1. Bótote de menos. Un simple wasap servirá.
2. Que tal che foi o día? Resiste a tentación de falar moito sobre o terrible que foi o teu día en canto chegas. Isto non quere dicir que non poidas queixarte, pero non deixes de ter en conta a vida da túa parella.
3. Lembras aquela vez que ...? As relacións soen perder a maxia do namoramento co paso do tempo: "A cara de pretender xa non lla volves a ver". Lembrar os vosos mellores momentos- como a primeira vez que fostes de vacacións, ou aquela vez que vos pillaron mentres vos bicabades nun ascensor- axudará a lembrar tamén por que a vosa relación é tan especial e reavivar a ilusión.
4. Como podo axudar? Simplemente ofrecer o teu apoio nos momentos de estrés e dificultade pode axudar moito, anque non saibas que facer abonda con que expreses o teu desexo de estar ao seu lado.
5. Que opinas? Consúltalle todas as decisións, grandes ou pequenas. Dende a onde ir para as vacacións de verán, ata a educación dos fillos. Non deas por sentado nada, non creas que podes adiviñar o que quere, o que sente ou pensa: pregúntallo.
6. Es preciosa/guapo/sexy! Se nunca llo dis pode dubidar de que aínda che resulte atractivo. Fálalle de todas as cousas que che gustan do seu físico, das súas actitudes, da súa maneira de vestir e das cousas que fai.
7. Síntoo. Por favor. Grazas. Non caiades no tipo de confianzas que dan noxo, as boas maneiras demostran consideración cos demais.
8. Dille o ben que o pasaches hoxe e o ben que resolveu unha situación na que vos vistes (un imprevisto, conducindo o coche, encaixando un comentario desagradable da túa nai...)
9. Dille que estás desexando... Si, deitarvos xuntos, pero tamén calqueroutra cousa que planeades facer proximamente, non fai falla que sexan unhas grandes vacacións, tamén cear fóra o sábado serve, con tal que sexa algo do que falastes e no que puxestes ilusións. Facer plans xuntos é moi motivador.
10. Quérote. Sen isto nada do anterior ten ningún sentido.
Feliz día dos namorados!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario