Recentemente me felicitaron por deixar o pelo longo, pero non porque me sente ben senón porque iso demostra que me estou convertendo nun ser máis espiritual. Literalmente.Despois do pasmo inicial púxenme a investigar. Lin en varios blogs e páxinas de temática máis ou menos esotérica acerca da importancia de ter o pelo longo. Que se capta as ondas da enerxía do universo, que se Sansón e a súa forza, que se aos indíxenas americanos que servían de exploradores o exército de USA os obrigaba a cortar o pelo e como consecuencia perdían a súa conexión espiritual...
Creo que se o pelo curto fose un inconveniente para a evolución espiritual non afeitarían a cabeza tantos monxes de diferentes tradicións. Tamén dubido que unha melena excesivamente longa, coas puntas debilitadas e abertas, sirva de antena en absoluto. Probablemente foi o abandono das súas propias formas de vida e da súa cultura autóctona o que fixo perder a conexión aos nativos norteamericanos. E en todo caso, o hábito non fai ao monxe, ou sexa, anque a mona vista de seda mona queda...
Se queres ser máis espiritual o meu consello é que comeces por meditar media hora todos os días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario