5 de xul. de 2016

Tempo de caléndulas

Sen dúbida unha das miñas flores favoritas, no xardín e na casa, no verán está no seu mellor momento.


É hora de recolectar as cabezas florais para elaborar o prezado aceite de caléndula, de moitos usos cosméticos e medicinais.


Estas son as sementes que quedan nas flores non recolectadas, deixarémolas madurar e sementarémolas para seguir tendo flores no xardín. As caléndulas son moi pouco esixentes, soportan o pleno sol, necesitan pouca rega e nada de abono. Xerminan moi facilmente e florecen en poucas semanas, producindo abundante semente para a tempada seguinte.


Despois da sementeira conclúe o traballo no xardín, agora comeza o traballo na cociña.


Enchemos varios botes de vidro con flores ata arriba e cubrímolas totalmente de aceite (oliva virxe extra, primeira extracción en frío)


Tapamos e colocamos ao sol durante 40 días aproximadamente. Cada día é bo axitar un pouco o bote para asegurarnos de que todas as flores se empapan e non quedan ocos con aire, ou podemos poñer os botes un día de pé e ao seguinte boca abaixo (este remeneo evitará que se forme balor).


Despois do duro traballo podemos refrescarnos cunha deliciosa ensalada que tamén inclúe, como non, pétalas de caléndula. Bo proveito!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario