gandhi:

Vixía os teus pensamentos porque se converten en palabras;
vixía as túas palabras, porque se converten en accións;
vixía as túas accións, porque se converten en hábitos;
vixía os teus hábitos, porque se converten no teu carácter;
vixía o teu carácter, porque se converte no teu destino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario