Talvez oíches algunha vez a expresión "a dor pode ser inevitábel, pero o sufrimento é opcional". En efecto, as máis das veces as cousas que nos afectan non son externas a nós senón internas, é dicir, a nosa interpretación do que nos pasa inflúenos máis que o suceso en si contemplado desde unha perspectiva obxectiva. Unha vez máis, o noso sistema de crenzas é determinante ao respecto. Poñamos por caso dúas persoas que sofren un revés idéntico e unha delas reacciona dun xeito e a outra doutro totalmente distinto. Dous irmáns poden ter lembranzas moi diferentes da súa infancia compartida. Dous traballadores despedidos o mesmo día ven diferentes opcións na súa vida, un deles regresa á casa de sus pais e o outro embárcase nun pesqueiro. Dúas mulleres abandonadas polos seus maridos, unha delas procura vinganza entorpecendo os trámites de separación e pleiteando polos bens comúns mentres a outra atopa un novo amor...
Por que unhas persoas se recuperan antes dos traumas que outras? Eis algunhas actitudes que poden axudarte:
1. Non son problemas, son retos e oportunidades.

Afrontar situacións de cambio é divertido, ademais me obriga a poñerme ao día, saírme da rotina, aprender destrezas novas, pórme a proba con ansias de superación. É como un evento deportivo onde participar é o que importa e ser o primeiro é motivador pero non selo tampouco é ningunha deshonra.
2. Síntome satisfeita do que fago.
No meu caso a miña vocación é a miña profesión. pero se para ti non o é, polo menos procura na túa profesión os momentos máis satisfactorios, os aspectos do trato cos demais, cos compañeiros, clientes, etc. que te permiten compartir e expresar o mellor de ti mesmo. Dedícate ao que queira que fagas con amor e profesionalidade.
3. Mellor prever que curar
Non intento controlar todo o que vai pasar na miña vida ou no meu traballo, pero si que podo planificar e prepararme. Iso non me restará creatividade nin capacidade de improvisación cando sexa necesario, non se trata de ser ríxida na miña planificación senón de ter algún plan, que logo se aparece algo mellor tirarei pola fiestra, pero se xa sei que mañá ás cinco teño unha reunión e a levo preparada de antemán poderei ser máis proactiva en vez de reactiva, terei máis tranquilidade, seguridade e marxe de manobra.
4. Non persigas a aprobación dos demais
Define o teu propio éxito conforme aos teus verdadeiros obxectivos, non os alleos. Non intentes impresionar aos outros porque en calquera momento poden cambiar de ideais, de sentimentos, de prioridades, sen que ti entendas por que. Non adoptes as súas opinións nin permitas que eles decidan por ti e xulguen o que podes facer e o que non. Mellor pensa ben, a soas contigo mesmo, en que consiste para ti estar satisfeito coa túa vida e se fiel a ti mesmo.

5. O momento é agora
Non creas que o momento de facer o que realmente desexas chegará cando resolvas tal cousa pendente, cando teñas isto ou aquilo que che falta ou fagas un curso de crecemento persoal onde vas aprender tralará lará. Por moitos mestres que coñezas, por moitos libros que leas, por moitos cursos que fagas, mentres te deixes enganar pola sensación de que aínda non estás preparado, non te porás en marcha. Anque non esteas preparado, anque teñas medo ou dúbidas, ponte en camiño: o camiño faise andándoo!

6. O fracaso é non o intentar
Moitos personaxes que temos por grandes trunfadores non se avergoñan dos fallos que tiveron, dos rodeos que deron, das negativas que recibiron, todo o contrario, lémbrano con respecto, cariño e sentido do humor. O único que realmente constitúe un fracaso é nono intentar. Lembro un interesante estudo que se fixera hai tempo entre porteiros de fútbol que non pararon penaltis decisivos, preguntándolles sobre este feito. Resulta que os que se tiraron a paralo, anque fose na dirección equivocada, se sentían mellor e recuperaban o ánimo moito antes que os que quedaran inmóbiles.

7. Hakuna Matata
Non loites co teu pasado, di adeus e grazas. Déixao ir. perdóate polos erros cometidos, as malas decisións ou as indecisións. Tampouco culpeas a outros, porque con iso lles entregas demasiado poder sobre a túa vida, que é responsabilidade exclusivamente túa. Non te atasques na repetición de sufrimentos e agravios pasados para demostrar o moito que sufriches ou o interesante que es: extrae as leccións que poidas e segue adiante. O teu futuro é máis interesante, comeza a construílo xa.

"Só existen dous días no ano nos que non podes facer nada:
un é ONTE e outro MAÑÁ. Polo tanto HOXE é o día ideal
para amar, medrar, facer, e principalmente, vivir" (Dalai Lama)

Ningún comentario:
Publicar un comentario