20 de mar. de 2013

20 de marzo, Día Mundial sen Carne


Sabías que o 18% de emisions de gases de efecto invernadoiro é produto da gandería? Ou sexa, animais de granxa.

O 13% é ocasionado pola suma de todos os transportes ( e isto inclúe mooitos transportes de ou para animais de granxa).

Entre un 40-50% dos cereais que cultivamos non son consumidos por humanos, senón polo gando. No caso da soia, case o  75%. Desde hai varios anos talan os bosques tropicais de América para plantar soia transxénica para alimentar o gando (e os bosques tropicais eran imprescindíbeis para absorber CO2) .

Entre 1950 -  2000, a poboación mundial aumentou de 2600 millons a 6000 millons de persoas, pero a produción de carne multiplicouse por cinco: de 45000 a 233000 millons de kilos de carne ao ano (e a pesar de todo isto segue habendo xente que literalmente morre de fame cada día).

A carne non é un produto sostíbel.

Amplía información AQUÍ, ou AQUÍ 


Ningún comentario:

Publicar un comentario