2 de mar. de 2015

Eclipse de primavera

O próximo 20 de marzo poderemos gozar dunha preciosa eclipse de sol, entre as nove e as once e media da mañá. Na nosa zona será só parcial anque se prevé que a luz diminúa máis dun 70% no momento álxido do fenómeno, arredor das dez. Lembrade que se queredes mirar ao sol directamente debedes procurarvos unhas gafas especiais, son moi baratas e hainas en calquera óptica, pedídeas con antelación porque despois sempre se lles esgotan. Podedes ampliar esta información AQUÍ.
Por outra parte xa circulan pola rede medos varios sobre a posibilidade de que isto afecte ás redes eléctricas, anque non parece que debamos alarmarnos: Europa prepara a rede eléctrica de cara á eclipse.
Outra cousa é o simbolismo que cada un poida ver no feito de que se produza cunha superlúa precisamente no equinoccio de primavera, pois a nivel xa non astronómico, senón astrolóxico, resulta moi interesante.
Máis sobre as enerxías deste mes de marzo

Ningún comentario:

Publicar un comentario