24 de mar. de 2014

10 preguntas terapéuticas

1) Cando foi a última vez que te decataches de como respiras?
2) Se puideses ofrecerlle a un neno un só consello cal sería?
3) Cal é a primeira cousa que cambiarías na túa vida?
4) Estás facendo o que queres ou confórmaste co que estás facendo?
5) Que é peor para ti: fallar ou non intentalo?
6) Fíxose realidade algunha vez o teu temor máis grande?
7) Que é o que sabes facer mellor e de forma diferente que os demais?
8) Que é aquilo que non fixeches e che gustaría facer? Que cho impide?
9) Cal é a cousa que te fai máis feliz?
10) Como de vello te sentirías se non soubeses a idade que tes?




Ningún comentario:

Publicar un comentario