O ano novo chinés, tamén coñecido como Festival de Primavera, é a celebración máis importante das festas tradicionais chinesas. O 19 de Febreiro de 2015 comeza o ano 4713 do calendario chinés, e corresponde co ano da Cabra.
Coincide cunha lúa nova moi poderosa, equidistante do solsticio de inverno e do equinoccio de primavera. É un bo momento para repensar a túa vida, facer bos propósitos e, por suposto, algún ritual da túa elección, especialmente os de limpeza para deixar atrás cousas das que che custa desprenderte.

Ningún comentario:
Publicar un comentario