28 de xul. de 2015

Ovos de ouro

Nasrudín rexentaba unha pousada nun camiño por onde un día pasou o rei e apeteceulle tomar unha tortilla. Cando rematou preguntou canto debía, ao que Nasrudín contestou que cen moedas de ouro.
- Vaia, pois si que deben de escasear os ovos por aquí -dixo o rei.
- Non, señor -respondeu Nasrudín-, o que escasea son as visitas dos reis.


Come ovos se che gustan, incluso todos os días, porque os estudos recentes demostran que son beneficiosos para a saúde e non elevan o colesterol. O problema non son os ovos, senón as frituras, así que se en realidade o que che gusta non son os ovos, senón os ovos fritos, si que pode ser un problema, e deberías buscar outra forma de preparación que che permita gozar do delicado sabor da xema case crúa e a clara cociñada pero sen fritir, por exemplo ao forno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario